miércoles, 24 de agosto de 2011

#Eutaménquerovotar // #Yotambiénquierovotar


Si señores, eu tamén quero votar, pero eu quero votar para algo máis hardcore que un referendo no cal só se vai decidir se poñemos ou non un teito de gasto ás Administracións Públicas o cal teñan que cumprir si ou si porque está recollido na (¿nosa?) Constitución. Esta medida, imposta dende Europa, é a clarísima consecuencia de cómo entenden a nosa forma de vida os de fora: “Gastemos! Gastemos o que non temos! Que despois xa se fará algo!” E o problema é que teñen razón, levamos anos e anos a comportarnos así, e non digo que todos o fagamos, pero si o fixo unha enorme maioría.
(Que conste, que eu aínda non entendo como un obreiro e unha dependenta do Bershka con 2000€ ó mes ambos podían manter un BMW, un piso novo e saír de xoves a domingo a “partilo”, pero o facían.)

Para comezar, a miña opinión persoal, como persoa de esquerdas que creo que son, é que non podemos limitar o gasto das Administracións Públicas, non lle podes dicir a un médico que non pode mercar máis gasas, nin a un mestre que non ten máis xiz para o resto do curso. O público é de todos, e é o mellor que temos neste país, e temos que loitar por non perdelo e que se queden con eles Botín, Florentino, as Koplovitz e compañía.

Polo tanto, vexo correcto que a xente desexe que haxa un referendo en canto a esta reforma Constitucional, para votar NON a este teito de gasto público.

Pero agora é cando entramos no que pasa sempre neste país. Algunha mente pensante (seguramente con máis dunha carreira, algo así como Ciencias Políticas e Periodismo ou Ciencias Políticas e Dereito) ergueuse, puxo a televisión para ver o que estaba a pasar no mundo e viu isto. Entón foi o WC, (que segundo os últimos estudos da prestixiosa universidade de South Hapmton, USA; é o lugar onde mellor pensan os españois) e decatouse de que xa que se ía a reformar a Constitución, porque non comezamos a facer reformas e cambiamos a metade da Constitución e lle mandamos ó rei ir cun gorriño de bufón, ou lles agasallamos por lei un novo barco cada verán.

O bendito/maldito Twitter fixo o seu traballo como el sabe, #burradaquesemeocurriocagando e veña leña! Liada parda nas redes sociais! Aquí alguén pensa? Porque a ese hai que matalo!

Señoras, señores; non lles vou a dar máis a brasa, créanme cando lles digo que eu sería o home máis feliz do mundo de facer unha reforma na (¿nosa?) Constitución, unha reforma que fixera que España fose un país novo, cargandome xa sen contemplacións o artigo número 2 co seu marabilloso “La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles...” (mmm rico olor a rancio!) así que, rematando. 
a un referendo para que os españois que de verdade queiran manter o sistema público que temos actualmente poidan dicir NON ó límite de gasto público. a unha reforma da Constitución que a modernice e a adecúe ó pensamento da maioría dos españois. Pero NON a facelo agora, non é o momento. 
E citando a Elena Valenciano "Lo urgente, el empleo; lo importante, el cambio en la política económica; y nuestra seña de identidad, la igualdad de oportunidades" considero que queda claro o que temos que facer agora. Arranxemos o que temos, que bastante nos vai costar, escollamos ó noso próximo presidente e despois, xa pediremos reformas da Constitución.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo, unha aperta, saúde e república!

                                   *                        *                           *
Si señores, yo también quiero votar, pero yo quiero votar para algo más hardcore que un referéndum en el cual solo se va a decidir si ponemos o no un techo de gasto a las Administraciones Públicas el cual tengan que cumplir si o si porque está recogido en  (¿nuestra?) Constitución. Esta medida, impuesta desde Europa, es la clarísima consecuencia de cómo entienden nuestra forma de vida los de fuera: “¡Gastemos! ¡Gastemos lo que no tenemos! ¡Que después ya se hará algo!” Y el problema es que tienen razón, llevamos años y años comportándonos así, y no digo que todos lo hagamos, pero si lo hizo una enorme mayoría. 
(Que conste, que yo aun no entiendo como un obrero y una dependienta del Bershka con 2000€ al mes podían mantener un BMW, un piso nuevo y salir de Jueves a Domingo a “partilo”, pero lo hacían.)

Para empezar, mi opinión personal, como persona de izquierdas que creo que soy, es que no podemos limitar el gasto de las Administraciones Públicas, no le puedes decir a un médico que no puede comprar más gasas, ni a un maestro que no tiene más tiza para el resto del curso. Lo público es de todos, y es lo mejor que tenemos en este país, y tenemos que luchar por no perderlo y que se queden con ello Botín, Florentino, las Koplovitz y compañía.

Por lo tanto, veo correcto que la gente desee que haya un referéndum en cuanto a esta reforma Constitucional, para votar NO a este techo de gasto público.

Pero ahora es cuando entramos en lo que pasa siempre en este país. Alguna mente pensante (seguramente con más de una carrera, algo así como Ciencias Políticas y Periodismo o Ciencias Políticas y Derecho) se levantó, puso la televisión para ver lo que estaba pasando en el mundo y vio esto. Entonces fue al WC, (que según los últimos estudios de la prestigiosa universidad de South Hapmton, USA; es el lugar donde mejor piensan los españoles) y se dio cuenta de que ya que se iba a reformar la Constitución, porque no empezamos a hacer reformas y cambiamos la mitad de la Constitución y le mandamos al rey ir con un gorrito de bufón, o les regalamos por ley un nuevo barco cada verano.

El bendito/maldito Twitter hizo su trabajo como el sabe, #burradaquesemeocurriocagando y ¡venga leña! ¡Liada parda en las redes sociales! ¿Aquí alguien piensa? ¡Porque a ese hay que matarlo!

Señoras, señores; no les voy a dar más la brasa, créanme cuando les digo que yo sería el hombre más feliz del mundo de hacer una reforma en (¿nuestra?) Constitución, una reforma que hiciera que España fuese un país nuevo, cargándome ya sin contemplaciones el artículo número 2 con su maravilloso “La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles...” (mmm ¡rico olor a rancio!) así que, terminando. 
a un referéndum, para que los españoles que de verdad quieran mantener el sistema público que tenemos actualmente puedan decir NO al límite de gasto público. a una reforma de la Constitución que la modernice y la adecue al pensamiento de la mayoría de los españoles. Pero NO a hacerlo ahora, non es el momento. 
Y citando a Elena Valenciano "Lo urgente, el empleo; lo importante, el cambio en la política económica; y nuestra seña de identidad, la igualdad de oportunidades" creo que queda bastante claro lo que toca ahora. Arreglemos lo que tenemos, que bastante nos va a costar, escojamos a nuestro próximo presidente y después, ya pediremos reformas de la Constitución.

Una vez más, gracias por vuestro tiempo, un abrazo, ¡salud y república!

viernes, 19 de agosto de 2011

Puritanos, papistas e outras variedades. // Puritanos, papistas y otras variedades.

Levaba días pensando en escribir aquí de novo. O parón débese a que, xunto con outras persoas, levo tempo a poñer en marcha un proxecto chamado Retranca Sisters, do cal xa falarei outro día.

En ningún momento quero que isto poida ser considerado como un ataque á relixión nin a aquelas persoas que creen en calquera relixión, é unicamente un ataque a aqueles intolerantes que consideran que a súa forma de vida é a única correcta e non respectan ós demais.

Os primeiros signos destas manifestacións víronse xa, os días previos á visita do Pontífice á cidade de Santiago de Compostela, o pasado ano, cando a Policía Nacional non respectou as manifestacións pacificas laicas en contra da visita do Papa á cidade. E non é que a xente non queira recibir ó xefe do estado da Cidade do Vaticano, se non que o que faia aquí, é que nun estado aconfesional, no que existe unha considerable parte de poboación non católica, non se pode tolerar que as Administracións Públicas, mantidas con impostos de todas e todos, regalen millóns de euros para que un xefe de Estado poida paralizar unha cidade enteira para dar unha misa. Nin un evento de magnitudes maiores como pode ser un festival como o FIB (Festival Internacional de Benicàssim) no cal se move a máis xente e máis diñeiro (máis de 200.000 persoas na súa última edición a un prezo medio de 145€ o abono que só inclúe entrada ós concertos e zona de acampada) e que polo tanto si que xeran uns beneficios económicos (os comerciantes de Compostela aínda deben de ter unhas cantas caixas cheas de chisqueiros e morralladas varías co careto do Papa.) non goza de tales privilexios. Cando a señora Merkel chega a España en visita oficial, calquera pode seguir coa súa vida con normalidade na cidade na que ela está de visita, ata cando o señor Obama atópase en Madrid, un pode seguir cruzando a Porta do Sol sen problema algún.

“É entón surxiron as JMJ”

Aínda que eu as denominaría as “Jornadas Mundiales de la Jodienda”, por razóns que son dunha sinxeleza apabullantes. Levanse a cabo en Madrid, cidade na que ós propios cidadáns de Madrid non lles deixan reunirse na Porta do Sol para levar a cabo un encontro do movemento social máis activo que se recorda polo menos nas últimas dúas décadas, pero deixa que as “Juventudes” católicas do mundo paralicen unha das súas avenidas máis importantes (Paseo do Prado) para que o Pontífice poida dar unha misa na praza de Cibeles. Á vez, a aposta dos gobernos, tanto da cidade como da Comunidade Autónoma, cara a educación pública deixa moito que desexar; o feito de que os colexios públicos sexan atacados constantemente polas Administracións Públicas, as cales premian ós colexios concertados e privados; non é nada positivo para a cidade máis grande de España. E vos preguntaredes, e a que ven isto? Pois ven a que a señora presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, dona Esperanza Aguirre, non presta colexios concertados ós participantes das JMJ, se non que deixa colexios públicos, aqueles mesmos ós que lles está a recortar o presuposto.

Ó mesmo tempo, a EMT (a Empresa Metropolitana de Transportes), empresa pertencente en parte ó goberno da señora Esperanza Aguirre, tomou en apenas dúas semanas dúas decisións completamente diferentes, a primeira, dar practicamente gratis o transporte urbano a aqueles participantes nas JMJ; a segunda, aumentar nun 50% o prezo do billete sinxelo, pasando de costar 1€ a 1,5€.

“E os infieis erguéronse ameazándonos coa morte e o pecado”

Unha manifestación 100% pacifica, na que participou xente de tódalas idades, e na que en ningún momento se pediu que non se deixase celebrar as JMJ en Madrid, nin que o Papa visitase España nin moito menos, pediuse que se de verdade somos un estado aconfesional non lle agasallemos cartos para organizar encontros a ningunha relixión. A resposta dos participantes das JMJ foi bastante diversa, dende algúns que con todo o seu respeto e toda a súa boa fe puxéronse a rezar polas almas dos que se estaban a manifestar, pasando polos pasotas que debían de estar a pensar que non se merecían nin os seus rezos nin os seus berros, ata chegar ó grupiño (non tan pequeno polo que menciona a prensa) que intentou boicotear a manifestación pacífica increpando á violencia ós seus participantes e facendo ondear unha bandeira falangista (si, a do aguilucho que todos coñecemos neste país, a que tantas mortes deixou no olvido)

Por se isto non chegara, poñámonos na situación de que vaia a suceder un atentado terrorista, o que todos pensaríamos é que o obxectivo seria o Papa ou as JMJ, eles están aquí para celebrar a paz e a irmandade de tódolos mozos e mozas católicos e católicas. Pois craso erro estabamos a cometer, resulta que un voluntario das JMJ tiña preparado un atentado contra a manifestación laica co que pretendía “matar homosexuais”. E por se fose pouco, estase a comentar nas redes sociais (e eu persoalmente teño informacións de primeira man) que xente coas insignias identificativas das JMJ dedícanse a abuchear e insultar a parellas de homosexuais que pasean tranquilamente polas rúas da cidade na que viven, sen facerlle mal a ninguén. A min polo menos, todo isto xérame unha sensación de vergoña e noxo que non podo ocultar.

Detrás disto, tal e como publicaba o diario Público o pasado domingo, algúns pensamos que existen uns intereses políticos moi claros por parte da conferencia episcopal e o partido apoiado maioritariamente por ela, o ben coñecido por todos Partido Popular. O feito de que o Pontífice faga un dous por un, e de paso que ven a darlles misa ós mozos e mozas das JMJ, que veña a promulgar que as leis do aborto e do matrimonio homosexual están mal e teñen que ser abolidas inmediatamente. Casualidades do destino, o líder do Partido Popular, Mariano Rajoy (o cal para todos aqueles que non o soubesen leva máis de quince días de vacacións en Sanxenxo, fermosísima localidade galega, interrompéndoas unicamente, non pola crise dos mercados nin polo feito de que a economía española estivo tremendo durante días, nada diso, para acudir á feira do polbo de Carballiño, un acto cunha importancia nos mercados internacionais comparada coa potencia da economía chinesa a día de hoxe.)  xa fixo publico, nunhas declaracións, que acabará con ditas leis se chega á Moncloa. Volvo ó de antes, eu non teño nada que dicir de que veña un xefe de Estado de onde sexa, pero as leis promulgadas e aprobadas por un goberno que foi votado pola maioría dos españois son 110% lexítimas e xa poden dicir Buda ou Xesucristo en persoa que están mal, son as leis que quixo o pobo e non hai máis.

E xa para finalizar, a miña conciencia non me permite irme de aquí sen poñer isto aquí: 

El arzobispo de Granada: "Si la mujer aborta, el varón puede abusar de ella” "Matar a un niño indefenso, y que lo haga su propia madre, da a los varones la licencia absoluta, sin límites, de abusar del cuerpo de la mujer, porque la tragedia se la traga ella", dijo el obispo.”

Non teño palabras que non sexan insultos para referirme a este individuo que xustifica o inxustificable, ningún home nin ninguna muller ten dereito a decidir sobre a vida do outro, e menos aínda, xustificar a violencia contra calquera ser humano. Seica algúns aínda teñen presente tempos pasados nos cales tiñan o poder da súa man e pegarlle á muller era un pasatempo como outro calquera.

Outra vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!


Llevaba días pensando en escribir aquí de nuevo. El parón se debe a que, junto con otras personas, llevo tiempo poniendo en marcha un proyecto llamado Retranca Sisters, del cual ya hablare otro día.

En ningún momento quiero que esto pueda ser considerado como un ataque a la religión ni a aquellas personas que creen en cualquiera religión, es únicamente un ataque a aquellos intolerantes que consideran que su forma de vida es la única correcta y no respetan a los demás.

Los primeros signos de estas manifestaciones se vieron ya, los días previos a la visita del Pontífice a la ciudad de Santiago de Compostela, el pasado año, cuando la Policía Nacional no respeto las manifestaciones pacíficas laicas en contra de la visita del Papa a la ciudad. Y no es que la gente no quiera recibir al jefe del estado de la Ciudad del Vaticano, sino que lo que falla aquí, es que en un estado aconfesional, en el que existe una considerable parte de la población no católica, no se puede tolerar que las Administraciones Públicas, mantenidas con impuestos de todas y todos, regalen millones de euros para que un jefe de Estado pueda paralizar una ciudad entera para dar una misa. Ni un evento de magnitudes mayores como puede ser un festival como el FIB (Festival Internacional de Benicàssim) en el cual se mueve a más gente y más dinero (más de 200.000 personas en su última edición a un precio medio de 145€ el abono que solo incluye entrada a los conciertos y a la zona de acampada) y que por lo tanto si que generan unos beneficios económicos (los comerciantes de Compostela aun deben de tener unas cuantas cajas llenas de mecheros y chorradas varías con el careto del Papa.) no goza de tales privilegios. Cuando la señora Merkel llega a España en visita oficial, cualquiera puede seguir con su vida con normalidad en la ciudad en la que ella está de visita, hasta cuando el señor Obama se encuentra en Madrid, uno puede seguir cruzando la Puerta del Sol sin problema alguno.

“Y entonces surgieron las JMJ”

Aunque yo las denominaría las “Jornadas Mundiales de la Jodienda”, por razones que son de una simpleza apabullantes. Se llevan a cabo en Madrid, ciudad en la que a los propios ciudadanos de Madrid no se les dejan reunirse en la Puerta del Sol para llevar a cabo un encuentro del movimiento social más activo que se recuerda por lo menos en las últimas dos décadas, pero deja que las “Juventudes” católicas del mundo paralicen una de sus avenidas más importantes (Paseo del Prado) para que el Pontífice pueda dar una misa en la plaza de Cibeles. A su vez, la apuesta de los gobiernos, tanto de la ciudad como de la Comunidad Autónoma, hacia la educación pública deja mucho que desear; el hecho de que los colegios públicos sean atacados constantemente por las Administraciones Públicas, las cuales premian a los colegios concertados y privados; no es nada positivo para la ciudad más grande de España. Y os preguntareis, ¿y a qué viene esto? Pues viene a que la señora presidenta de la Comunidad Autónoma de Madrid, doña Esperanza Aguirre, no presta colegios concertados a los participantes de las JMJ, sino que deja colegios públicos, aquellos mismos a los que les está recortando el presupuesto.

Al mismo tiempo, la EMT (la Empresa Metropolitana de Transportes), empresa perteneciente en parte al gobierno de la señora Esperanza Aguirre, tomo en apenas dos semanas dos decisiones completamente diferentes, la primera, dar practicamente gratis el transporte urbano a los participantes de las JMJ; la segunda, aumentar en un 50% el precio del billete sencillo, pasando de costar 1€ a 1,5€.

“Y los infieles se levantaron amenazándonos con la muerte y el pecado”

Una manifestación 100% pacifica, en la que participo gente de todas las edades, y en la que en ningún momento se pidió que no se dejase celebrar las JMJ en Madrid, ni que el Papa visitase España ni mucho menos, se pidió que si de verdad somos un estado aconfesional no le regalemos dinero para organizar encuentros a ninguna religión. La respuesta de los participantes de las JMJ fue bastante diversa, desde algunos que con todo su respeto y toda su buena fe se pusieron a rezar por las almas de los que estaban manifestándose, pasando por los pasotas que debían de estar pensando que no se merecían ni sus rezos ni sus gritos, hasta llegar al grupito (no tan pequeño por lo que menciona la prensa) que intentó boicotear la manifestación pacífica increpando a la violencia a sus participantes y haciendo ondear una bandera falangista (si, a la del aguilucho que todos conocemos en este país, la que tantas muertes dejo en el olvido)

Por si esto no llegara, pongámonos en la situación de que vaya a suceder un atentado terrorista, lo que todos pensaríamos es que el objetivo sería el Papa o las JMJ, ellos están aquí para celebrar la paz y la hermandad de todos los y las jóvenes católicos y católicas. Pues craso error estábamos cometiendo, resulta que un voluntario de las JMJ tenía preparado un atentado contra lamanifestación laica con el que pretendía “matar homosexuales”. Y por si fuese poco, se está comentando en las redes sociales (y yo personalmente tengo información de primera mano) que gente con las insignias identificativas de las JMJ se dedican a abuchear e insultar a parejas de homosexuales que pasean tranquilamente por las calles de la ciudad en la que viven, sin hacerle mal a nadie. A mí por lo menos, todo esto me genera una sensación de vergüenza y asco que no puedo ocultar.

Detrás de esto, tal y como publicaba el diario Público el pasado domingo, algunos pensamos que existen unos intereses políticos muy claros por parte de la conferencia episcopal y el partido apoyado mayoritariamente por ella, el bien conocido por todos Partido Popular. El hecho de que el Pontífice haga un dos por uno, y de paso que viene a darles misa a los jóvenes de las JMJ, que venga a promulgar que las leyes del aborto y del matrimonio homosexual están mal y tienen que ser abolidas inmediatamente. Casualidades del destino, el líder del Partido Popular, Mariano Rajoy (el cual para todos aquellos que no lo supieran lleva más de quince días de vacaciones en Sanxenxo, preciosa localidad gallega, interrumpiéndolas únicamente, no por la crisis de los mercados ni por el hecho de que la economía española estuvo temblando durante días, nada de eso, para acudir a la feria del pulpo de Carballiño, un acto con una importancia en los mercados internacionales comparada con la potencia de la economía china a día de hoy.)  ya hizo público, en unas declaraciones, que acabará con esas leyes si llega a la Moncloa. Vuelvo a lo de antes, yo no tengo nada que decir sobre que venga un jefe de Estado de donde sea, pero las leyes promulgadas y aprobadas por un gobierno que fue votado por la mayoría de los españoles son 110% legítimas y ya pueden decir Buda o Jesucristo en persona que están mal, son las leyes que quiso el pueblo y no hay más.

Y ya para finalizar, mi conciencia no me permite irme de aquí sin poner esto aquí: 

El arzobispo de Granada: "Si la mujer aborta, el varón puede abusar de ella” "Matar a un niño indefenso, y que lo haga su propia madre, da a los varones la licencia absoluta, sin límites, de abusar del cuerpo de la mujer, porque la tragedia se la traga ella", dijo el obispo.”

No tengo palabras que no sean insultos para referirme a este individuo que justifica lo injustificable, ningún hombre ni ninguna mujer tiene derecho a decidir sobre la vida del otro, y menos aun, justificar la violencia contra cualquiera ser humano. Parece que algunos aun tienen presente tiempos pasados en los cuales tenían el poder de su mano y pegarle a una  mujer era un pasatiempo como otro cualquiera.

Otra vez más, gracias por vuestro tiempo, ¡salud y república!