Nunca
imaxinei que ó falar coa miña nai podería chegar a notar medo de perder o seu
traballo na súa voz, e o Partido Popular o conseguiu con esta última “reforma
laboral”.
É
horrible ver como todo o mundo quedase en estado de shock, sen dar ningunha
resposta a este atropelo atroz e bestial ós dereitos fundamentais de todos nos.
Que nos pasa? Por qué estamos a deixar que acaben co froito de todos os anos de
loita e esforzo de todos aqueles que decidiron erguerse por conseguir uns
dereitos cos que todos acadamos a dignidade no ámbito laboral?
Paréceme
insultante que o señor presidente do goberno teña a cara de dicir que el ten
que gobernar para as persoas e que esta é a única reforma laboral que dará
resultados. De verdade se cree que pode enganarnos e dicirnos que facendo que
sexa máis doado o despido vai a ser máis fácil obter traballo?
Notables
economistas poderían explicar aquí unha complicada ecuación que a resumidas
contas redúcese en que se o empresario pode despedir máis facilmente terá menos
medo a contratar e polo tanto contratará máis.
Pero eu
non son economista, e con todo o meu respeto, non quero selo. Eu son socialista,
porque penso nas persoas, e moi honradamente creo que esta reforma laboral non
está pensada para as persoas.
Esta
reforma laboral o único que facilita é a precariedade no ámbito laboral, facéndolle
ó empresario máis doado contratar e
despedir á xente cando lle ven en gana, desmantelando así o importantísimo
sistema de benestar baseado nas contribucións daquelas persoas que se atopan
activas.
É
dicir, o empresario ten máis fácil grazas a esta reforma laboral contratar a
unha persoa catro meses, votala á rúa dous, volvela a contratar outros tres
meses e despedila de novo os tres meses restantes do ano. O empresario así
consegue un beneficio máximo xa que nas tempadas de menor número de ventas
mantén a menos empregados e cando os precise os volverá a contratar. Estes
empregados xa non contarán cunha renda fixa coa que poder levar a cabo un
consumo continuado, os investimentos que estes queiran facer serán aínda máis
difíciles de levar a diante xa que ó non ter unha renda fixa os bancos e caixas
porán maiores impedimentos á hora de prestarlles cartos.
Cando
alguén traballa está a dar unha parte dos seus ingresos ó que coñecemos como
Seguridade Social, ese ente do goberno grazas ó cal mantemos servizos tan
fundamentais coma a educación e sanidade públicas e o sistema de pensións.
Pois ben, se traballamos menos, gañamos menos, e polo tanto tamén contribuímos
menos a esta Seguridade Social que non deixa de ser o Estado de Benestar que
vela por nós e pola nosa saúde.
Agarda
agarda agarda… Estas suxerindo que esta reforma laboral non só fai perder
dereitos ós traballadores, se non que facilita as condicións ós empresarios e ó
mesmo tempo axuda a desmantelar a sistema de benestar dándolles unha escusa
para privatizar servizos públicos?
E ti?
Que pensas? Comenta esta entrada e abramos un debate…