martes, 30 de noviembre de 2010

Só son 32 céntimos ó día


Hoxe non vou a falar da situación de Corea do Norte, que continua a vivir nun ambiente de crispación e a ocupar as portadas dos nosos xornais e as cabeceiras dos telexornais, tampouco da lacra da violencia de xénero, tan presente na nosa sociedade e que continúa a engordar a súa lista de vítimas, tampouco vou falar do resultado das eleccións autonómicas catalás, tema candente no noso país e que xera unha situación política incomoda (polo menos na miña opinión) nunha comunidade autónoma de grandísima importancia como é Catalunya. Hoxe vou a falar dun tema que nos afecta a todos e a todas, un problema que só é noticia cando sucede unha catástrofe de grandísimas magnitudes, un problema dunhas magnitudes horribles, un problema que xera uns 9.000.000 de mortos, un problema que ten solución, un problema que non podemos permitir que se tape coma se non existira, é o problema da situación de millóns de nenas e nenos no mundo. Hoxe quero falar de UNICEF. UNICEF é a axencia das Nacións Unidas para garantir o cumprimento dos dereitos da infancia, uns dereitos que millóns de nenos e nenas non teñen debido á súa situación non poden disfrutar da súa infancia e gozar dos seus dereitos como o acceso libre á educación. Pero UNICEF non só traballa defendendo estes dereitos dos nenos e nenas, traballa tamén xerando infraestruturas que melloren a calidade de vida dos rapaces, leva a cabo programas de vacinación, axuda na creación de escolas, intenta previr o VIH, ten programas de protección do neno contra a violencia, a explotación e os malos tratos e promocionando políticas a favor dos dereitos do neno. Actualmente existen nas zonas máis pobres do mundo un enorme dispositivo de UNICEF que traballa diariamente para axudar ós máis débiles, ós nenos e ás nenas, nas situacións máis desfavorecidas. Atópanse en Haití, xa que eles non se esquecen de que alí continúan a estar nunha situación paupérrima e desesperada na que precisan toda a axuda posíbel, atópanse en moitísimos países de África loitando contra grandes problemas como a desnutrición ou enfermidades relacionadas coa inxesta de auga en mal estado. Atópanse tamén en distintos países de Asia como actualmente en Pakistan debido ás inundacións que están sufrindo.
Un grandísimo número de famosos colabora con UNICEF, Pau Gasol, Pele, Shakira, Tom Cruise… son colaboradores de UNICEF.
Obviamente dende aquí quero facer un chamamento á afiliación ou á donación a UNICEF. A afilición estándar son 10€ mensuais, 32 céntimos ó día, por eses 32 céntimos diarios, estarás axudando a millóns de nenas e nenos proporcionándolles alimentos, auga, vacinas, educación e posibilidades de desenvolverse dunha maneira segura e sen que ninguén abuse deles. Quero que quede claro que eu considero o Estado nos seus presupostos xerais debería de destinar como mínimo o 1,5% do PIB á financiación deste tipo de organizacións, pero aínda así todos nos podemos aportar o noso granito de area coa nosa aportación, porque como xa dixen antes, 32 céntimos ó día non é nada se sabes que estas a salvar a vida de nenos e nenas que o precisan. Unha vez máis despídome de vos, saúde e república!

jueves, 25 de noviembre de 2010

25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Josefa, Ivana, Juana María, Viktorya, Mayorie, Malina, Isabel, Isabel, Alla, Julia, Cristina, Teresa, Carmen, Silvia, Montserrat, Mª Victoria, Emma, Fátima, Vanessa, Mª Alejandra, Mª Isabel, Irene, Alicia, Antonia, Fatna, Ana, Guadalupe, Farida, María Dolores, Mercedes, Mónica, Inés, Rafaela, Felisa, Milagros, Andrea,  Emese, Zhour, Carmen, María del Carmen, Amelia, Mª Monserrat, Niscauris, Irmgard, Mª Belén, Damiana, Johana, Mª Rosa, Rocío, Sarah Marie, Rosario, Catalina, Fatiha, Rosa, Piedad, Saida, Sabrina, Mª Dolores, Carmen, Anne, Silvia, María, Lidia.
Nomes das 64 vítimas MORTAIS da violencia de xénero en España no ano 2010.
“Dejemos de ser espectadores de la violencia de género” (ANTENA 3 TELEVISIÓN, 2010)
“Al primer sintoma, corta de raíz”
(JUVENTUDES SOCIALISTAS DE ANDALUCIA, 2008)
“No se te ocurra ponerme la mano encima JAMÁS” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“Entre un hombre y una mujer, maltrato cero” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2009)
“Cuando maltratas a una mujer dejas de ser un hombre” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“Mamá, hazlo por nosotros, actúa”
(GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“De todas las mujeres que haya en mi vida, ninguna será menos que yo”
 (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2009)
“Saca tarjeta roja al maltratador”
(GOBIERNO DE ESPAÑA, 2010)

Hoxe, o día Internacional Contra a Violencia de Xénero, en España e a un mes de rematar este ano 2010, contamos con 64 vítimas de esta lacra social que sacude a nosa sociedade. 64 mulleres que perderon a súa vida en mans duns seres que non merecen ser chamados seres humanos. Un maltratador é un ser sen sentimentos que non entende que as mulleres son plenamente libres de facer o que elas queren, un maltratador é un despoxo social. Maila que nos últimos 8 anos o goberno socialista loitou duramente para intentar mellorar a situación deste colectivo, coa creación de leis, o Ministerio de Igualdade, a xeración de campañas de concienciación, a creación do número de asistencia gratuíta 016 que non deixa rastro na factura de telefono continuamos a ver continuamente nos medios de comunicación que continúan a suceder estes sucesos que manchan a nosa sociedade, sucesos contra os que a totalidade da sociedade se manifesta, sucesos que é de recibo deter xa. Hoxe todos os organismos públicos saen ás rúas a manifestarse en contra de esta lacra, a ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajin, nun acto hoxe pola mañá en Madrid, falou de que proporá a creación dunha lei que non permita ós maltratadores obter a custodia dos seus fillos, xa que, aínda que moitas veces nos esquecemos deles, tamén sofren moitísimo cando viven unha situación así na súa casa, e como é normal, unha persoa que é capaz de maltratar, ás veces ata a morte, á nai dos seus fillos, non está capacitada para coidar dos mesmos. Pero estráñame, e maila que tratei de atopar no principal periódico do país “La Voz de Galicia” e no telexornal da TVG, non atopei nin unha soa noticia, nin unha soa imaxe, do presidente da Xunta de Galicia,  Alberto Núñez Feijoo, nin da súa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nin da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella. Ninguén deu hoxe a cara por todas e cada unha daquelas mulleres que son ou foron maltratadas no noso país. O goberno que foi elixido pola maioría das galegas e dos galegos que acudiron ás urnas nas últimas eleccións no día Internacional contra a violencia de xénero, decidiu, polo menos ata ás 17:00 horas do día de hoxe, non pronunciarse ó respecto desta lacra que nos afecta a todas e a todos, é ou non é vergoñenta esta actitude? Esta é unha loita que temos que afrontar todos xuntos, unha loita que non é so contra os maltratadores, tamén e unha loita pola concienciación da sociedade, temos que ter claro que temos que actuar á primeira, sen excepcións, sen permitir que ninguén lle poña a man enriba a ninguén, temos que loitar para conseguir que toda muller maltratada colla o teléfono e marque o 016 sen medo, que érgase, colla ós seus fillos e se dirixa a unha comisaría de policía e que poña unha denuncia, unha denuncia e que non a retire despois, e que teña valor para falar no xuízo e declarar en contra do seu agresor, que teña a seguridade de que a sociedade non vai permitir que lle volva a pasar nada, que vai a estar protexida, que o seu agresor non vai quedar impune e que vai a poder recuperar a súa vida con normalidade o antes posíbel. É unha loita longa e dura, pero non nos podemos permitir deixala de lado. Hoxe dende aquí, pídovos a cada unha e cada un de vos que loitedes por acadar esta situación, loitemos por unha sociedade igualitaria, unha sociedade sen abusos, unha sociedade na que castigar ós culpables desta lacra que tanto marca á nosa sociedade. Unha vez máis, saúde e república!

martes, 23 de noviembre de 2010

Benvidos a Corea do Norte


“Esto es Corea del Norte, un país de 24 millones de habitantes resignados a rendir un culto delirante al Querido Líder Kim Jong-il. Si no lo hacen, les espera la tortura, los trabajos forzados o el fusilamiento. Público entró en el país más hermético del planeta con la Asociación de Amistad con Corea, una organización de occidentales que apoyan la dictadura. Los periodistas están prohibidos, así que este reportero entró como veterinario.
Los anfitriones muestran un país donde reina la felicidad. "El Querido Líder garantiza una vivienda y alimentos básicos para todos, aquí no hay robos, ni McDonald's, ni prostitución, ni drogas, ni disidentes. Todo el mundo daría la vida por el líder", explica Jo Chol-ryong, del Comité de Relaciones Culturales con Países Extranjeros. ¿Y las informaciones que hablan de campos de prisioneros y ejecuciones? "Mentiras fabricadas por los medios occidentales".
Desde 1945, sólo 60.000 personas consiguieron escapar de la dictadura, la mayoría hacia China o Corea del Sur. Sus testimonios son diferentes a los de la propaganda, como explica el ruso Andrei Lankov, profesor en la Universidad Kookmin de Seúl y uno de los mayores expertos en las cloacas del régimen norcoreano. "Como regla, desde la década de 1960, los discapacitados no tienen derecho a residir en Pyongyang. Sólo los que sufren un accidente durante la mili reciben permiso para seguir viviendo en la capital. La mayor parte de los discapacitados son realojados en el campo", señala. Los ciegos, las personas con síndrome de Down o en silla de ruedas son expulsados a pueblos vetados a cualquier observador. Nada puede manchar el escaparate de la sociedad perfecta: Pyongyang.”
MANUEL ANSEDE Enviado especial a Pyongyang, Diario PÚBLICO 23/11/2010 (http://www.publico.es/internacional/348113/una-jaula-estalinista-para-24-millones-de-personas )
Onte saía no diario Público esta noticia, Corea do Norte segue, a ano 2010, a ser unha ditadura na que existe unha presión impresionante cara os seus habitantes, segue a ser un Estado sen liberdades. Cada vez que se fala de Corea do Norte e aparecen imaxes de arquivo onde se ven eses impresionantes desfiles militares lémbrome dun dos meus libros favoritos, 1984 de George Orwell, un libro onde se relata a situación dunha sociedade na que O Partido, controla a vida de todos os habitantes do Estado dunha maneira tan brutal que ata consegue dominar o pensamento da inmensa maioría deles mediante a manipulación da historia e da prensa entre outros factores. Isto é o que esta a suceder (obviamente en menor medida aínda que non moito menor) en Corea do Norte. O goberno, ademais de non permitir unhas eleccións libres onde o pobo escolla o que quere, non permite unha liberdade de expresión, unha liberdade de prensa, en definitiva, non permite ningunha liberdade. Para mais inri esta envolto nunha loita contra Corea do Sur, unha loita sen sentido, unha loita sen motivo. Unha loita que deixa vítimas mortais, unha loita que non pode ser directamente respondida por un país como Corea do Sur que cumpre a legalidade e que esta de acordo cos acordos e tratados internacionais. A desinformación é moi grande, como se di no artigo publicado no diario Público, a entrada de periodistas no país so está permitida en certos períodos de tempo como foron por exemplo os últimos acontecementos de celebración onde levouse a cabo a cerimonia de cesión do poder , o expresidente Kim Jong-Il cedeulle o poder ó seu fillo Kim Jong-un. O peor de todo é que esta actitude do goberno de Corea do Norte aínda conta con apoios como o de China.
Xa tocando este tema non podo esquecerme do que esta a suceder a día de hoxe no Sáhara. Hoxe tiven o pracer de asistir a unha charla na que falou Ajmund Mojtar, representante do Fronte Polisario en Galicia. Na súa explicación falou da opresión levada a cabo por Marrocos, unha opresión apoiada por unha gran potencia como Francia, potencia mundial aliada de este país e que mediante a súa influencia en organismos internacionais como a ONU consegue que se lle de un trato de favor a Marrocos como por exemplo conseguindo que dentro da misión de paz levada a cabo no Sáhara polos cascos azuis non exista unha partida presupostaria para a defensa dos dereitos humanos, tal e como existe noutras misión como é a levada a cabo en Afganistán. Non nos podemos esquecer do Sáhara. Debemos de loitar coa nosa voz para que o pobo saharauí deixe de estar oprimido polo estado Marroquí. Sáhara libre! Un saúdo, saúde e república!

domingo, 21 de noviembre de 2010

Dez razóns para salvar a sanidade pública.

·  A manifestación non vai contra ningún partido. Unicamente reclámase unha sistema onde pague máis quen máis diñeiro teña, e non quen máis doenzas sufra.
·  Malia ser a partidaria, a Plataforma critica a actual política de contratacións do Sergas. Dende o cambio do Goberno, a Xunta ofrece de novo contratos precarios, que empurran aos profesionais a buscar estabilidade fóra de Galicia.
·  O cadro de persoal do SERGAS non aumentou dende a chegada do novo Executivo.
·  Introducir o capital privado nos hospitais (como fará a Xunta nos novos centros de Vigo, Pontevedra e dez lugares máis) é unha temeridade. Os xerentes dos complexos terán como prioridade o beneficio económico máis que a calidade da atención.
·  O modelo "público privado" xa se probou antes, tanto en Galicia como fóra, e sempre provocou unha peor calidade do servizo. Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.
·  No exterior tamén hai exemplos de sistemas 100% públicos que funcionan ben. Tal é o caso de Austria, onde non hai listas de agarda malia ter tamén unha poboación moi avellentada.
·  A xestión pública do sistema sanitario pode ser máis eficaz, pero por natureza é máis rendíbel que a privada. Abonda comparar a calidade do SERGAS, que absorbe o 9% da riqueza galega anualmente, coa do sistema dos EE.UU, que absorbe o 20%.
·  Algúns cargos do SERGAS, nomeados pola Xunta, están a dificultar o traballo crítico da plataforma. A xerencia do hospital da Coruña, o antigo Juan Canalejo, prohibiu esta semana un acto reivindicativo da plataforma.
·  No sistema público os custes son secundarios pois o prioritario é recuperar a saúde do cidadán. No privado, os custes son máis importantes, porque reducilos significa incrementar os beneficios.
·  A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, segue sen organizar as quendas de tarde na pública, mentres drena as listas de espera desviando pacientes a sanatorios privados. A consecuencia é un maior gasto e o aumento das listas en certas especialidades. Por exemplo, a ciruxía pediátrica da área de Compostela opera aos nenos despois dunha espera media de máis de tres meses.

Artigo "Dez razóns para salvar a sanidade pública" (http://www.sos-sanidadepublica.org/)

Hoxe, en Santiago de Compostela celebrouse unha manifestación onde un considerable número de mulleres e homes, representantes de partidos políticos, sindicatos e simplemente, cidadáns concienciados do desastre que conlevaría a privatización dun servizo público fundamental como é a sanidade no noso país. Non nos podemos esquecer que temos unha sanidade pública que nos atende a todos, sexan cales sexan os nosos ingresos, sexa cal sexa a nosa enfermidade, paguemos os impostos que paguemos. A sociedade non está plenamente concienciada, pero unha operación quirúxica, por moi sinxela que sexa, ten uns custes tan elevados que a inmensa maioría de nos non nolo poderiamos permitir. E non so as operacións, calquera tratamento por sinxelo que sexa conleva un custe enorme. É posíbel que a opinión xeral da poboación sexa que o noso sistema ten fallos, debido ás listas de espera existentes ou a unha posíbel falta de atención na asistencia primaria, pero, non somos conscientes de que cunha pequena parte dos nosos impostos, unha parte ínfima respecto ó que pagaríamos polo mesmo servizo sen que estivese subvencionado, obtemos unha cobertura practicamente total? A solución para mellorar o noso sistema sanitario é aumentar a cobertura cun pequeno impulso por parte de todos, non por privatizar o sistema eliminando postos de traballo e cobrando por algo que é fundamental, a nosa saúde. Non podemos permitir que vendan a nosa saúde, nin que vendan os postos de traballo, a sanidade é un dereito fundamental de todas e todos e ninguén pode xogar coa nosa saúde. Non á privatización da sanidade! Non permitamos que se pague polo que é fundamental! Loitemos polos nosos dereitos! Outra vez máis, ata a próxima. Saúde e república!

Non nos esquezamos do Sáhara, é a nosa obriga.


“El Sáhara Español (en árabe: الصحراء الإسبانية al-Sahara' al-Isbaniyya) fue una colonia y, posteriormente, provincia española en África surgida de la unión en 1958 de los territorios de Saguia el Hamra y Río de Oro, después de que la agrupación de territorios del África Occidental Española dejara de existir. En 1976, después de la Marcha Verde de Marruecos sobre el territorio, España lo abandonó. Desde ese momento el llamado Sahara Occidental es disputado por Marruecos, que se lo anexiona sin reconocimiento internacional, y la República Árabe Saharaui Democrática que quiere establecer un estado independiente en el antiguo territorio provincial.
Según el Derecho Internacional, jurídicamente la soberanía y la administración del Sahara Occidental siguen en manos de España, si bien desde la firma de los Acuerdos de Madrid, no ha llevado a cabo ninguna acción en tal sentido. El territorio está ocupado actualmente casi en su totalidad por Marruecos, aunque la soberanía marroquí no es reconocida ni por las Naciones Unidas ni por ningún país del mundo[cita requerida], y es rechazada por el grupo independentista Frente Polisario, que proclamó su independencia en 1976 creando el estado de la República Árabe Saharaui Democrática (RASD), reconocido hasta el momento por 81 países. La RASD administra la región no controlada por Marruecos, el cual denomina oficialmente al territorio como sus Provincias Meridionales. Por otro lado, Mauritania ocupa la ciudad sureña de La Agüera.”
Wikipedia, resultado da búsqueda de Sáhara Occidental (http://es.wikipedia.org/wiki/Sahara_Espa%C3%B1ol)
É por todos ben sabido grazas ó medios de comunicación e á Internet (neste caso e da mesma maneira que nos últimos acontecementos ocorridos en lugares da terra onde a liberdade de prensa aínda está censurada, a Internet e en especial paxinas como Twitter están a facer unha labor informativa dunha magnitude brutal.) que nas últimas semanas o Sáhara está a sufrir un impresionante atropelo por parte do Reino Marroquí. A liberdade deste pobo abandoado por nos mesmos á súa sorte estase a ver oprimida constantemente por un país retrógrado como é Marrocos e co continuo afán de impoñerse e facerse co dominio de este territorio. Maila que tal e como se pode ler enriba, a soberanía Marroquí non foi recoñecida por ningún Estado nin por Nacións Unidas, eles continúan a matar a inocentes co único fin de apoderarse destas terras. Terras defendidas con sangue e suor polos seus habitantes, pola xente que síntese de verdade saharauí, xente que defende os seus dereitos. Vese perfectamente o que lle imporá a Marrocos a súa visión internacional xa que un importante colectivo de intelectuais, políticos xunto cunha importante representación da sociedade, rexeitaron publicamente as accións que se están a levar a cabo no Sáhara. Na miña opinión considero, que chegado xa a este punto, e tendo en conta que, tal e como se cita no artigo da Wikipedia, o Dereito Internacional considera que a soberanía e a administración do Sáhara continua nas nosas mans, nun acto de respeto cara os habitantes deste territorio, o noso Estado debería de defender e axudar a levar a cabo un referendo no que as saharauís e os saharauís decidiran o que queren facer co seu futuro. O mundo formouse a partir de independencias, de separatismos, e se ese foi o camiño que se levou a cabo para acadar a situación actual do mundo, considero que non se debe de poñer freo a esta tendencia. Esa España unha, grande e libre (xa que onte foi 20 de Novembro porque non lembrarse dalgunhas das grandes xoias que nos deixou ese período do noso Estado) xurdiu da separación do Imperio Romano de Occidente, e a que é actualmente a primeira potencia mundial, os Estados Unidos de América, xurdiu da escisión do Reino Unido, e así poderíamos continuar cun longo etcétera. Polo tanto, e xa para rematar, dende aquí, dende a miña humilde opinión, pídovos a cada un de vos, que coa vosa voz, loitemos para que un pobo como o Saharauí recupere a súa dignidade, recupere a súa liberdade. Non ó acoso do Reino de Marrocos ó pobo Saharauí! Deteñamos esta masacre! Sáhara libre!