martes, 30 de noviembre de 2010

Só son 32 céntimos ó día


Hoxe non vou a falar da situación de Corea do Norte, que continua a vivir nun ambiente de crispación e a ocupar as portadas dos nosos xornais e as cabeceiras dos telexornais, tampouco da lacra da violencia de xénero, tan presente na nosa sociedade e que continúa a engordar a súa lista de vítimas, tampouco vou falar do resultado das eleccións autonómicas catalás, tema candente no noso país e que xera unha situación política incomoda (polo menos na miña opinión) nunha comunidade autónoma de grandísima importancia como é Catalunya. Hoxe vou a falar dun tema que nos afecta a todos e a todas, un problema que só é noticia cando sucede unha catástrofe de grandísimas magnitudes, un problema dunhas magnitudes horribles, un problema que xera uns 9.000.000 de mortos, un problema que ten solución, un problema que non podemos permitir que se tape coma se non existira, é o problema da situación de millóns de nenas e nenos no mundo. Hoxe quero falar de UNICEF. UNICEF é a axencia das Nacións Unidas para garantir o cumprimento dos dereitos da infancia, uns dereitos que millóns de nenos e nenas non teñen debido á súa situación non poden disfrutar da súa infancia e gozar dos seus dereitos como o acceso libre á educación. Pero UNICEF non só traballa defendendo estes dereitos dos nenos e nenas, traballa tamén xerando infraestruturas que melloren a calidade de vida dos rapaces, leva a cabo programas de vacinación, axuda na creación de escolas, intenta previr o VIH, ten programas de protección do neno contra a violencia, a explotación e os malos tratos e promocionando políticas a favor dos dereitos do neno. Actualmente existen nas zonas máis pobres do mundo un enorme dispositivo de UNICEF que traballa diariamente para axudar ós máis débiles, ós nenos e ás nenas, nas situacións máis desfavorecidas. Atópanse en Haití, xa que eles non se esquecen de que alí continúan a estar nunha situación paupérrima e desesperada na que precisan toda a axuda posíbel, atópanse en moitísimos países de África loitando contra grandes problemas como a desnutrición ou enfermidades relacionadas coa inxesta de auga en mal estado. Atópanse tamén en distintos países de Asia como actualmente en Pakistan debido ás inundacións que están sufrindo.
Un grandísimo número de famosos colabora con UNICEF, Pau Gasol, Pele, Shakira, Tom Cruise… son colaboradores de UNICEF.
Obviamente dende aquí quero facer un chamamento á afiliación ou á donación a UNICEF. A afilición estándar son 10€ mensuais, 32 céntimos ó día, por eses 32 céntimos diarios, estarás axudando a millóns de nenas e nenos proporcionándolles alimentos, auga, vacinas, educación e posibilidades de desenvolverse dunha maneira segura e sen que ninguén abuse deles. Quero que quede claro que eu considero o Estado nos seus presupostos xerais debería de destinar como mínimo o 1,5% do PIB á financiación deste tipo de organizacións, pero aínda así todos nos podemos aportar o noso granito de area coa nosa aportación, porque como xa dixen antes, 32 céntimos ó día non é nada se sabes que estas a salvar a vida de nenos e nenas que o precisan. Unha vez máis despídome de vos, saúde e república!

No hay comentarios: