viernes, 29 de abril de 2011

Boas novas.

Hai uns días que neste blog, unha persoa anónima, adicouse a facer unha serie de comentarios que foron contestados tanto por mi como por outras lectoras (creo que todas foron mulleres) do meu blog. Creo que todas as críticas son boas, aínda que sexan destrutivas e con ganas de atacar, paréceme que sempre se lle pode sacar algo bo. Obviamente, non teño intención de borrar ningún dos comentarios deste usuario/a anónimo/a e se el/a decide borralos, como xa fixo con algún deles, teño a sorte de que cada vez que me escribe alguén no blog recibo un email co seu comentario, así que volverei a publicalo, porque eu cando escribo aquí penso o que digo, e asumo as consecuencias de dicir o que digo e como o digo, e si, "Ende Xamais" a miña ortografía é pésima, e se me coñeces, pode que penses que só emprego o galego por non sei, quedar de "super progre" ou o que queiras, pero se me coñeceras de verdade, se algunha vez te molestaras en preguntarme, ben sexa á cara, por Facebook, por Twitter, por email ou mesmo por Tuenti, non tería problema ningún en contarte o porque de que non o fale habitualmente. 
Sen máis, imos falar das cousas importantes, cousas importantes que están a ocorrer nos últimos días, como puidechedes ler no meu Twitter nestes últimos días estiven na presentación dos candidatos e candidatas do PSdG das comarcas de Ferrolterra, As Pontes e Ortegal, á que acudiu o xenial ministro de Xustiza Francisco Caamaño. Unha semana despois, o anterior sábado, en Ferrol, os compañeiros de Xuventudes Socialistas de Ferrol levamos a cabo a presentación do Programa Electoral Mozo para a nosa cidade, onde falaron Julián Reina, secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol; Sofía Vázquez e Ana Lamas, candidatos mozos do PSdG na nosa cidade. Xunto con eles estivo Vicente Irisarri, o noso alcalde e candidato á reelección. Neste café, ó que asistiron máis de 50 mozos e mozas, explicáronse os puntos fundamentais do programa electoral que todos e todas dende as Xuventudes Socialistas de Ferrol colaboramos en crear xunto con asociacións xuvenís e os mozos e mozas que nos enviaron as súas propostas. Os que non coñecían a Vicente puideron ver que é un home que cree firmemente no diálogo directo e demostrouno ata tal punto que ó rematar o café, acudiu coa dona do bar ata unha rúa cercana onde ela ensinoulle uns terreos do Concello dos cales Vicente non tiña constancia e que precisan dunha limpeza urxente. Despois deste éxito no cal o noso alcalde comprometeuse coa mocidade a levar a cabo todos aqueles proxectos de cidade xa iniciados aínda que perda as eleccións, dirixímonos a Fene, á presentación da candidatura do seu alcalde e candidato á reelección, Ivan Puentes, xunto a el, Pepe Blanco, ministro de Fomento, cuxo compromiso coa nosa comarca é ben visible en tódalas obras que se levaron a cabo nestes últimos tempos, e todas aquelas que están xa proxectadas, como por exemplo, o tren a Caneliñas. Xa esta semana, máis concretamente onte, participei nun artigo, que será publicado o domingo no xornal "El Correo Gallego", onde varios mozos e mozas de distintas cidades galegas e con certa implicación política falan sobre como afrontan estas eleccións municipais, as primeiras nas que van votar. Quedei moi contento despois da entrevista onde se me preguntou dende que é para min a política ata a pregunta do millón, "se algunha vez chegaras a ser alcalde da túa cidade, que proxectos levarías a cabo?". O resultado, o veremos o domingo. Sen máis novidades, agora toca centrarse nos exames que se achegan velozmente, e nas eleccións municipais, que tamén están ó caer. Grazas de novo polo voso tempo, unha aperta, saúde e república!

P.d: Non me apetece poñerme a reescribir en castelán toda a entrada.

martes, 12 de abril de 2011

Cando viaxas non te decatas de todolo que aprendes. // Cuando viajas no te das cuenta de todo lo que aprendes.

É unha das miñas pasións, viaxar, incluso teño que admitir que son adicto ós avións, a sensación de estar no aire e de ir dirección a unha nova aventura, ou de voltar con novas cousas dandoche voltas á cabeza. O meu último destino foi Barcelona, alí está a estudar a miña mellor amiga, unha rapaza que ó igual que a cidade é única e impresionante, pero, que vou dicir dela se non? Cando viaxas, ou polo menos, cando eu viaxo, aprendo sempre un monton de cousas novas, entre elas as que todos vemos a simple vista, como poden ser novos monumentos que non viramos nunca ou novos detalles daquelas cousas que xa viras pero non tiñas a capacidade suficiente como para aprecialas


Pero máis ala das imaxes, más ala do arte, atópanse esas pequenas cousas que de verdade paga a pena descubrir, a xente, as diferentes maneiras de pensar e de enteder o mundo, novas opinións respecto ó mesmo tema, ou sinxelamente novos temas ou novos sentimentos que se te quedaras na casa xamais ninguén chos explicaría, son cousas que hai que vivir, cousas que hai que debater e falar con aqueles que o pensan, e decatarte do que de verdade tes na túa terra.
Pode parecer unha parvada, pero cando estas fora, decátaste de que a túa actitude respecto a certas cousas está mal e tes que cambiala, de súpeto decátaste de que hai xente que nunha posición coma a túa está a actuar de maneira diferente, e aínda que non a compartas ó 100% sabes que ti podes facer moito con pequenos xestos, que ai cousas que están na túa man, e que os demais, fora de Galiza están a facelo, e a facelo ben, e que ti tes que comezar a facelo tamén da mellor maneira posible, e só hai unha maneira de comenzar a facelo, comezando ti, sendo ti o primeiro que cambie a súa actitude, sendo ti o que comeces a levar unha nova insignia na túa solapa, ó carón das outras que xa levas, non hai que esquecerse ende xamais do pasado e aínda menos das cousas boas do pasado, así que ponte en pé e reacciona, móvete, defende os teus dereitos, deféndete a ti mesmo, á túa lingua, ó teu país, as túas ideas, e non te vendas, porque no momento no que te vendes non te vendes só a ti, se non que tamén van contigo todos aqueles que pensan coma ti, todos aqueles que defenden as mesmas ideas ca ti, todos aqueles que deixan suor e bagoas polas ideas nas que confían, ideas que para mi son liberdade, igualdade, galeguismo e federalismo, ideas nas que creo e defendo, e por sorte non estou só, se non que moita xente, agrupada, loita por elas tamén, e agardo que ninguén de un paso atrás, que ninguén nos deixe quedar mal, porque para min son as ideas polas que paga a pena loitar, e non deixarei de loitar por elas. Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!

Es una de mis pasiones, viajar, inlcuso tengo que admitir que soy adicto a los aviones, la sesación de estar en el aire y de ir en dirección a una nueva aventura, o de volver con nuevas cosas dandote vueltas a la cabeza. Mi último destino fué Barcelona, allí está estudiando mi mejor amiga, una chica que al igual que la ciudad es única e impresionante, pero, ¿que iba a decir de ella si no? Cuando viajas, o por lo menos, cuando yo viajo, aprendo un monton de cosas nuevas, entre ellas las que todos vemos a simple vista, como pueden ser nuevos monumentos que no vieramos nunca o nuevos detalles de aquellas cosas que ya vieras pero que no tenías capacidad suficiente para apreciarlas.

Pero, más alla de las imagenes, más alla del arte, se encuentran esas pequeñas cosas que de verdad merece la pena descubrir, la gente, las diferentes maneras de pensar y de entender el mundo, nuevas opiniones respecto a un mismo tema, o sencillamente nuevos temas o nuevos sentimientos que si te quedaras en casa nadie te los explicaría jamás, son cosas que hay que vivir, cosas que hay que debatir y hablar con aquellos que lo piensas, y darte cuenta de lo que de verdad tienes en tu tierra.
Puede parecer una tontería, pero cuando estas fuera, te das cuenta de que tu actitud respecto a ciertas cosas está mal y tienes que cambiarla, de repente te das cuenta de que hay gente en una posición como la tuya que está actuando de manera diferente, y aunque no lo compartas al 100% sabes que tu puedes hacer mucho con pequeños gestos, que hay cosas que están en tu mano, y que los demás, fuera de Galicia están haciéndolo, y lo están haciendo bien, y tú tienes que empezar a hacerlo también de la mejor manera posible, y solo hay una manera de empezar a hacerlo, empezando por ti mismo, siendo el primero que cambie su actitud, siendo tu el que empiece a llevar una nueva insignia en tu solapa, al lado de las otras que ya llevas, no hay que olvidarse nunca del pasado y aun menos de las cosas buenas del pasado, así que ponte en pie y reacciona, muévete, defiende tus derechos, defiéndete a ti mismo, tu lengua, tu país, tus ideas, y no te vendas, porque en el momento en el que te vendes no te vendes sólo a ti, sino que también van contigo todos aquellos que piensan como tú, todos aquellos que defienden las mismas ideas que tu, todos aquellos que dejan sudor y lágrimas por las ideas en las que confían, ideas que para mí son libertad, igualdad, galleguismo y federalismo, ideas en las que creo y defiendo, y por suerte no estoy sólo, si no que mucha gente, agrupada, lucha por ellas también, y espero que nadie de un paso atrás, que nadie nos deje quedar mal, porque para mí son las ideas por las que merece la pena luchas, y no dejara de luchar por ellas. Una vez más, gracias por vuestro tiempo, ¡salud y república!

sábado, 2 de abril de 2011

Mil grazas Z. / Mil gracias Z.


Entereime da noticia estudando no aulario, era algo que todo o mundo xa agardaba, pero coma sempre, cando chegan as noticias, o golpe levascho igual por moito que as esperes. Vaise, vaise o que para min foi, como xa dixen antes neste blog, a persoa que me fixo crer na política, ata o punto de implicarme activamente e decidir que a miña vida estará vinculada a ela, vaise o home que me fixo crer nunhas ideas, vaise o que sempre será para min un exemplo, un exemplo de cómo manter a cabeza nos momentos malos, algo polo que todo o mundo se lembrará del, uns porque segundo eles puido facelo mellor, e outros porque cremos que o fixo mellor que ninguén. Pero do que case ninguén se lembra é de que Jose Luís Rodríguez Zapatero é tamén o presidente dos avances sociais, o presidente que converteu a España nun país onde todos somos iguais, indiferentemente da nosa sexualidade, xénero ou cor de pel, Jose Luís Rodríguez Zapatero levou a cabo as reformas precisas para que os traballadores sexan iguais entre si, ben sexan autónomos ou por conta allea; foi o goberno socialista de Zapatero o que levou a cabo as reformas da lei de Dependencia, a reforma da lei do Divorcio... en definitiva, é o presidente que mirou polos cidadáns, ata nos momentos máis duros, tristemente a opinión pública posiblemente quédese coa parte negativa que a prensa e a oposición encargouse de atribuírlle, pero se que el vaise coa cabeza ben alta, porque gañouno a pulso, porque foi un presidente excelente. Grazas Jose Luís Rodríguez Zapatero, grazas por todo. Unha vez máis grazas polo voso tempo, saúde e república!

Me enteré de la noticia estudiando en el aulario, era algo que todo el mundo ya se esperaba, pero como siempre, cuando llegan las noticias, el golpe te lo llevas igual por mucho que ya te lo esperes. Se va, se va el que para mi, como ya he dicho antes en este blog, es la persona que me ha hecho creer en la política, hasta el punto de implicarme activamente y decidir que mi vida estará vinculada a ella, se va el hombre que me ha hecho creer en unas ideas, se va el que siempre será para mi un ejemplo, un ejemplo de cómo mantener la cabeza en momentos malos, algo por lo que todo el mundo lo recordará, unos porque según ellos lo podría haber hecho mejor, y los demás porque creemos que lo hizo mejor que nadie. Pero de lo que casi nadie se acuerda es de que Jose Luís Rodríguez Zapatero es también el presidente de los avances sociales, el presidente que convirtió España en un país en el que todos somos iguales, indiferentemente de nuestra sexualidad, género o color de piel, Jose Luís Rodríguez Zapatero llevo a cabo las reformas necesarias para que los trabajadores sean iguales entre si, bien sean autónomos o por cuenta ajena; ha sido el gobierno socialista de Zapatero el que ha llevado a cabo las reformas de la ley de Dependencia, la reforma en la ley del Divorcio... en definitiva, es el presidente que ha mirado por los ciudadanos y ciudadanas, incluso en los momentos más duros, tristemente la opinión pública posiblemente se quede con la parte negativa que la prensa y la oposición se han encargado de atribuirle, pero se que él se va con la cabeza bien alta, por que se lo ha ganado a pulso, porque ha sido un excelente presidente. Gracias Jose Luís Rodríguez Zapatero, gracias por todo. Una vez más gracias por vuestro tiempo, salud y república!