Hai uns días que neste blog, unha persoa anónima, adicouse a facer unha serie de comentarios que foron contestados tanto por mi como por outras lectoras (creo que todas foron mulleres) do meu blog. Creo que todas as críticas son boas, aínda que sexan destrutivas e con ganas de atacar, paréceme que sempre se lle pode sacar algo bo. Obviamente, non teño intención de borrar ningún dos comentarios deste usuario/a anónimo/a e se el/a decide borralos, como xa fixo con algún deles, teño a sorte de que cada vez que me escribe alguén no blog recibo un email co seu comentario, así que volverei a publicalo, porque eu cando escribo aquí penso o que digo, e asumo as consecuencias de dicir o que digo e como o digo, e si, "Ende Xamais" a miña ortografía é pésima, e se me coñeces, pode que penses que só emprego o galego por non sei, quedar de "super progre" ou o que queiras, pero se me coñeceras de verdade, se algunha vez te molestaras en preguntarme, ben sexa á cara, por Facebook, por Twitter, por email ou mesmo por Tuenti, non tería problema ningún en contarte o porque de que non o fale habitualmente.
Sen máis, imos falar das cousas importantes, cousas importantes que están a ocorrer nos últimos días, como puidechedes ler no meu Twitter nestes últimos días estiven na presentación dos candidatos e candidatas do PSdG das comarcas de Ferrolterra, As Pontes e Ortegal, á que acudiu o xenial ministro de Xustiza Francisco Caamaño. Unha semana despois, o anterior sábado, en Ferrol, os compañeiros de Xuventudes Socialistas de Ferrol levamos a cabo a presentación do Programa Electoral Mozo para a nosa cidade, onde falaron Julián Reina, secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol; Sofía Vázquez e Ana Lamas, candidatos mozos do PSdG na nosa cidade. Xunto con eles estivo Vicente Irisarri, o noso alcalde e candidato á reelección. Neste café, ó que asistiron máis de 50 mozos e mozas, explicáronse os puntos fundamentais do programa electoral que todos e todas dende as Xuventudes Socialistas de Ferrol colaboramos en crear xunto con asociacións xuvenís e os mozos e mozas que nos enviaron as súas propostas. Os que non coñecían a Vicente puideron ver que é un home que cree firmemente no diálogo directo e demostrouno ata tal punto que ó rematar o café, acudiu coa dona do bar ata unha rúa cercana onde ela ensinoulle uns terreos do Concello dos cales Vicente non tiña constancia e que precisan dunha limpeza urxente. Despois deste éxito no cal o noso alcalde comprometeuse coa mocidade a levar a cabo todos aqueles proxectos de cidade xa iniciados aínda que perda as eleccións, dirixímonos a Fene, á presentación da candidatura do seu alcalde e candidato á reelección, Ivan Puentes, xunto a el, Pepe Blanco, ministro de Fomento, cuxo compromiso coa nosa comarca é ben visible en tódalas obras que se levaron a cabo nestes últimos tempos, e todas aquelas que están xa proxectadas, como por exemplo, o tren a Caneliñas. Xa esta semana, máis concretamente onte, participei nun artigo, que será publicado o domingo no xornal "El Correo Gallego", onde varios mozos e mozas de distintas cidades galegas e con certa implicación política falan sobre como afrontan estas eleccións municipais, as primeiras nas que van votar. Quedei moi contento despois da entrevista onde se me preguntou dende que é para min a política ata a pregunta do millón, "se algunha vez chegaras a ser alcalde da túa cidade, que proxectos levarías a cabo?". O resultado, o veremos o domingo. Sen máis novidades, agora toca centrarse nos exames que se achegan velozmente, e nas eleccións municipais, que tamén están ó caer. Grazas de novo polo voso tempo, unha aperta, saúde e república!
P.d: Non me apetece poñerme a reescribir en castelán toda a entrada.
2 comentarios:
Cuanto honor xD. En fin... Martín, hay quien te conoce y te escucha hablar.
Unha cousa é escoitar e outra cousa é atender e lembrarse do que interesa.
E se a xente me coñece e sabe que este é o meu blog e porque non teño problema en dar a cara, se tanto me coñeces, pareceríame moi ben que tiveras o valor de dicirme, cara a cara, sen que o teñas que facer público aquí, quen es.
Publicar un comentario