O pobo falou, para ben ou para mal somos responsables das nosas decisión, cando decidimos facer algo contando con axudar e rematamos facendo que todo empeore, pero é que ten ter responsabilidades, unhas veces acertamos e outras fallamos, e sempre ten consecuencias. Pero sempre hai que erguerse, mirar cara diante, apoiarte nos que están contigo e traballar.
Como ben dicía ó comezar esta pequena reflexión, o pobo falou, e leva falando días e días en distintas prazas do Estado, falou de distintas cousas, pero falou. E isto, a min, coma socialista de corazón e dende o meu humilde punto de vista, paréceme que ten que verse reflectido no partido que no pasado representou o pobo, cun xiro á esquerda, e non se pode levar a cabo sen as bases do partido, non se pode deixar que as elites pensen por nos, e esa é unha das bases sobre as que se sustenta o noso partido. A voz dos militantes ten que soar por enriba de todo, e non deixar que chegue a dereita a desfacer o que levamos construíndo durante estes últimos 7 anos, porque non van vir a desfacer as medidas económicas impostas dende Europa, non, van vir a recortar dereitos e liberdades ás minorías, van a aproveitar a situación de crise actual para desmantelar o sistema do benestar, cargarse as becas, as axudas para os máis necesitados, a lei de dependencia como xa están a facer nas comunidades autónomas nas que gobernan.
Estes días en Galicia, a Xunta do señor Núñez Feijoo levou ó noso parlamento un proxecto de lei denominado “Lei da Familia”. Un texto no que se recollen as barbaridades que tanto lles gusta poder facer, porque, xa que estamos en crise, e temos a tanta xente en paro, porque imos gastar cartos en intentar amañalo, xerando cursos de formación e xerando emprego, cando é máis sinxelo é máis barato facer o seguinte.
As garderías públicas e os asilos públicos non son rentables, así que os pechamos, e que pasa cos nenos e os vellos que quedan desamparados e sen coidados? Que os coiden as súas nais e fillas, na casa, como se fixo toda a vida. E se a muller traballa? Pois que deixe o traballo para coidar da familia que é o que ten que facer, e mira ti por onde, o seu posto de traballo o pode ocupar un home, e reducimos a taxa de paro!
Joder! Para os que din que Feijoo non sabe pensar! Para que seguir avanzando se podemos retroceder 20 anos ou 30 anos? Co fácil que é pasarme os dereitos das mulleres polo arco do triúnfo! Ah! E o único tipo de familia que recoñece esta lei, é o de toda a vida, que son esas dexeneracións de mulleres con mulleres e fillos, homes con homes e fillos, mulleres soas con fillos… Nin de broma! Toleamos, ou que? Pero aquí saíulle mal o tiro porque o mesmo Feijoo queda fora deste modelo de familia que propón o seu partido nesta lei, xa que o pobre está a vivir en pecado, pero a el se lle perdoa, que xa vai facer bastante pola igrexa nos seguintes puntos da lei.
Porque neste marabillosa lei, que vai ter un ámbito de actuación autonómico, unha lei de carácter estatal, como é a lei que regula a interrupción voluntaria do embarazo, a manda a (e perdón pola expresión) tomar polo cu. Eses inventos de asasinos como o aborto e a píldora do día despois nada de nada! Que aquí somos moi decentes. E se tes un erro, pois mira, vouche dar unha solución mellor que o aborto, ti ten o neno, que despois se non o queres, eu axúdoche a dalo en adopción, iso si, pon en riso a túa saúde, e se non, non o fixeras! Ah! E iso da educación sexual, os centros “Quérote” e todas esas cousas, gastan cartos e non serven para nada! Se o final o conto é o mesmo! Nunca na vida se lle explicou a ninguén nada nin se lle axudou e mira que ben saímos todos!
Educación na casa? Nin de coña! Nun colexio, e os concertados son moi boas institucións, polo tanto, merecen máis axudas! Que os públicos xa os montaron moi ben os socialistas e os nacionalistas.
Algo máis? Por suposto! Non imos deixar a mensaxe a medias! Os homosexuais? ENFERMOS! E por favor, que volvan á clandestinidade, que non sabes ben os arrepíos que me dan cada vez que veo a dous pola rúa da man.
Se aproban esta lei, Feijoo poderá tachar un dos puntos máis gordos da súa lista, primeiro foi a lingua co decretazo, despois a educación pública coas reducións en investimentos e a retirada dos libros gratuítos na ensinanza obrigatoria, agora que estamos no medio da lexislatura o punto gordo, os dereitos e a dignidade das persoas, e cando xa estean cansados e vexan que non poden facer nada, xa iremos a polo copago sanitario e a privatización de todo o que poidamos, que aínda nos quedan 2 anos. Iso sí, a culpa, de Zapatero! Que non nos deixa correr co coche, descargarnos pelis e fumar nos bares! Vaia nazi!
Ata aquí por hoxe, unha aperta para todos, saúde e república!
No hay comentarios:
Publicar un comentario