lunes, 18 de junio de 2012

Ate aquí chegamos.


Nin un paso máis, rematouse esta continua baixada de pantalóns, nin mercados nin parvadas varias. Non podemos seguir camiñando nesta dirección.

Debo de recoñecer que eu defendín e defendo unha clara postura europeísta, porque confío no proxecto da Unión Europea, dunha Unión Europea que pula por unha unión dos pobos no marco da creación dunha potencia hexemónica.

Pero é que esta Europa xa non está nin en segundo plano, a gran señora Alemaña, agora con menos apoio por parte de Francia pero aínda están aí, impón as normas de euro, demostrando unha vez máis que para ela o único papel que non se molla é o dos billetes; os tratados, os proxectos culturais, os proxectos de desenrolo... milleiros e milleiros de páxinas que de golpe e porrazo, deixan de ter o menor significado, todo porque a cidadanía dun país escolleu, lexitimamente nunhas eleccións democráticas, a uns representantes anti-europeístas.

Ate aquí perfecto, o problema nace cando estes representantes que se queren cargar a Europa que coñecemos; da noite á mañá, impoñen a dominación do seu Estado por enriba dos 26 restantes e o fai da única forma que pode, a golpe de talonario.

Nada novo baixo o sol ate aquí, pero unha vez chegados a este punto, non vai sendo hora de dar un portazo e dicir que non? Dicir que se acabou, que non hai que cumprir o que un quere, se non o que queren a maioría dos 27.

E isto ten que comezar a saír nas mensaxes que os partidos da Internacional Socialista lanzan cara a sociedade Europea.

De verdade que algún militante do PSOE aprobaría un goberno de coalición (aínda que vaia disfrazado co termo salvación) co Partido Popular?

Nin de broma. E que significaría vendernos directamente, sería darlles a razón a aqueles que nos levan anos gritando que somos o mesmo.

Non somos o mesmo, e ningún partido socialista debería de estar disposto a pasar por este aro. O momento da revolución está cada vez máis cerca, e se os partidos socialistas non aproveitan este momento, non dan un xiro radical á esquerda ós seus temóns, os barcos que son cada un deles, romperán á metade. A situación política que estaban a levar a cabo nos últimos tempos, nos cales a sociedade centralizouse a quedouse estancada na similitude ideolóxica, estase a rematar. Os movementos extremistas están a resurxir con forza e a palabra radical cada vez ten menos connotación negativa para un maior porcentaxe da poboación.

É hora de voltar ás orixes, é hora de aprender dos erros do pasado, é a hora da socialdemocracia radicalizada á esquerda.

Grazas polo voso tempo, saúde e república!