Nin un paso máis,
rematouse esta continua baixada de pantalóns, nin mercados nin parvadas varias.
Non podemos seguir camiñando nesta dirección.
Debo de recoñecer
que eu defendín e defendo unha clara postura europeísta, porque confío no
proxecto da Unión Europea, dunha Unión Europea que pula por unha unión dos
pobos no marco da creación dunha potencia hexemónica.
Pero é que esta
Europa xa non está nin en segundo plano, a gran señora Alemaña, agora con menos
apoio por parte de Francia pero aínda están aí, impón as normas de euro,
demostrando unha vez máis que para ela o único papel que non se molla é o dos
billetes; os tratados, os proxectos culturais, os proxectos de desenrolo...
milleiros e milleiros de páxinas que de golpe e porrazo, deixan de ter o menor
significado, todo porque a cidadanía dun país escolleu, lexitimamente nunhas
eleccións democráticas, a uns representantes anti-europeístas.
Ate aquí perfecto,
o problema nace cando estes representantes que se queren cargar a Europa que
coñecemos; da noite á mañá, impoñen a dominación do seu Estado por enriba dos 26
restantes e o fai da única forma que pode, a golpe de talonario.
Nada novo baixo o
sol ate aquí, pero unha vez chegados a este punto, non vai sendo hora de dar un
portazo e dicir que non? Dicir que se acabou, que non hai que cumprir o que un
quere, se non o que queren a maioría dos 27.
E isto ten que
comezar a saír nas mensaxes que os partidos da Internacional Socialista lanzan
cara a sociedade Europea.
De verdade que algún
militante do PSOE aprobaría un goberno de coalición (aínda que vaia disfrazado
co termo salvación) co Partido Popular?
Nin de broma. E
que significaría vendernos directamente, sería darlles a razón a aqueles que
nos levan anos gritando que somos o mesmo.
Non somos o mesmo,
e ningún partido socialista debería de estar disposto a pasar por este aro. O
momento da revolución está cada vez máis cerca, e se os partidos socialistas
non aproveitan este momento, non dan un xiro radical á esquerda ós seus temóns,
os barcos que son cada un deles, romperán á metade. A situación política que
estaban a levar a cabo nos últimos tempos, nos cales a sociedade centralizouse
a quedouse estancada na similitude ideolóxica, estase a rematar. Os movementos
extremistas están a resurxir con forza e a palabra radical cada vez ten menos
connotación negativa para un maior porcentaxe da poboación.
É hora de voltar ás
orixes, é hora de aprender dos erros do pasado, é a hora da socialdemocracia
radicalizada á esquerda.
Grazas polo voso
tempo, saúde e república!
No hay comentarios:
Publicar un comentario