martes, 28 de junio de 2011

¡ORGULLOSO!


Hoxe é un día especial, e non só para o colectivo LGTB, se non para todos aqueles e aquelas que defenden a liberdade e a igualdade das persoas, sexan como sexan, pensen o que pensen, veñan de onde veñan.

A miña sincera opinión sobre este día de celebración é bastante negativa, coma homosexual non me identifico con aqueles que se montan nas carrozas e desfilan por distintas cidades do mundo, pero os respeto, e se eles queren expresar a súa alegría desta forma, teñen todo o dereito do mundo.

Dicía que a miña opinión é bastante negativa porque para min o ideal é que este día non tivese que estar marcado no calendario, xa que eu síntome orgulloso de ser homosexual os 365 días do ano, pero considero que nesta sociedade, na que aínda existen persoas que consideran que é unha enfermidade ou algo malo ser homosexual, o colectivo LGTB saía á rúa a reivindicar os seus dereitos, e máis agora que a sombra da dereita cérnese sobre a lei do Matrimonio Homosexual.

Aínda así, creo que é o momento de volver a reivindicar a vía proposta por Harvey Milk, xa exposta neste blog anteriormente. Por se alguén non o coñece, Harvey Milk foi un importante activista dos dereitos homosexuais nos Estados Unidos nos anos 70. Ademais, foi un dos primeiros políticos abertamente homosexuais, por non dicir o primeiro.

Harvey Milk defendía unha teoría, se todo o mundo tivese a un homosexual no seu círculo máis próximo, ben sexa na familia ou nos amigos máis íntimos, perdería totalmente os seus prexuízos contra este colectivo, e así acadaríase a normalidade.

Harvey Milk finou asasinado en 1978, e coma se soubera como ía a ser o seu final (foi asasinado por varios disparos) Milk gravou nunha cinta, entre outras cousas, esta mensaxe. 

“Se unha bala atravesa o meu cerebro, deixen que esa bala destrúa as portas de tódolos armarios.”

Harvey Milk loitou con forza para acadar dereitos e liberdades para o colectivo homosexual, finou asasinado, pero logrou que non se aprobara a Proposición 6 ou Iniciativa Biggs, unha iniciativa do partido republicano, levada a cabo por John Biggs, na cal recollíase que todo homosexual que traballase na ensinanza pública e aquel que defendera os dereitos dos homosexuais, sería despedido inmediatamente, baixo a escusa de intentar reducir os abusos sexuais nas aulas, conseguindo así que os dereitos dos homosexuais non foran reducidos no estado de California. Tamén levou a cabo unha lei que defendía os dereitos civís e que prohibía a discriminación baseada na orientación sexual, lei que foi aprobada polo alcalde de San Francisco.

Xa para rematar, e como dicía antes, Milk loitou con forza para acadar dereitos e liberdades para o colectivo homosexual, e agora é o momento de que nós, cos nosos actos individuais, temos que continuar a defender as liberdades, tanto dos homosexuais coma de calquera tipo de minorías, non podemos permitir que se nos rouben os nosos propios dereitos.

Así que, xa sabes, defende a liberdade, defende a igualdade, defende a alegría.

Unha aperta, moitas grazas polo voso tempo, e coma sempre, saúde e república!

P.d: E feliz día do Orgullo LGTB!

Hoy es un día especial, y no solo para el colectivo LGTB, sino para todos aquellos que defienden la libertad y la igualdad de las personas, sean como sean, piensen lo que piensen, vengan de donde vengan.

Mi sincera opinión sobre este día de celebración es bastante negativa, como homosexual no me identifico con aquellos que se montan en carrozas y desfilan por distintas ciudades del mundo, pero los respeto, y si ellos quieren expresar su alegría de esta forma, tienen todo el derecho del mundo.

Decía que mi opinión es bastante negativa porque para mí lo ideal es que este día no tuviese que estar marcado en el calendario, ya que yo me siento orgulloso de ser homosexual los 365 días del año, pero considero que en esta sociedad, en la que aun existen personas que consideran que es una enfermedad o algo malo ser homosexual, el colectivo LGTB salga a la calle a reivindicar sus derechos, y más ahora que la sombra de la derecha se cierne sobre la ley del Matrimonio Homosexual.

Aun así, creo que es el momento de volver a reivindicar la vía propuesta por Harvey Milk, ya expuesta en este blog anteriormente. Por si alguien no le conoce, Harvey Milk fue un importante activista de los derechos homosexuales en los Estados Unidos en los años 70. Además, fue uno de los primeros políticos abiertamente homosexuales, por no decir el primero.

Harvey Milk defendía una teoría, si todo el mundo tuviese a un homosexual en su círculo más próximo, bien sea en la familia o en los amigos más íntimos, perdería totalmente sus prejuicios contra este colectivo, y así se conseguiría la normalidad.

Harvey Milk murió asesinado en 1978, y como si supiera cómo iba a ser su final (fue asesinado por varios disparos) Milk grabó en una cinta, entre otras cosas, este mensaje. 

“Si una bala atraviesa mi cerebro, dejen que esa bala destruya las puertas de todos los armarios.”

Harvey Milk luchó con fuerza para conseguir derechos y libertades para el colectivo homosexual, murió asesinado, pero logró que no se aprobara la Proposición 6 o Iniciativa Biggs, una iniciativa del partido republicano, llevada a cabo por John Biggs, en la cual se recogía que todo homosexual que trabajase en la enseñanza pública y aquel que defendiera los derechos de los homosexuales, sería despedido inmediatamente, bajo la excusa de intentar reducir los abusos sexuales en las aulas, consiguiendo así que los derechos de los homosexuales no fueran reducidos en el estado de California. También llevo a cabo una ley que defendía los derechos civiles y que prohibía la discriminación basada en la orientación sexual, ley que fue aprobada por el alcalde de San Francisco.

Ya para terminar, y como decía antes, Milk luchó con fuerza para acabar derechos y libertades para el colectivo homosexual, y ahora es el momento de que nosotros, con nuestros actos individuales, tenemos que continuar defendiendo las libertades, tanto de los homosexuales como de cualquier tipo de minorías, no podemos permitir que se nos roben nuestros propios derechos.

Así que, ya sabes, defiende la libertad, defiende la igualdad, defiende la alegría.

Un abrazo, muchas gracias por vuestro tiempo, y como siempre, ¡salud y república!

P.d: ¡Y feliz día del Orgullo LGTB!

jueves, 23 de junio de 2011

Arrebatos de sinceridade.


Atopámonos rodeados de manifestantes e acampados que protestan contra a imposición dos mercados por enriba dos gobernos, por unha venda dos dereitos e liberdades dos cidadáns e por un mal reparto da representatividade.

Atópome totalmente de acordo con eles nestes aspectos, hai que facer autocrítica, ningún partido, e tampouco o partido no cal milito e do cal síntome especialmente orgulloso de ser militante, plantou clara de maneira forte a estes atropelos contra os cidadáns.

Pero as cousas, dende o meu punto de vista claro está, por algo isto é o meu blog, non son tal cal as pintan estes indignados.

O primeiro que hai que ter en conta é que vivimos nunha España que, nos guste ou non, esta dentro dunha organización internacional que é a Unión Europea, unha organización internacional que, por moito que ten uns matices sociais boísimos, e que avoga pola liberdade dos seus cidadáns e pola mellora da calidade de vida destes, non deixa de ser unha organización cuns inicios e uns fins de carácter económico.

A principal finalidade da Unión Europea non é só a que, ó meu parecer é a máis nobre e a que debería de primar por enriba das demais, a mellora dos seus países membros para acadar uns Estados libres e coa mellor calidade democrática do mundo, baseándose nun Estado de Benestar que protexa ós seus cidadáns; se non que o seu principal obxectivo é a xeración dun ámbito económico forte e competitivo.

A moeda única e a liberdade de tránsito de persoas e mercadorías por toda a Unión Europea non é para facilitar a vida dos cidadáns europeos, se non para xerar unha posición máis forte e vantaxosa contra outros mercados como poden ser os americanos ou os asiáticos.

Obviamente existe unha corrente que avoga por una Europa social e non económica, pero non é a corrente principal nin moito menos.

España non ten outra máis que asumir o que manda a Unión Europea e o Banco Europeo, ou iso ou fora da Unión, e a día de hoxe nun mundo totalmente globalizado, para España, o feito de saír da Unión Europea non é só unha loucura, é tamén un suicidio.

E como ben dicía, non nos queda outra que aceptar o que digan estes señores e señoras, e iso temos que aceptalo goberne quen goberne, goberne o PP, o PSOE, Esquerda Unida, CiU, PNV, BNG, UPyD ou o Partido dos Indignados, se non o cumprimos non teñen problema algún en darnos unha patada no cu e botarnos, que non somos Alemaña nin Reino Unido nin Francia.

É verdade que os gobernos non están a facer ningún movemento contra a supremacía dos mercados, pero aínda así seguen a existir diferenzas, as diferenzas que queramos ou non, son as de toda a vida, hai gobernos que queren facer unhas políticas máis para o pobo, para os que teñen menos; e gobernos que prefiren facer políticas para que os que xa teñen teñan máis doado ter máis, iso é así, e non hai consigna de manifestación que por moi ben que rime o vaia a cambiar. Non se pode negar que existen gobernos que lle dan máis dereitos e liberdades ós seus cidadáns e outros que, polo contrario, deciden acabar con eles.

Todo parece fatal nestes momentos de crise, o goberno o fixo fatal e non merecen nin o noso respeto … Paréceme que estamos a falar coma nenos pequenos que enfádanse e non queren razoar por moito que papa e mama intentan falar con eles. 

Alguén de verdade, cun mínimo criterio, pensa que o señor José Luís Rodríguez Zapatero, presidente dun país coma España, cunha influencia mínima na economía mundial, é capaz de xerar unha crise mundial? 

Alguén pode ver unha solución lóxica nun partido que di ser a alternativa de esquerdas e que á primeira de cambio pacta cun partido de dereitas para evitar que outro partido de esquerdas goberne? 

Ou aínda peor, alguén ve unha solución nun partido cuxas políticas económicas son, reducir o gasto social, privatizar todo o posible e dar máis facilidades ás rentas máis elevadas, ben sexa mediante a supresión do imposto pola compra dunha segunda vivenda, ou a redución de impostos ás grandes fortunas? 

Pode que a crise dos habitantes do Barrio de Salamanca en Madrid soluciónese de maneira espectacular con estas medidas, pero a maioría de nos creo que o pasaríamos peor.

Despois desta entrada sei que moita xente dirá que a chapa do PSOE creou raíces en min, pero sinxelamente o escrito aquí é a miña sincera opinión. Como xa dixen o principio, o comportamento do partido no cal milito non foi exemplar, sinceramente creo que foi bastante bo nesta época de crise, e gustaríame ver a situación do noso país nestos momentos cun goberno de dereitas, se agora semella que estamos vendidos a Europea e ós mercados, non quero nin imaxinarme como estaríamos co señor Mariano Rajoy como presidente do goberno.

Como mensaxe final, acampados, acampadas, indignados, indignadas, grazas, grazas de corazón, porque moitas das ideas que tedes e reclamades, tamén as temos as bases dos partidos de esquerdas.

Pode semellar oportunista, pero é o meu blog, non ten repercusión ningunha, e non deixa de ser a miña humilde opinión. Reclamar estas cousas non está en conflito coa militancia nun partido, e máis, existen partidos que loitan pola igualdade entre todos os cidadáns.

Todo pode mellorar moitísimo, e é o momento de comezar a cambialo, cambialo para mellor, e se reclamamos estas consignas, haberá que facer que cheguen ás elites dos partidos, ou mesmo crear un partido ou varios partidos que defendan estes ideais a capa e espada.

Para min é mester unha reforma electoral coa que a inmensa maioría da poboación consiga sentirse, polo menos, representada nas institucións, pero eu tamén creo que é sumamente necesaria unha reforma da Constitución.

Non obstante, e por se non quedou aínda claro, sigo a defender con suor e lágrimas (e se non que lle pregunten á xente que estivo na sede de campaña o 22 de Maio despois dos resultados electorais) ó que considero o mellor partido, ó partido que defende os meus ideais, que loita polos meus dereitos, o Partido Socialista Obreiro Español, lle guste a quen lle guste e lle moleste a quen lle moleste, porque teño claro que se me involucro en política é porque quero cambiar as cousas, defender e mellorar as que defendo e reducir e borrar aquelas que considero nocivas para a sociedade, non para xogar nin para pasar o rato, a política non é un xogo e buscando unicamente intereses persoais o único que se consigue é desprestixiala.

Sen máis, grazas polo voso tempo, pido perdón por se alguén se sentiu ofendido ou ofendida, pero non obrigo a ninguén a compartir os meus ideais. Saúde e república!

jueves, 9 de junio de 2011

15M ó Congreso // 15M al Congreso

Chegou o momento, pasaron á acción, xa non queren seguir sentados no chan, comezou a verdadeira revolución, a mocidade que se está a manifestar en Madrid decidiu que non quere seguir sendo unha estatua máis na Porta do Sol como pode ser a do oso e o madroño. E dende a miña opinión, sempre dende a humildade, é o momento dos partidos de esquerdas, os partidos que se deben ó pobo, os partidos que están a ocupar estes escanos, supostamente, representando ós que menos teñen, de erguerse e dicir que asumen o que os seus votantes, aquelas persoas que se están a manifestar, que asumen a mensaxe que lle están a mandar, o pobo pide cambio, da mellor maneira que pode facer, coa palabra, manifestando a súa indignación. Se de verdade queremos un país con partidos de esquerdas que de verdade representen ó pobo, estes partidos teñen que asumir publicamente os cambios que o pobo quere, e atreverse a levalos a cabo.

Despois disto, quero facer un pequeno inciso dicindo que a partir de agora este blog vai ter menos actividade (se é que iso é posible) da que tivo hasta agora, xa que vou a comezar a levar a cabo un proxecto que me vai roubar bastante tempo o cal espero que nun futuro non moi afastado de os seus froitos. Aínda así, o que si que non abandono é o meu Twitter


Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!


Llego el momento, pasaron a la acción, ya no quieren seguir sentados en el suelo, comenzo la verdadera revolución, los jóvenes que se están manifestando en Madrid decidieron que no quieren seguir siendo una estatua más en la Puerta del Sol como puede ser la del oso y el madroño. Y desde mi opinión, siempre desde la humildad, es el momento de los partidos de izquierdas, los partidos que se deben al pueblo, los partidos que están ocupando estos escaños, supuestamente, representando a los que menos tienen, de levantarse y decir que asumen lo que sus votantes, aquellas personas que se están manifestando, que asumen el mensaje que le están mandando, el pueblo pide cambio, de la mejor manera que pueden hacerlo, con la palabra, manifestando su indignación. Si de verdad queremos un país con partidos de izquierdas que de verdad representen al pueblo, estos partidos tienen que asumir publicamente los cambios que el pueblo quiere, y atreverse a llevarlos a cabo.


Despues de esto, quiero hacer un pequeño inciso diciendo que a partir de ahora este blog va a tener menos actividad (si es que eso es posible) de la que tuvo hasta ahora, ya que voy a comenzar a llevar a cabo un proyecto que me va a roubar bastante tiempo el cual espero que en un futuro no muy lejano de sus frutos. Aun así, lo que si que no abandono es o mi Twitter


Una vez más, gracias por vuestro tiempo, ¡salud y república!

miércoles, 1 de junio de 2011

A miña amiga // Mi amiga


Teño a sorte de ter moi bos amigos e amigas, e hoxe vou falar sobre unha cousa que me fai moita gracia cada vez que falo cunha moi boa amiga sobre política. Ela fai menos dun ano non tiña unha clara idea política, é máis, aseguraba que ela non ía votar, porque total, para que?
Tiven a sorte de traela para o meu bando, pero tiven máis sorte aínda porque en realidade viu ela soa, non tiven que darlle un mitin nin nada semellante, ela informouse e decidiu que era a mellor opción que había no panorama, e aínda que non é unha fervinte socialista, dóenlle certas cousas.

O que ía dicindo, hai unha cousa que ela non entende, e a verdade é que eu tampouco a chego a entender moi ben, pero creo que xa a entendo por resignación. Ela sempre me pregunta como hai xente da nosa idade con pensamentos tan rancios e retrógrados. A verdade e que eu tampouco o entendo, pero supoño que inflúe en gran medida a educación e o entorno, aínda que non é escusa., todos vivimos no século XXI e temos acceso a información e liberdade para xerar o noso propio sentido crítico.

Aínda que moitos se emperren en intentar convencernos de que somos a xeración perdida, a xeración que vai vivir peor que os seus pais… eu estou convencido de que en realidade, somos a xeración europea e mundial, somos os que, se temos que emigrar, imos emigrar pero non como man de obra, se non coma intelectuais, coma enxeñeiros, coma intelectuais, coma elite. E se decidimos quedar, non podemos quedar co cu tranquilo como fixeron os nosos pais, se non que temos que quedar coa mente aberta e atenta, pensando en que o que temos a un tiro de pedra quedase pequeno, somos a xeración que ten que pensar en grande.

Pero o que sen dúbida máis nos cabrea a min e á miña amiga é aquela xente que vota sen pensar, que vota obrigada polos seus pais, ou que vota sen informarse, que basea o seu voto en parvadas sen sentido que escoitaron sabe Deus onde. Ela máis dunha vez falou de que tiña que existir un exame ou algo semellante co que xustifiques que podes votar porque tes criterio, pero eu sempre lle digo que unha das bases da democracia é que o voto vale o mesmo veña de quen veña e que todos temos dereito a votar. Ela sabeo, pero é máis práctica e ve máis beneficios que perdas.

Antes de irme, quero deixar aquí unha entrevista que lin o outro día no diario “EL PAÍS”. É unha entrevista con Stepahne Hessel, escritor do libro “¡Indignaos!”, causante en parte das revolucións pro-democráticas de España e do resto de Europa. O titulo o di todo, “la indignación debe de ir seguida de compromiso”. Hai que tomar conciencia, o da rúa esta xenial, pero a mensaxe xa está no ambiente, non se pode deixar que se desvaneza, polo que na miña opinión as acampadas deben continuar, pero tamén hai que pensar en comprometerse, erguerse da acampada e non volver ó sofá. E os que non estivemos sentados na acampada, tomar ou continuar coa iniciativa, levar a cabo as ideas e cambiar o noso país. 

Pero isto xa comeza a ser moito para min e despois acúsanme de falar de cousas que quédanme moi grandes.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo, unha aperta, saúde e república!



Tengo la suerte de tener muy buenos amigos y amigas, y hoy voy a hablar sobre una cosa que me hace mucha gracia cada vez que hablo con una muy buena amiga sobre política. Ella hace menos de un año no tenía una clara idea política, es más, aseguraba que ella no iba a votar, porque total, ¿para qué?

Tuve la suerte de traerla para mi bando, pero tuve más suerte aun porque en realidad vino ella sola, no tuve que darle un mitin ni nada parecido, ella se informo y decidió que era la mejor opción que había en el panorama, y aunque no es una ferviente socialista, le duelen ciertas cosas.

Lo que iba diciendo, hay una cosa que ella no entiende, y la verdad es que yo tampoco la llego a entender muy bien, pero creo que ya la entiendo por resignación. Ella siempre me pregunta cómo hay gente de nuestra edad con pensamientos tan rancios y retrógrados. La verdad es que yo tampoco lo entiendo, pero supongo que influye en gran medida la educación y el entorno, aunque no es excusa, todos vivimos en el siglo XXI y tenemos acceso a información y libertad para generar nuestro propio sentido crítico.

Aunque muchos se empeñen en intentar convencernos de que somos la generación perdida, la generación que va a vivir peor que sus padres… yo estoy convencido de que en realidad, somos la generación europea y mundial, somos los que, si tenemos que emigrar, vamos a emigrar pero no como mano de obra, sino como intelectuales, como ingenieros, como intelectuales, como élite. Y si decidimos quedarnos, no podemos quedarnos con el culo tranquilo como hicieron nuestros padres, sino que tenemos que quedarnos con la mente abierta y atenta, pensando en que lo que tenemos a tiro de piedra se queda pequeño, somos la generación que tiene que pensar en grande.

Pero lo que sin duda nos cabrea más a mí y a mi amiga es aquella gente que vota sin pensar, que vota obligada por sus padres, o que vota sin informarse, que basa su voto en tonterías sin sentido que escucharon sabe Dios donde. Ella más de una vez hablo de que tenía que existir un examen o algo parecido con el que justifiques que puedes votar porque tienes criterio, pero yo siempre le digo que una de las bases de la democracia es que el voto vale lo mismo venga de quien venga y que todos tenemos derecho a votar. Ella lo sabe, pero es más práctica y ve más beneficios que perdidas.

Antes de irme, quiero dejar aquí una entrevista que leí el otro día en el diario “EL PAÍS”. Es una entrevista con Stepahne Hessel, escritor del libro “¡Indignaos!”, causante en parte de las revoluciones pro-democráticas de España y del resto de Europa. El título lo dice todo, “la indignación debe de ir seguida de compromiso”. Hay que tomar conciencia, lo de la calle esta genial, pero el mensaje ya está en el ambiente, no se puede dejar que se desvanezca, por lo que en mi opinión las acampadas deben continuar, pero también hay que pensar en comprometerse, levantarse de la acampada y no volver al sofá. Y los que no estuvimos sentados en la acampada, tomar o continuar con la iniciativa, llevar a cabo las ideas y cambiar nuestro país. 

Pero esto ya empieza a ser mucho para mí y después me acusan de hablar de cosas que me quedan muy grandes.

Una vez más, gracias por vuestro tiempo, un abrazo, ¡salud y república!