martes, 27 de marzo de 2012

A revolución, o único camiño cara a utopía.


Nestes últimos días tiven a oportunidade de escoitar a dous dos homes máis influentes no meu pensamento político, o señor Xosé Manuel Beiras e o señor Felipe González.

E decateime de que sen que eu fora consciente; e sendo consciente de que sen que fose a súa intención; foron capaces de sementar en min unha idea que ambos comparten.

Ambos discursos xiraron ó redor dunha idea que esta moi presente na miña forma de ver a política, e máis que na miña forma de vela na miña forma de intentar facela, a revolución.

Dende o meu punto de vista, ten que ser a revolución a que mova o corazón de todas aquelas persoas que se consideran de esquerdas e que adícanse á política. Nos últimos anos, e en parte moi influído pola situación de crise económica que estamos a vivir, os partidos de esquerdas basean os seus discursos na xestión, en remarcar que eles xestionarían mellor os recursos públicos neste período que os seus competidores políticos, remarcando ese lema tan repetido por aquelas persoas que senten unha gran desafección política que di que “todos son iguais”. 

Obviamente a miña opinión como persoa que confía e que, na miña humilde medida, adícase á política, non é que todos sexamos iguais, para nada, temos moitas diferenzas, pero cometemos un erro ó non remarcar esta diferenza da que estaba a falar, o feito de que nós estamos aquí para revolucionar a realidade.

Nestes últimos días non parei de escoitar unha fermosísima cita de Eduardo Galeano que ó meu parecer representa perfectamente o que temos que facer todos aqueles que nos consideramos de esquerdas

“Ella está en el horizonte. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la alcanzaré. ¿Para que sirve la utopía? Para eso sirve: para caminar.”

Ten que ser o obxectivo primordial dos partidos de esquerdas gobernar para revolucionar. Estamos a estancarnos nun momento onde a dereita xa non é dereita, se non que estase a converter en ultradereita; e os partidos de esquerdas temos que demostrar que estamos á vangarda, á vangarda da innovación, da revolución.

Aínda que agardo que todas e todos entenderades cal é a miña idea da revolución, para non xerar confusións, obviamente estou a falar dunha revolución cuxa única arma sexa a palabra e cuxo único fin sexa camiñar cara esa utopía inalcanzable, que vaia deixando unha camiño de dereitos e igualdade para todas e todos, un camiño que é a nosa obriga abrir para que todas e todos podamos camiñar por el construíndo un mundo mellor.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo e agardo o voso “feedback” (os vosos comentarios e ideas) sobre como debe de ser esta revolución e cara onde temos que camiñar.

Saúde e república!

No hay comentarios: