E se lles dicimos que non?
E se lles dicimos que non imos deixar de
gastar nin un só céntimo?
E se lles dicimos que ó contrario, que imos gastar máis?
E máis, concretamente imos gastar máis en I+D+i e en Sanidade e Educación Pública.
E se lles dicimos que en vez de facilitar o despido imos axudar a emprender?
E
se lles dicimos que imos premiar a aqueles empresarios que fan esforzos por
manter ós seus traballadores no canto de botalos á rúa e contratar a outros
novos porque así reciben axudas?
E se lles dicimos que os que están equivocados, son eles?
Posiblemente escoitemos as súas gargalladas, pero o importante é que nós
temos razón. Vivimos nun momento de desgracia para Europa. Os seus líderes, son
incapaces de imitar ós seus predecesores, ós que lles deben en grandísima parte
a grandeza dos seus países, os cales no pasado souberon ver que se cedían e
deixaban que os seus países perderan un pouco, o esforzo os recompensaría no
futuro.
Voces de grandes europeístas, dos pais dese gran proxecto que agora
algúns estanse a cargar, o levan advertindo dende o comezo da crise, non
pensemos en nós mesmos, pensemos en Europa, paga a pena.
Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!
No hay comentarios:
Publicar un comentario