Enganaron ós nosos maiores, e ós que non son
tan maiores. Souberon vender a súa verdade, souberon convencer, non a moitos,
pero si ós suficientes como para conseguir a maioría absoluta, e agora cada
mañá, ó abrir o xornal, tirámonos dos pelos.
Enganaron ós nosos maiores dicíndolles que
eles ían a subirlles as pensións, e o final tiveron que enviarlles unha carta
pedíndolles perdón por subirlles os impostos.
Enganaron ós non tan mozos dicíndolles que
eles tiñan a receita máxica, que lla vendera unha tal meiga Merkel e que con
iso e a vara máxica de Rajoy estaba todo arranxado. Do que non se lembraban e
de que aquela mesma vara era coa que Feijoo prometera acabar coa crise en
Galicia en 45 días…
Nas últimas semanas, os nosos gobernantes, os
que teñen o valor e a coraxe para levar o rumbo do noso barco, informáronos dun
recorte de 10.000 millóns de euros mediante unha nota de prensa, o noso
presidente do goberno non contestou ás preguntas dos periodistas e os evitou
saíndo pola porta de atrás; comezaron a carga contra os piares, ate o de agora
intocables, do Estado do Benestar, dinamitando os primeiros cartuchos de TNT
que estiveron a colocar; na columna da Educación Pública, a subida das taxas
universitarias de forma desmesurada, a revisión do sistema universitario
español e a ameaza de eliminación daquelas carreiras que non teñan un mínimo de
alumnos para que sexa máis ou menos rentable.
Pola banda da sanidade pública, despois dunha
marabillosa revisión sobre os fármacos, onde primou a lóxica por enriba de todo
razoamento e decidiron que era mellor pagar que dar a dose exacta de
medicamento ó paciente de maneira gratuíta, evitando o despilfarro ó mesmo
tempo que practicamos ecoloxía que a todos nos viría moi ben; hoxe nos atopamos
con que todos aqueles maiores de 26 anos que non cotizaran quedarán fora da cobertura
da Seguridade Social, vamos, lóxica aplastante de todo, cun paro xuvenil maior
do 50%, colles e deixas sen cobertura sanitaria a todos aqueles que non
cotizaran nunca.
Seguimos cos argumentos de lóxica aplastante,
todos aqueles mozos e mozas que decidan estudar unha carreira, que adiquen o
seu esforzo en construír unha sociedade mellor formada e máis preparada, se non
cotiza, o seu querido goberno do Partido Popular premiaralle deixándolle sen
cobertura sanitaria, e de agasallo de benvida á universidade xa sabe, a
matrícula de oferta a 1200€.
Pero a min a verdade é que estas cousas non me
collen moito de sorpresa, e supoño que igual que a min á maioría da xente.
O que me colle de sorpresa é, por qué non
estamos xa nas rúas?
Por qué non escoito á sociedade gritando que
lle están a roubar?
E que xa lograron convencernos tamén de que
estamos aquí para que nos apaleen e nos rouben os nosos dereitos?
Xa asumimos que voltamos ó medievo onde non se
lle pode protestar ó señor feudal?
Foron capaces de facernos crer que o que
estaba a pasar en Grecia é bandalismo, no canto de loita polos dereitos
roubados por homes e mulleres que só se preocupan por ter máis cartos nos
petos.
Conseguiron que miremos ós mozos e mozas de
Londres como hooligans que saíron a destrozar a cidade en lugar de que son
estudantes que saíron a berrar que o estado lles estaba prohibindo estudar nas
universidades porque serían incapaces de pagar as matrículas.
E nós? Só imos ser capaces de sentarnos na
praza?
Grazas polo voso tempo, saúde e república.
No hay comentarios:
Publicar un comentario