O outro día nun bus urbán de Compostela dúas
señoras, destas señoras que se decátanse de que lles estou a chamar señoras
mataríanme; mantían unha conversa realmente indignadas.
Unha delas, a verdadeira indignada, falaba de
que o seu marido baixaranlle o soldo, que ela estaba traballando como nunca
fixera para poder levar todos os cartos que puidera á casa, pero claro, a cousa
esta moi mal. Aínda por riba, ó ter ela que traballar, non sabía que facer co pequeno,
non tiña con quen deixalo e non están eles como para pagar unha gardería
privada.
A súa compañeira de parola suxeriulle que botase a solicitude nalgunha
gardería pública. E foi nese momento cando a indignada comezou o seu discurso
político.
"Cala! Cala! Non me fales das garderías públicas! Antes co Bugallo aínda, e xa non falemos co bipartito! Pero daquela non había crise! Pero foi chegar o “Freijoo” e “El Condecito”, e mira que a este aínda non lle deu tempo a facer moito, moito acabar co botellón moito politiqueo, pero, e o meu fillo? Que fago con el? Voullo deixar no despacho a ver se así decátase de cales son algúns dos verdadeiros problemas dos santiagueses."
Nese momento déronme ganas de darme a volta e
dicirlle, “Pois señora, como gañe o PP o 20-N si que nos imos enterar”.
Ós dous minutos a indignada baixouse e
despediuse da súa compañeira de viaxe cun
“Sorte, e agora ó que toca, a gardar que aínda vai vir o peor.”
A verdade é que a muller non se quedaba curta
de razón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario