O debate sobre a
educación esta nestes días nas portadas de tódolos periódicos. Para min non hai
debate posíbel. O acceso á educación ten que ser gratuíto e universal, para os
que teñen e os que non.
Esta idea parece
que a ten todo o mundo, non se lle pode negar o acceso á educación a ninguén.
Pero surxe unha cuestión formulada pola Popular
Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid.
"Si la educación es obligatoria y gratuita en una fase, a lo mejor no tiene que serlo en las demás"
A idea de voltar ó
pasado, como sempre, presente nos ideais do Partido Popular. Meu pai sempre di
que para o meu avó foi un orgullo que o seu fillo fora á universidade porque el
era obreiro, fillo de labrego, neto de labrego e bisneto de labrego; e sentíase
moi orgulloso de que o seu fillo puidera cambiar iso co seu esforzo e a súa
intelixencia.
Para o meu avó, á
universidade só podían permitirse ir os fillos dos ricos, porque non o podía
pagar calquera.
Seica agora a
dereita pretende voltar a esa época, onde aqueles con menos cartos teñen só a
oportunidade de ter unha educación basica sen poder acceder a ningún estudo
elevado porque non ten a capacidade de pagalo. Os dereitos que gañamos no
pasado, tremen agora e, o 20-N, no caso dunha vitoria do Partido Popular, serán
cortados de raíz desmontando o pouco que temos.
Porque, sexamos sinceros,
estamos nunha situación nefasta; pero aínda estamos a manter certas cousas.
Aínda temos sanidade e educación públicas. Aínda temos as prestacións por
desemprego, e os nosos funcionarios, viron reducido os seus soldos, como moito,
nun 10%.
Seguramente, en
poucas semanas, comezaremos a escoitar das bocas das señoras Cospedal e
Aguirre, ou das bocas dos señores Gonzalez Pons, ou Rajoy; que España esta como
Grecia, ou peor; que en Europa están a pensar en pegarnos a patada a nos e máis
a Portugal e líbranse de toda a morralla de golpe. Pero tranquilos, que se
gañan eles, imos ser os novos favoritos da Merkel. Vainos mandar avións con
millóns de euros e vaise levar ós parados…
O peor é que máis
dun o crerá, e daralle un voto de confianza a un equipo; porque ó final é o que
conta, xa que o presidente é sinxelamente, a cabeza do equipo que está a
gobernar; cuxo curriculum é ben visible en aquelas comunidades autónomas onde
levan a gobernar tempo:
-
Corrupción (Comunidad Valenciana)
-
Recortes en Educación (Galicia,
Madrid, Castilla La Mancha)
-
Inicios de privatización da
Sanidade Pública (Galicia, Madrid, Castilla La Mancha)
-
Impago farmacéutico (Castilla LaMancha)
-
Desaparición da financiación para
a lei de Dependencia (Galicia)
- Anteproxecto da lei da Familia (Galicia)
- Mentiras en canto á creación de emprego (Galicia)
-
Ataques contra a lingua propia da
Comunidade Autónoma (Galicia)
-
Intencionalidade de eliminar as
leis do Matrimonio Homosexual e do Aborto (Nivel nacional)
Agora comeza a
reflexionar. Tes ate o 20 de Novembro para decidir o que vas a votar. E cada
vez que reflexiones sobre isto, ten presente, que na túa papeleta, vai o teu
futuro, van os teus dereitos, e ante todo, vai o teu consentimento, para que se
ese partido gaña, leve a cabo as medidas que el conveña apropiadas.
Que non te coman o
tarro, que non che colen mentiras; reflexiona, sabes que o enriba escrito non é
máis que unha parte da historia, a que eu quérote contar. Busca as outras
partes, porque hai moitas partes, non so dúas, e reflexiona, tes tempo; pero
ten en conta que esta decisión é verdadeiramente importante.
Unha vez máis,
grazas polo voso tempo, saúde e república!
No hay comentarios:
Publicar un comentario