lunes, 17 de octubre de 2011

Puntos de vista.


Todo nesta vida ten distintos puntos de vista, é obvio que cada un ten os seus gustos e as súas preferencias e as súas opinións. Ó que me quero referir con isto é a que a diversidade, dende a miña opinión é sumamente necesaria no mundo; pero a diversidade ten que ir acompañada da verdade.

Explícome, creo que aquelas persoas con pensamentos diferentes teñen que expresalos e defendelos, para que os demais podan decidir se os comparten ou non. Pero cando falamos de política, sempre hai quen prefire empregar unha máscara para ocultar as súas ideas de verdade e intentar vender ós votantes outras ideas que en realidade, non son as súas.

É moi sinxelo, ninguén votaría a un político que afirmase que vai a acabar coa raza asiática, ou polo menos case ninguén, pero ¿que pasaría se o político ou a política que opina isto decidise mantelo oculto durante a súa campaña e ó chegar o poder? Obviamente este político remataría levando a cabo a súa política racista, mentres que os seus votantes non a apoiaron.

Iso é o que está a facer o señor Mariano Rajoy, candidato polo Partido Popular; mentres el continua a calar ou a dicir pouco, estáselle a descubrir o pastel. En ningún momento o Partido Popular deu a cara dicindo de fronte que apoia a privatización da educación e da sanidade pública. Pero é certo, nas Comunidades Autónomas nas que está a gobernar, xa non dende as últimas eleccións autonómicas, se non en comunidades nas que xa leva gobernando dous anos como pode ser Galicia, ou Madrid na que levan gobernando dende 1995, os seus gobernos están a levar a cabo constantes ataques contra estes sectores, como todo o mundo pode comprobar nos medios de Comunicación, dende recortes nos presupostos ata redución de camas e profesionais en ambos ámbitos.

Agardo que con esta breve reflexión todos comecemos a reflexionar sobre que pode pasar se permitimos que o Partido Popular gañe as próximas eleccións.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!

No hay comentarios: