martes, 18 de octubre de 2011

Adeus ó Conflito Español?


Un coñecido meu, residente en Bilbao díxome unha vez falando do coñecido conflito vasco que el consideraba que non existía ningún conflito vasco, se non que existe un conflito español. O Estado nunca quixo escoitar de verdade ó pobo vasco e por moitas treguas que houbo coa banda terrorista ETA, en ningunha dela ningún dos partidos políticos quixo ceder de verdade, en parte tamén polas reticencias da banda.

Por primeira vez este Luns comezouse un verdadeiro intento, real e posiblemente efectivo, cuns mediadores internacionais expertos no tema, e co que é máis importante aínda, co apoio dunha parte moi maioritaria en Euskadi e ata o de agora desprezada historicamente, a esquerda abertzale.

Ó parecer achegámonos a un novo panorama, o cal preséntase como unha etapa sen violencia na que, polo menos dende a miña humilde opinión, imos ter que escoitar e respectar o que o pobo vasco diga.

Por desgraza, a dereita representada polo Partido Popular, xa está a atacar este proceso co que se finalizaría a violencia, demostrando o seu pouco interés en que remate esta masacre que xa se levou por diante a máis de 300 vítimas, se non pode sacar de ela un beneficio electoral. Só hai que ver a portada coa que aparecía hoxe o xornal ABC nos quioscos de toda España.

Agora é o momento de comezar esta andaina, xuntos e dende o respeto, e o 20N tamén vai ter moitísima relevancia nisto, se o Partido Popular sae elixido para gobernar, decidirá que o goberno non ten nada que ceder contra os que eles consideran que non teñen nin motivo nin razón para defender os seus ideais.

Isto non xustifica a violencia de ETA nin nada semellante; con isto o único que quero dicir é que como en todo proceso de paz, as dúas partes teñen que ceder e chegar a un consenso que xere unha situación de normalidade e na que se respecte a todas as ideas e posicións.

O PSOE xa comezou este proxecto e considero que esta completamente capacitado para levar a cabo unha transición na coa que todos podemos gañar, xa non falemos dos meus soños cos cales remato sempre as miñas entradas, pero si que o considero un bo partido para manter os intereses de Euskadi e España chegando a un consenso.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!

No hay comentarios: