Hoxe non é un día para facer análise político, o análise político
faise día a día, non serve de nada dicirlle á xente o que pasou, ela o sabe
mellor que ninguén porque é ela quen o nota nas súas propias carnes.
Hoxe é un día para reflexionar, e obviamente non o podo negar,
persoalmente, o ano 2011 no seu ámbito político para min foi nefasto. Dúas
derrotas de dúas campañas, dúas maiorías absolutas da dereita...
Pero dende un plano persoal, considero que o ano 2011 aportoume as
mellores experiencias políticas da miña vida, e atrévome a dicilo con 19 anos
porque son estas, as experiencias no momento no que me estou a comezar a
formar, as que me van a marcar no futuro.
Sei que vai soar prepotente, pero hai un ano o feito de darlle a man a
un político de, por así chamalo, alta gama, era coma un agasallo de Nadal,
facíame moita ilusión e as pernas non paraban de tremerme.
Despois de agarrar a Rubalcaba e pouco máis obrigalo a que se pare
para que se saque unha foto contigo e os teus compañeiros, como que é esa
sensación de que xa hai confianza, que xa estas a falar cun compañeiro máis, e
decataste de que en realidade ten que ser así, un compañeiro máis.
Despois de facer máis de 2500 km durante a campaña, de durmir pouco e
menos que pouco, despois de que o equipo de seguridade de campaña odiase as
nosas caras, despois de pelear polo que queremos, a verdade, asumir que por
moito que traballes sempre podes perder, foi unha boa lección. Doeu, non o podo
negar, pero creo que máis nos vai a doer aguantar os anos que veñan de goberno
do Partido Popular.
Pero hoxe non é o día de falar disto, hoxe é o día de agradecer, a
todas aquelas persoas que estiveron comigo, que decidiron tamén durmir pouco e
facer moitos quilómetros, pegar moitos carteis, a todos aqueles compañeiros e
compañeiras, todas esas caras que forman parte dese “collage-mental” das campañas
que forma o meu cerebro. Grazas porque como socialistas sabemos que o traballo
individual non serve de nada, se non traballasemos todos xuntos en grupo, non
se levaría nada a cabo.
Pero o agradecemento ós compañeiros é, alomenos para min, o menos
importante. Eles están aí pola mesma razón ca min, e sei que o disfrutaron
tanto coma min.
O agradecemento realmente importante é o de todas aquelas persoas, que
cada vez que chegaba á casa, á facultade, a unha cafetería, a calquera hora,
collía e me aguantaba que seguira coa chapa posta dándolles a bara. A todas
aquelas persoas que estiveron para que eu puidera estoupar un pouco e tamén
para cambiar de tema, elas e eles saben quenes son.
Non me podo esquecer dos meus mecenas, grazas papa e mama por aturar
que Martín antepoña as súas ideas ós vosos cartos, agardo compracervos en
Xaneiro.
É xa si, rematase o ano e con el remato esta última entrada, agardo
que o 2012 sexa un ano, alomenos, tan bo como o 2011, se pode ser mellor, pero
xa se sabe, a tragar co votado.
Os meus mellores desexos para todas e todos vós.
Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república! (Hai que
aproveitar agora que Urdangarin fixo das súas!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario