Dende logo é o que se me ven á cabeza cada vez
que nestos últimos días vexo un telexornal ou leo un xornal. Señoras e señores,
Europa está máis que nunca en mans dunha dereita nacionalista que non quere
pensar polo beneficio común, se non que está a pensar polo beneficio propio, ou
se eles sos non poden, o beneficio do seu selecto club de amigos.
O que máis me doe, e o que máis me ofende, é
que esta xente non ten respeto por absolutamente nada. O feito de que se fale
dunha refundación da Unión Europea é cando menos, insultante.
Esta xente está disposta a rematar co concepto
de Unión Europea que coñecemos para crear un novo ó seu gusto, un novo onde o
único valor existente sexa o económico.
Queda demostrado con ler moi por enriba o
tratado de Maastrich de 1992, a moeda única foi levada a cabo, beneficiando a
todos pero en maior medida a algúns claro esta, pero pola contra, nunca se
chegou a definir unha política de defensa común, algo que non convence ás
grandes potencias xa que estarían a perder parte do seu compoñente nacional, tendo
como resultado, por exemplo, a entrada de España e Reino Unido na guerra de
Irak.
Hoxe viuse como Barroso e Rajoy falaban sobre
que Obama nos Estados Unidos estaba levando una política contraria á que se
esta a levar en Europa, incentivar o consumo por enriba da contención do gasto
público, solución que eles vían “completamente inapropiada” para Europa. Os
gobernos que lideran a inmensa maioría dos países de Europa optan por unha
redución do gasto social, coa escusa de que así non terán que subir os impostos
o cal “é prexudicial para a poboación”.
Nada disto señores, para quen é máis prexudicial
pagar máis impostos é para quen máis ten, pero para a inmensa maioría da
poboación, o que si que é prexudicial é perder todos os servizos públicos que
se sustentan con ese gasto social que tan necesario ven reducir, e din sen
complexos, maquillándoo un pouco porque non son capaces de ser sinceros, que
estes servizos públicos son inviables e insostibles.
Isto é a gran mentira desta crise, nos queren
convencer de que non temos dereito á Sanidade e á Educación Pública que leva
instaurada no noso Estado dende os gobernos de Felipe González. Non señores, as
cousas non son así, si que nos podemos permitir manter as cousas que son
fundamentais para a maioría da poboación; pódese recortar antes eliminando as
deputacións, reducindo presuposto militar…
O que non podemos permitir é que uns
poucos queiran sacar negocio do que é de todos, e aínda por riba, cando temos
un sistema tan bo como o que temos, independentemente da súa taxa de éxito
escolar ou das listas de espera, temos un sistema que nos admite a todos,
sexamos como sexamos, teñamos os cartos que teñamos, e nos trata por igual.
Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e
república!
No hay comentarios:
Publicar un comentario