martes, 20 de noviembre de 2012

Non teño palabras. // I have no words.


O seguinte texto, escrito en inglés, é a carta de denuncia que enviei a distintos xornais suecos, á propia compañía naviera e á Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA) despois do acontecido, e do que fun testigo, nun dos barcos da dita compañía. Agardo que vos chegue á alma e vos faga reflexionar sobre que algo, máis que a economía, está a fallar no mundo enteiro. Grazas polo voso tempo.

The next article is a letter of complaint that I sent to different swedish journals, to the shipping company and to the Fundamental Rights Agency of UE after what happened in one of the ships of this company. I hope you get the soul and it makes you think about something more than economy is failling in all the World. Thanks for your time.

My name is Martin, I’m 20 years old and I’m from Spain. I was a user of the Tallink Silja line Stockholm – Helsinki – Stockholm last Thursday the 17th of November when an unfortunate incident happened in this boat between midnight and 4:00 A.M. in the morning.
 Like usual, there was quite a big group of young people using the boat this night; a few minutes after midnight I was in one of the smoking areas enabled in the boat with other people, when one of them, that I’m going to call James so as to not use his real name. James was with us, doing the same things as us.
 I had just met James a few minutes before and we were having a casual conversation. At this time, a group of three finish boys appeared. They were older than us. After looking at us for a few minutes, they called James over, saying they had to ask him a question.
 As I said, I had just met James so I didn’t know what was really happening and at the same time they were speaking in finish, so I couldn’t understand the conversation, but I started to see how the situation began to be uncomfortable for James and how these boys started to provoke and harass James. Luckily for me, I was with other Finnish people that understood the situation and told me that they were insulting and lashing James.
 I decided to try to stop the situation, talking with the only one of the three that would answer me when I asked him what was happening, and trying to calm them I said that I think that was enough and saying that all of us were young and we were there having fun and maybe there was a mistake but I was totally sure that my friend didn’t want to offend them.
After my words, the leader of the three boys just turned, looked at me, and said: “You should shut up or we are going to do with you the same as we are going to do with him.” Two seconds after he starts hitting James. 
Just in this moment, me and one of the girls that was with me and James in the smoking area ran to the hall to ask information for the security of the boat. The woman that was working there called the security immediately. The girl that was with me just come back to the place where the fight was happening but I tried to explain to the woman that I wanted to sign in somewhere that this was happening, and that I was witness, something usual for making the court proceedings easier; she denied my suggestion and she only repeated to me “Go down stairs and talk with security.” 
When I arrived down stairs the security was there, the fight was stopped in this moment and James, who was bleeding after the beating, was again with our group of people. I started to talk with the security of the boat telling them that I had called them and that I wanted to record in the pertinent document what happened there a few minutes before. He never answered me even I was repeating the same thing three or four times and a Finnish boy that was with me in this moment explain to him in Finnish what I was trying to say, of course he didn’t answer him either. 
When the security left, they took only two of the Finnish boys that were harassing James (in that moment I thought that arrested). A few minutes later, the third one came with more friends (boys and girls) to intimidate us and say to us that they will be outside of the boat the day after. 
Nothing happened until one hour later, when we decided to go to the last floor where the nightclub of the boat is. After being there quite some time, suddenly all the boys of the fight appeared again. We tried to hide so that they didn’t see us, but it was impossible because they were trying to find James. When they found him they started to insult him and say that tomorrow they will be waiting for us outside of the boat, and if the police where there the problems would be worse. 
After this situation, we went again to talk with the security and his answer was “The best idea is that you go to your cabin right now.” The morning after nothing happened. 
James is a black boy, and the three boys that hit him were skinheads. The police never came, of course James preferred this because he lives in Finland and this can create problems for him. James is Finnish, he was adopted by a family who gives to him the opportunity of life in the “developed world”, and if this never happens, for me he would be really lucky. 
This story is totally real, I’m 100% sure that the security cameras that there are in the boat recorded most of the parts of this story, there are witness that were there in the moment of the fight, in the nightclub, and in the conversations that I wrote here. 
I’m sure that if the decision is of the company, nothing is going to happen. For they and their business this is nothing, if an idiot like me doesn’t decide to tell this story, then nobody is going to know that their boats are not secure, that if something happen there, the laws of the strongest is the only law that works, and even in the information papers, there are warnings that the person who generates some prejudice in his boat will be arrested by the security of the boat and this will be made known to the authorities. We can now see how this is just a lie. 
The costs of having an area for this kind of problems, the cost of a really effective security, and the costs and time of doing all the paperwork… This will make their business unprofitable, and of course, the life of people and the rights of them is not important if they continue earning money regardless. 
I suppose that nothing is going to happen, but I must try; I’m going to try to do all that is in my hands for it. This story is going to be sent to some newspapers and to the European Union Agency for Fundamental Rights. 
Hopefully, with some luck, this is the last story about this that can be counted.

martes, 30 de octubre de 2012

Reflexións.


Collo isto de novo, despois de telo abandoado por distintos motivos, e comezar un novo proxecto, no cal non pretendo seguir o mesmo tipo de entradas que neste blogue (para aqueles que queirades malo sera e se non que chova ), pero hoxe preciso de tempo e espazo para plasmar aquí o que quero dicir.

Coma sempre isto é unha opinión persoal; e a miña opinión persoal é miña e a discutirei comigo mesmo nos meus monólogos internos (que teño moitas horas de tren para pensar nesta cidade). Calquera que se sinta ofendido ou atacado recoméndolle que revise a súa visión crítica, porque é un texto escrito totalmente pensando única a exclusivamente en algo que quero dunha maneira moi forte; o Partido dos Socialistas de Galicia.

Vou ser claro e conciso, non teño compromiso con ninguén máis que comigo mesmo, e é por iso polo que podo ser sincero sen ter medo a equivocarme, porque sei que se me equivoco, o estarei facendo dende o corazón e iso é positivo, porque quen non se equivoca, non aprende.

O día 21 de Outubro como todos e todas sabedes, votouse en Galicia, o análise dos resultados xa está máis que elaborado e non hai nada máis que rañar polo medio, abstención, ruptura de voto, reaparición de Beiras, descalabro no PSdeG e no BNG; resultado: 4 anos máis de longa noite de pedra.

É obvio que hai un motivo, neste caso e dende o meu punto de vista hai máis dun motivo.

É obvio que o PSOE, despois dos últimos tres anos e pico de goberno Zapatero viuse tocado, a sociedade ve nas nosas letras, na nosa rosa e no noso puño, unha mala xestión da crise, unha xirada de cara á sociedade poñéndolle a meixela á Unión Europea. Iso é o que ve a sociedade.

Na miña humilde opinión, aquí atopámonos cun dos maiores problemas do Partido Socialista, non sabemos contar as cousas; non sabemos lanzar mensaxes, non sabemos ser transparentes e sobre todo, non sabemos como facer para que a xente nos escoite.

A mensaxe sinxela é que Zapatero vendeuse a Merkel. A mensaxe que non soubemos mandar é que temos unhas condicións que cumprir por estar dentro da Unión Europea, e que se estivemos na Unión Europea para ás boas, temos que saber estar para as malas; somos adultos e temos que ser responsables.

É certo que se fixeron cousas mal; non se pode lanzar unha mensaxe á sociedade de que a Constitución é un documento inalterable e despois modificalo daquela maneira. Somos socialistas e iso ten que estar por enriba de todo, pero volvemos ó mesmo de antes, non sabemos comunicar e non saberíamos como explicar porque queremos reformalo, que vai supoñer reformalo e que vai pasar se non o reformamos.

Polo tanto, primeiro problema; Comunicación Política. O PSdeG precisa urxentemente dunha reformulación do seu modo de lanzar mensaxes; dende todos os ámbitos, dende a elite ata as bases. Unha reformulación baseada nas canles internas do partido que se establezan para o facelo.

Outro dos motivos que podo atopar que sexan motivo do descalabro electoral é claramente a imaxe do partido, do partido en xeral. Non podemos negar que ante a pregunta, "como definirías ó PSdeG?" atoparemos unha resposta maioritaria de "partido de centro". Calquera militante do PSdeG negaría rotundamente que sexamos un partido de centro, porque é a realidade, as bases do PSdeG son de esquerdas, pouco menos de esquerdas que un militante de Esquerda Unida. O problema neste caso, o comportamento político do partido non se correspondeu coas opinión da militancia. Por que? A resposta sinxela (a cal non comparto), a dirección do Partido e o grupo parlamentario non son representativos da militancia. MENTIRA. A dirección do Partido sae elixida pola maioría dos votos da militancia mediante un sistema representativo (non perfecto obviamente pero é moi idiota crer na perfección dunha maneira diferente á dun obxectivo á alcanzar e polo que traballar día a día). O grupo parlamentario é o resultado da elaboración dunhas listas que comeza coas asembleas locais nas cales todos os militantes teñen voz e voto, e despois deste proceso é modificada e adaptada polo candidato/candidatos o cal é totalmente lóxico porque, por se alguén non se decata, o que hai que facer é un equipo de traballo que vaia a traballar e non a trapichear polos despachos do Hórreo.

Na miña opinión o que falla aquí é a inexistencia de canles de comunicación directa entre a militancia e o grupo parlamentario e a dirección do Partido. É, ó meu parecer lóxico e necesario, que se creen vías polas cales a militancia sexa escoitada e o grupo parlamentario vexase comprometido a levar a cabo as súas actuacións dentro das liñas marcadas pola militancia. É a única forma de reformular un partido cuxa militancia non se sinte representada.

Ó mesmo tempo, e como obxectivo fundamental; o PSdeG ten que reformularse. Un xiro cara á esquerda pero manténdose no canle da socialdemocracia. Non ten sentido intentar retornar ó punto no que abandoamos o marxismo, se o fixemos é porque o que queremos é seguir avanzando, cara diante coa cabeza erguida e sen medo ó futuro. O futuro do PSdeG pasa polo sendeiro de crear en Galicia políticas socialdemócratas de creación de riqueza, de aumentar o valor produtivo dos nosos bens, dunha banca pública, da mellora do ensino e da sanidade; e todo isto con outro factor fundamental que é noso, e un dos nosos signos de identidade e nolo están a roubar, somos galegos e galegas, somos galeguistas, sentímonos orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura, do noso país e temos que facelo saber.

Temos que lembrarlle á sociedade que apostamos por un sistema de Estado Federal; que queremos que as decisións que afectan a Galicia as tomemos nós, e as que nos afectan a todos as tomemos todos.

Non confiamos na independencia porque non queremos illarnos, queremos estar unidos, queremos formar parte dun proxecto europeo, que respecta ó medio ambiente, os dereitos das persoas, a igualdade, a xustiza e no que todos e todas contan, sexan como sexan e teñan os cartos que teñan na carteira.

Temos unha oportunidade magnífica neste tempo, aínda que todo pode parecer negro, en realidade é o momento. É o momento de erguernos e tirar para arriba, con máis forza que nunca, para acabar con esta longa noite de pedra que está a sufrir a nosa terra.

Non creades a aqueles que din que estamos na peor das situacións e que de aquí so podemos tirar para arriba, non señoras e señores, aínda podemos ir a peor, como diría o meu pai "toda situación é susceptible de empeorar" (non sei porque lle ten tanto gusto a esa frase pero agora veume que ni pintada); e como non tomemos as rendas, todos xuntos, e tiremos na mesma dirección, ímonos á merda...

E xa para finalizar, só quero dicir, que isto non é un problema de líder, non é un problema de cara; é un problema de TODOS, é un problema do que critica e non constrúe, é un problema do que se queixa e non traballa, é un problema do que só traballa cando lle interesa e para quen lle interesa, é un problema dos que non queren ó Partido Socialista. Aquí non importa se se chama Emilio, Pachi ou Elena, aquí o que importa e que temos que estar todos xuntos, ó mesmo, tirando con forza para o mesmo lado, e se temos algo que dicir, o dicimos dentro, e se gañamos un congreso, xenial, e se o perdemos, mellor.

A crítica é moi boa, pero onde é moi boa é nas asembleas e nos Comités Nacionais, onde moitos e moitas o empregan de maneira destrutiva ou para lamer o cu de turno, no canto de erguerse e dicir "Compañeiros, compañeiras, temos que cambiar isto..." e unha vez fora, todos da man como unha marea vermella que inunde as rúas das nosas cidades, pobos e aldeas, falando coa xente e explicándolles quenes somos e a onde queremos ir.

Ese, sería un Partido Socialista ó que me gustaría afiliarme, ó que me gustaría votar e o que me gustaría defender; un Partido Socialista que pareza Sálvame Deluxe, por desgraza para min, será o partido no que teño que militar, porque as miñas ideas non mas sacan nin a paus.

Grazas polo voso tempo, saúde república!

miércoles, 25 de julio de 2012

Comunicación Política de Mariano and CO.


Os funcionarios son malos, porque cobran tódolos meses e non o pasan mal, por iso o Estado debe castigalos, porque levan moitos anos chupando do bote e son o verdadeiro cancro da nosa sociedade.

Xunto con eles, estudantes, enfermos e inmigrantes; poñen a puntilla para destruír a sociedade que coñecemos.

Os estudiantes non merecen nin ser chamados así porque non estudan e so se adican a saír de festa, consumir drogas, sentarse en prazas a manifestarse e pechar facultades en sinal de protesta.

Os enfermos son os máis vagos de todo o noso sistema, porque o único que buscan é encadear baixa laboral tras baixa laboral para poder cobrar do Estado sen facer nada, prexudicando aínda por riba ó pobre e desvalido empresario.

Por se isto fora pouco, centos de milleiros de estranxeiros, envexosos do poderío e a forza do noso gran país; veñen a destruílo dende dentro, boicoteando os nosos servizos públicos, roubándonos os empregos e baixando a calidade da ensinanza pública na que matriculan ós seus fillos os cales son inferiores ós nosos.

Ademais, temos demasiados políticos, que non fan nada, durmen nos seus cómodos sillóns ríndose dos contribuíntes. Temos máis concelleiros que Alemaña, coa metade da poboación e unha barbaridade de deputados autonómicos que non serven para nada.

Estas mensaxes, menos ironizadas, son as que o Partido Popular, con conta gotas vai soltando á sociedade. Mensaxes cheas de clichés e prexuízos, de tópicos irreais, de casos excepcionais que transcenden ó resto da poboación como se da máis contaxiosa das enfermidades se tratara.

A última é arriscada, porque van contra eles mesmos. Agora resulta que hai moitos políticos, sobran os políticos. Non vos quedades desconcertados? Como un político dicindo que sobra el mesmo? Que cousas máis rara non?

É pura matemática, e das sinxelas, tan sinxela que ata eu, que son negado para elas, o vin de lonxe. A menor número de deputados menor representatividade nos parlamentos polo tanto máis doado que eles acaden maiorías absolutas. Nun momento no que aínda que eles estean no goberno e tomando medidas antipopulares, o voto da sociedade estase a fragmentar coa aparición de novos partidos que en comunidades autónomas como Galicia, ven case imposible superar o 5% esixido pola lei electoral para poder acadar un escano no Parlamento.

Onte no xornal El País, na noticia na que se trataba a proposición do presidente da Xunta de Galicia para reducir o número de parlamentarios púñase un exemplo de manual para entender o que está a pasar realmente.

“Tres días después de lanzar la propuesta, ningún dirigente popular ha cuantificado el ahorro que conlleva, aunque basta multiplicar el sueldo de un diputado (80.700 euros brutos anuales) por los 14 que se pretenden suprimir para concluir que rondaría el millón de euros, un importe similar al que la Consellería de Industria invirtió la pasada semana en una campaña publicitaria para “transmitir optimismo en la economía gallega”.”

Un millón de euros para unha campaña de publicidade? Creo que non paga a pena nin que me poña a citar exemplos de onde podemos empregar ese millón de euros, nin o que é para min isto porque é obvio que todos sentimos o mesmo ó ver isto. Noxo, vergoña e polo menos eu, ganas de cambiar isto e o mundo en xeral.

Sen máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!

lunes, 18 de junio de 2012

Ate aquí chegamos.


Nin un paso máis, rematouse esta continua baixada de pantalóns, nin mercados nin parvadas varias. Non podemos seguir camiñando nesta dirección.

Debo de recoñecer que eu defendín e defendo unha clara postura europeísta, porque confío no proxecto da Unión Europea, dunha Unión Europea que pula por unha unión dos pobos no marco da creación dunha potencia hexemónica.

Pero é que esta Europa xa non está nin en segundo plano, a gran señora Alemaña, agora con menos apoio por parte de Francia pero aínda están aí, impón as normas de euro, demostrando unha vez máis que para ela o único papel que non se molla é o dos billetes; os tratados, os proxectos culturais, os proxectos de desenrolo... milleiros e milleiros de páxinas que de golpe e porrazo, deixan de ter o menor significado, todo porque a cidadanía dun país escolleu, lexitimamente nunhas eleccións democráticas, a uns representantes anti-europeístas.

Ate aquí perfecto, o problema nace cando estes representantes que se queren cargar a Europa que coñecemos; da noite á mañá, impoñen a dominación do seu Estado por enriba dos 26 restantes e o fai da única forma que pode, a golpe de talonario.

Nada novo baixo o sol ate aquí, pero unha vez chegados a este punto, non vai sendo hora de dar un portazo e dicir que non? Dicir que se acabou, que non hai que cumprir o que un quere, se non o que queren a maioría dos 27.

E isto ten que comezar a saír nas mensaxes que os partidos da Internacional Socialista lanzan cara a sociedade Europea.

De verdade que algún militante do PSOE aprobaría un goberno de coalición (aínda que vaia disfrazado co termo salvación) co Partido Popular?

Nin de broma. E que significaría vendernos directamente, sería darlles a razón a aqueles que nos levan anos gritando que somos o mesmo.

Non somos o mesmo, e ningún partido socialista debería de estar disposto a pasar por este aro. O momento da revolución está cada vez máis cerca, e se os partidos socialistas non aproveitan este momento, non dan un xiro radical á esquerda ós seus temóns, os barcos que son cada un deles, romperán á metade. A situación política que estaban a levar a cabo nos últimos tempos, nos cales a sociedade centralizouse a quedouse estancada na similitude ideolóxica, estase a rematar. Os movementos extremistas están a resurxir con forza e a palabra radical cada vez ten menos connotación negativa para un maior porcentaxe da poboación.

É hora de voltar ás orixes, é hora de aprender dos erros do pasado, é a hora da socialdemocracia radicalizada á esquerda.

Grazas polo voso tempo, saúde e república!

domingo, 27 de mayo de 2012

De como desfogar nun intre...


Síntoo moito, non podo máis; hai cousas que me rebentan por dentro, e mira ti por onde, este é o meu blogue e podo empregalo da forma que me dea a gana, non lle teño que dar explicacións a ninguén, así que hoxe vaime servir de vía de escape.

Hoxe, como día normal que é, morreu xente, morreu xente por motivos inxustos, por guerras e conflitos que non teñen razón de si, ou que sí a teñen,  como pode ser a reclama de dereitos e liberdades por parte dun pobo que se atopa nunha situación de desesperación onde a única saída que atopan é a loita violenta.

E por que digo que é un día normal? Porque isto señoras e señores, pasa tódolos días, isto non é unha catástrofe que pasa só un día do ano, pero é o que ten este mundo onde as redes sociais son tan importantes e onde poñer o teu tweet ou a túa opinión en Facebook sobre os titulares dos medios de comunicación do día é fundamental.

Non lles vou facer publicidade, non penso dicir os seus nomes, é máis, seguramente eles sexan tan importantes que non vaian a ler nunca estas liñas, aínda que despois se lles encherá a boca dicindo “compañeiros”, “somos todos iguais”, “estou aquí para escoitar as túas ideas”. Pero é o que ten, son a clase política que temos, e que algúns, utópicos lles gusta chamarnos a máis dun, pretendemos aniquilar, e sí, non me arrepinto de empregar a palabra aniquilar, porque é o que temos que facer, rematar cos políticos que se preocupan de quedar ben, de vender premisas prefabricadas e de só mollarse para salvar o seu cu.

Tampouco fai falla publicar tódolos días que tes en mente e sabes o que esta a pasar en tantos lugares do mundo, porque quero facer fincapé en que hoxe foi Siria, pero tamén está a morrer xente no Tíbet, vulnéranse os dereitos humanos no Magreb, en Oriente Medio, China, en parte de América Latina e nunha morea de lugares máis.

Só dicir, que se de verdade vos da pena, se de verdade vos importa máis que o valor ínfimo que ten un tweet, ou dez tweets nos que mostrades a vosa indignación, que fagades algo.

Creo que hoxe non dixen nin unha soa palabra sobre a noticia da masacre siria, pero teño a conciencia moi tranquila, porque sei que dentro das miñas posibilidades estou a facer todo o que podo para evitar que pase, e non preciso que todo o mundo o saiba.

Xa para rematar, gustaríame compartir con vós a que podemos dicir que é a premisa que fai que me mova polo que creo. Unha vez un home moi sabio, creo que o máis sabio que coñezo, me dixo unha cousa: “A única forma de cambiar as cousas que non che gustan, é cambiándoas ti; e a única forma que tes ti de cambiar as cousas, e traballando arreo por elo.” Por iso, e porque sei que só un non pode facer nada, quero darlle as grazas a toda esa xente que está a moverse e a darlle voltas á cabeza intentando sacar adiante esta loucura maquiavélica e controvertida que un día saíu de non sei moi ben onde.

Pensemos coño! Que pode que a primeira media hora saía un pouquiño de fume, pero non vos preocupedes, se prende lume, será dese lume necesario, o lume que prende as mechas da revolución.

miércoles, 25 de abril de 2012

Reflexións: A vara máxica e os berros dos nenos.


Enganaron ós nosos maiores, e ós que non son tan maiores. Souberon vender a súa verdade, souberon convencer, non a moitos, pero si ós suficientes como para conseguir a maioría absoluta, e agora cada mañá, ó abrir o xornal, tirámonos dos pelos.

Enganaron ós nosos maiores dicíndolles que eles ían a subirlles as pensións, e o final tiveron que enviarlles unha carta pedíndolles perdón por subirlles os impostos.

Enganaron ós non tan mozos dicíndolles que eles tiñan a receita máxica, que lla vendera unha tal meiga Merkel e que con iso e a vara máxica de Rajoy estaba todo arranxado. Do que non se lembraban e de que aquela mesma vara era coa que Feijoo prometera acabar coa crise en Galicia en 45 días…

Nas últimas semanas, os nosos gobernantes, os que teñen o valor e a coraxe para levar o rumbo do noso barco, informáronos dun recorte de 10.000 millóns de euros mediante unha nota de prensa, o noso presidente do goberno non contestou ás preguntas dos periodistas e os evitou saíndo pola porta de atrás; comezaron a carga contra os piares, ate o de agora intocables, do Estado do Benestar, dinamitando os primeiros cartuchos de TNT que estiveron a colocar; na columna da Educación Pública, a subida das taxas universitarias de forma desmesurada, a revisión do sistema universitario español e a ameaza de eliminación daquelas carreiras que non teñan un mínimo de alumnos para que sexa máis ou menos rentable.

Pola banda da sanidade pública, despois dunha marabillosa revisión sobre os fármacos, onde primou a lóxica por enriba de todo razoamento e decidiron que era mellor pagar que dar a dose exacta de medicamento ó paciente de maneira gratuíta, evitando o despilfarro ó mesmo tempo que practicamos ecoloxía que a todos nos viría moi ben; hoxe nos atopamos con que todos aqueles maiores de 26 anos que non cotizaran quedarán fora da cobertura da Seguridade Social, vamos, lóxica aplastante de todo, cun paro xuvenil maior do 50%, colles e deixas sen cobertura sanitaria a todos aqueles que non cotizaran nunca.

Seguimos cos argumentos de lóxica aplastante, todos aqueles mozos e mozas que decidan estudar unha carreira, que adiquen o seu esforzo en construír unha sociedade mellor formada e máis preparada, se non cotiza, o seu querido goberno do Partido Popular premiaralle deixándolle sen cobertura sanitaria, e de agasallo de benvida á universidade xa sabe, a matrícula de oferta a 1200€.

Pero a min a verdade é que estas cousas non me collen moito de sorpresa, e supoño que igual que a min á maioría da xente.

O que me colle de sorpresa é, por qué non estamos xa nas rúas?

Por qué non escoito á sociedade gritando que lle están a roubar?

E que xa lograron convencernos tamén de que estamos aquí para que nos apaleen e nos rouben os nosos dereitos?

Xa asumimos que voltamos ó medievo onde non se lle pode protestar ó señor feudal?

Foron capaces de facernos crer que o que estaba a pasar en Grecia é bandalismo, no canto de loita polos dereitos roubados por homes e mulleres que só se preocupan por ter máis cartos nos petos.

Conseguiron que miremos ós mozos e mozas de Londres como hooligans que saíron a destrozar a cidade en lugar de que son estudantes que saíron a berrar que o estado lles estaba prohibindo estudar nas universidades porque serían incapaces de pagar as matrículas.

E nós? Só imos ser capaces de sentarnos na praza?

Grazas polo voso tempo, saúde e república. 

sábado, 31 de marzo de 2012

E se lles dicimos que non?


E se lles dicimos que non? 
E se lles dicimos que non imos deixar de gastar nin un só céntimo? 
E se lles dicimos que ó contrario, que imos gastar máis? 
E máis, concretamente imos gastar máis en I+D+i e en Sanidade e Educación Pública. 
E se lles dicimos que en vez de facilitar o despido imos axudar a emprender? 
E se lles dicimos que imos premiar a aqueles empresarios que fan esforzos por manter ós seus traballadores no canto de botalos á rúa e contratar a outros novos porque así reciben axudas? 
E se lles dicimos que os que están equivocados, son eles?

Posiblemente escoitemos as súas gargalladas, pero o importante é que nós temos razón. Vivimos nun momento de desgracia para Europa. Os seus líderes, son incapaces de imitar ós seus predecesores, ós que lles deben en grandísima parte a grandeza dos seus países, os cales no pasado souberon ver que se cedían e deixaban que os seus países perderan un pouco, o esforzo os recompensaría no futuro.

Voces de grandes europeístas, dos pais dese gran proxecto que agora algúns estanse a cargar, o levan advertindo dende o comezo da crise, non pensemos en nós mesmos, pensemos en Europa, paga a pena.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!

martes, 27 de marzo de 2012

A revolución, o único camiño cara a utopía.


Nestes últimos días tiven a oportunidade de escoitar a dous dos homes máis influentes no meu pensamento político, o señor Xosé Manuel Beiras e o señor Felipe González.

E decateime de que sen que eu fora consciente; e sendo consciente de que sen que fose a súa intención; foron capaces de sementar en min unha idea que ambos comparten.

Ambos discursos xiraron ó redor dunha idea que esta moi presente na miña forma de ver a política, e máis que na miña forma de vela na miña forma de intentar facela, a revolución.

Dende o meu punto de vista, ten que ser a revolución a que mova o corazón de todas aquelas persoas que se consideran de esquerdas e que adícanse á política. Nos últimos anos, e en parte moi influído pola situación de crise económica que estamos a vivir, os partidos de esquerdas basean os seus discursos na xestión, en remarcar que eles xestionarían mellor os recursos públicos neste período que os seus competidores políticos, remarcando ese lema tan repetido por aquelas persoas que senten unha gran desafección política que di que “todos son iguais”. 

Obviamente a miña opinión como persoa que confía e que, na miña humilde medida, adícase á política, non é que todos sexamos iguais, para nada, temos moitas diferenzas, pero cometemos un erro ó non remarcar esta diferenza da que estaba a falar, o feito de que nós estamos aquí para revolucionar a realidade.

Nestes últimos días non parei de escoitar unha fermosísima cita de Eduardo Galeano que ó meu parecer representa perfectamente o que temos que facer todos aqueles que nos consideramos de esquerdas

“Ella está en el horizonte. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la alcanzaré. ¿Para que sirve la utopía? Para eso sirve: para caminar.”

Ten que ser o obxectivo primordial dos partidos de esquerdas gobernar para revolucionar. Estamos a estancarnos nun momento onde a dereita xa non é dereita, se non que estase a converter en ultradereita; e os partidos de esquerdas temos que demostrar que estamos á vangarda, á vangarda da innovación, da revolución.

Aínda que agardo que todas e todos entenderades cal é a miña idea da revolución, para non xerar confusións, obviamente estou a falar dunha revolución cuxa única arma sexa a palabra e cuxo único fin sexa camiñar cara esa utopía inalcanzable, que vaia deixando unha camiño de dereitos e igualdade para todas e todos, un camiño que é a nosa obriga abrir para que todas e todos podamos camiñar por el construíndo un mundo mellor.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo e agardo o voso “feedback” (os vosos comentarios e ideas) sobre como debe de ser esta revolución e cara onde temos que camiñar.

Saúde e república!

miércoles, 15 de febrero de 2012

A masacre laboral.


Nunca imaxinei que ó falar coa miña nai podería chegar a notar medo de perder o seu traballo na súa voz, e o Partido Popular o conseguiu con esta última “reforma laboral”.

É horrible ver como todo o mundo quedase en estado de shock, sen dar ningunha resposta a este atropelo atroz e bestial ós dereitos fundamentais de todos nos. Que nos pasa? Por qué estamos a deixar que acaben co froito de todos os anos de loita e esforzo de todos aqueles que decidiron erguerse por conseguir uns dereitos cos que todos acadamos a dignidade no ámbito laboral?

Paréceme insultante que o señor presidente do goberno teña a cara de dicir que el ten que gobernar para as persoas e que esta é a única reforma laboral que dará resultados. De verdade se cree que pode enganarnos e dicirnos que facendo que sexa máis doado o despido vai a ser máis fácil obter traballo?

Notables economistas poderían explicar aquí unha complicada ecuación que a resumidas contas redúcese en que se o empresario pode despedir máis facilmente terá menos medo a contratar e polo tanto contratará máis.

Pero eu non son economista, e con todo o meu respeto, non quero selo. Eu son socialista, porque penso nas persoas, e moi honradamente creo que esta reforma laboral non está pensada para as persoas.

Esta reforma laboral o único que facilita é a precariedade no ámbito laboral, facéndolle ó  empresario máis doado contratar e despedir á xente cando lle ven en gana, desmantelando así o importantísimo sistema de benestar baseado nas contribucións daquelas persoas que se atopan activas.

É dicir, o empresario ten máis fácil grazas a esta reforma laboral contratar a unha persoa catro meses, votala á rúa dous, volvela a contratar outros tres meses e despedila de novo os tres meses restantes do ano. O empresario así consegue un beneficio máximo xa que nas tempadas de menor número de ventas mantén a menos empregados e cando os precise os volverá a contratar. Estes empregados xa non contarán cunha renda fixa coa que poder levar a cabo un consumo continuado, os investimentos que estes queiran facer serán aínda máis difíciles de levar a diante xa que ó non ter unha renda fixa os bancos e caixas porán maiores impedimentos á hora de prestarlles cartos.

Cando alguén traballa está a dar unha parte dos seus ingresos ó que coñecemos como Seguridade Social, ese ente do goberno grazas ó cal mantemos servizos tan fundamentais coma a educación e sanidade públicas e o sistema de pensións.

Pois ben, se traballamos menos, gañamos menos, e polo tanto tamén contribuímos menos a esta Seguridade Social que non deixa de ser o Estado de Benestar que vela por nós e pola nosa saúde.

Agarda agarda agarda… Estas suxerindo que esta reforma laboral non só fai perder dereitos ós traballadores, se non que facilita as condicións ós empresarios e ó mesmo tempo axuda a desmantelar a sistema de benestar dándolles unha escusa para privatizar servizos públicos?

E ti? Que pensas? Comenta esta entrada e abramos un debate…