martes, 14 de diciembre de 2010

Hoxe non teño ganas de nada.

A verdade é que hoxe fixo un día bonito aquí en Santiago, pero despois de dous días bastante enfermo non tiven ganas de nada, por non ter non tiven ganas de ler a prensa nin de abrir o meu Twitter

Sacando estos últimos días (que non foron os mellores) ultimamente non teño queixa, o venres fun á sala Capitol en Santiago de Compostela ó concerto de Triangulo de Amor Bizarro e Los Punsetes. O sábado estiven a traballar cos compañeiros e compañeiras de Xuventudes Socialistas de Galicia de Ferrol no desenrolo da campaña electoral para as próximas eleccións municipais, un traballo que fago sumamente con gusto xa que a súa finalidade é traballar por acadar o mellor para a nosa cidade, porque unha cidade como Ferrol merecese polo menos outros 4 anos de goberno socialista, porque rematamos a praza de España con proxecto economicamente viable, sen necesidade de crear un edificio de 25 metros de altura e asumindo os cambios que xa se levaran a cabo por outros gobernos anteriores (isto é unha mensaxe pouco subliminar para todos aqueles que pensan que a mellor solución sería facer a praza igual que antes). Fomos o goberno que trouxo a grandes grupos ás nosas festas de forma gratuíta, o goberno que esta a traballar en mellorar as dúas grandes vías de Ferrol humanizándoas traballando para converter as estradas de Catabois e Castela en dous bulevares polos que poder camiñar tranquilamente no futuro (absterse de dicir nada todos aqueles que tenten empregar o argumento destrutivo de "e agora camiñamos entre estadas" (andamios para os que non entendan ben o marabilloso galego normativo). Sen máis novidade, moitas grazas por estar aí, saúde e república.

La verdad es que hoy hizo un día bonito aquí en Santiago, pero después de dos días bastante enfermo no tuve ganas de nada, por no tener no tuve ganas de leer la prensa ni de abrir mi Twitter

Sacando estos últimos días (que no fueron los mejores) últimamente no tengo queja, el viernes fui a la sala Capitol en Santiago de Compostela al concierto de Triangulo de Amor Bizarro y Los Punsetes. El sábado estuve trabajando con los compañeros y compañeras de Juventudes Socialistas de Galicia de Ferrol en el desarrollo de la campaña electoral para las próximas elecciones municipales, un trabajo que hago sumamente con gusto ya que su finalidad es trabajar por conseguir lo mejor para nuestra ciudad, porque una ciudad como Ferrol se merece por lo menos otros 4 años de gobierno socialista, porque terminamos la plaza de España con proyecto económicamente viable, sin necesidad de crear un edificio de 25 metros de altura y asumiendo los cambios que ya se habían llevado a cabo por otros gobiernos anteriores (esto es un mensaje poco subliminar para todos aquellos que piensan que la mejor solución sería hacer la plaza igual que antes). Fuimos el gobierno que trajo a grandes grupos a nuestras fiestas de forma gratuita, el gobierno que esta a trabajar en mejorar las dos grandes vías de Ferrol humanizándolas trabajando para convertir las carreteras de Catabois y Castilla en dos bulevares por los que poder caminar tranquilamente en el futuro (abstenerse de decir nada todos aquellos que intenten emplear el argumento destructivo de "y ahora caminamos entre andamios". Sin más novedad, muchas gracias por estar ahí, salud y república.

No hay comentarios: