martes, 14 de diciembre de 2010

Hoxe non teño ganas de nada.

A verdade é que hoxe fixo un día bonito aquí en Santiago, pero despois de dous días bastante enfermo non tiven ganas de nada, por non ter non tiven ganas de ler a prensa nin de abrir o meu Twitter

Sacando estos últimos días (que non foron os mellores) ultimamente non teño queixa, o venres fun á sala Capitol en Santiago de Compostela ó concerto de Triangulo de Amor Bizarro e Los Punsetes. O sábado estiven a traballar cos compañeiros e compañeiras de Xuventudes Socialistas de Galicia de Ferrol no desenrolo da campaña electoral para as próximas eleccións municipais, un traballo que fago sumamente con gusto xa que a súa finalidade é traballar por acadar o mellor para a nosa cidade, porque unha cidade como Ferrol merecese polo menos outros 4 anos de goberno socialista, porque rematamos a praza de España con proxecto economicamente viable, sen necesidade de crear un edificio de 25 metros de altura e asumindo os cambios que xa se levaran a cabo por outros gobernos anteriores (isto é unha mensaxe pouco subliminar para todos aqueles que pensan que a mellor solución sería facer a praza igual que antes). Fomos o goberno que trouxo a grandes grupos ás nosas festas de forma gratuíta, o goberno que esta a traballar en mellorar as dúas grandes vías de Ferrol humanizándoas traballando para converter as estradas de Catabois e Castela en dous bulevares polos que poder camiñar tranquilamente no futuro (absterse de dicir nada todos aqueles que tenten empregar o argumento destrutivo de "e agora camiñamos entre estadas" (andamios para os que non entendan ben o marabilloso galego normativo). Sen máis novidade, moitas grazas por estar aí, saúde e república.

La verdad es que hoy hizo un día bonito aquí en Santiago, pero después de dos días bastante enfermo no tuve ganas de nada, por no tener no tuve ganas de leer la prensa ni de abrir mi Twitter

Sacando estos últimos días (que no fueron los mejores) últimamente no tengo queja, el viernes fui a la sala Capitol en Santiago de Compostela al concierto de Triangulo de Amor Bizarro y Los Punsetes. El sábado estuve trabajando con los compañeros y compañeras de Juventudes Socialistas de Galicia de Ferrol en el desarrollo de la campaña electoral para las próximas elecciones municipales, un trabajo que hago sumamente con gusto ya que su finalidad es trabajar por conseguir lo mejor para nuestra ciudad, porque una ciudad como Ferrol se merece por lo menos otros 4 años de gobierno socialista, porque terminamos la plaza de España con proyecto económicamente viable, sin necesidad de crear un edificio de 25 metros de altura y asumiendo los cambios que ya se habían llevado a cabo por otros gobiernos anteriores (esto es un mensaje poco subliminar para todos aquellos que piensan que la mejor solución sería hacer la plaza igual que antes). Fuimos el gobierno que trajo a grandes grupos a nuestras fiestas de forma gratuita, el gobierno que esta a trabajar en mejorar las dos grandes vías de Ferrol humanizándolas trabajando para convertir las carreteras de Catabois y Castilla en dos bulevares por los que poder caminar tranquilamente en el futuro (abstenerse de decir nada todos aquellos que intenten emplear el argumento destructivo de "y ahora caminamos entre andamios". Sin más novedad, muchas gracias por estar ahí, salud y república.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras. Porque una imagen vale más que mil palabras.

 
E esta imaxe deberíanos de deixar sen palabras, miles de nenos e nenas están ó borde da desnutrición, e obviamente non vou dicir que somos uns privilexiados por poder comer todos os días, o problema e ese, é que todos os nenos e nenas teñen esa necesidade, ese dereito fundamental de poder crecer en perfecto estado de saúde, e iso non é so proporcionarlles vacinas e educación, é fundamental colaborar para proporcionarlles alimentos, e non ten porque ser facéndose socio de UNICEF (ONG que leva a cabo esta campaña) ou doutra ONG, simplemente cun pequeno donativo ou comprando un pequeno agasallo para algún amigo ou amiga e axudar ós máis desfavorecidos á vez que facemos un agasallo de Nadal. Pensádeo, por que non axudar a nenas e nenos que o están a pasar mal? É un xesto moi sinxelo, podédesvos achegar a unha tenda de UNICEF ou se preferides podedes mercalo por internet en a tenda de UNICEF. Unha vez máis, moitísimas grazas, saúde e república.
Y esta imagen nos debería dejar sin palabras, miles de de niños y niñas están al borde de la desnutrición, y obviamente no voy a decir que somos unos privilegiados por poder comer todos los días, el problema es ese, es que todos los niños y niñas tienen esa necesidad, ese derecho fundamental de poder crecer en perfecto estado de salud, y eso no es solo proporcionarles vacunas y educación, es fundamental colaborar para proporcionarles alimentos, y no tiene porque ser haciendose socio de UNICEF (ONG que lleva a cabo esta campaña) o de otra ONG, simplemente con un pequeño donativo o comprando un pequeño regalo para algún amigo o amiga y ayudar a los más defavorecidos a la vez que hacemos un regalo de Navidad. Pensarlo bien, por que ayudar a las niñas y los niños que están pasandolo mal? Es un gesto muy sencillo, podeis acercaros a una tienda de UNICEF o si lo preferis podeis comprarlo por internet en la tienda de UNICEF. Una vez más, muchísimas gracias, salud y república.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Aviones, controladores aereos y otras putas de cabaret.


Se algún dos que estades a empezar a ler esta entrada non sabes xa de que vou falar, podedes pasarvos pola facultade de Ciencias Políticas da USC calquera luns sobre a 1:30, achegarvos ao meu e dicirme, "Ola, son un dos poucos españois (ou españolas) que non se decata do que pasa ao seu arredor".
Todos somos conscientes, ben sexa porque iamos facer unha viaxe que se quedo en nada, ou ben porque realizamos esa viaxe doutro xeito bastante máis lento e incomoda que o avión, ou simplemente porque lemos un periódico ou visto un telexornal, ou talvez porque, tal e como é o meu caso, porque estabades a esperar a un dos vosos mellores amigos e de súpeto, co seu voo no medio do espazo aéreo español, os señores controladores (os cales esta última semana se quedaron sen amigos e aqueles que teñan familia seguramente cearán nunha mesa á parte esta Noitevella) deciden levantarse e deixar as torres de control baleiras. Despois disto; todos aqueles que pensaron que a folga xeral foi brutal pola cantidade de comercios e entidades bancarias que foron bloqueadas, ou os que pensamos que a folga xeral que sufriu o presidente da república francesa, onde tiveron lugar importantes disturbios en distintos lugares do país chegando a bloquear un importante número de refinarías; creo que cambiamos de opinión e vimos nestas folgas rapazadas, alguén é capaz de explicarme porque unha persoa cun soldo anual de 200.000 € aproximadamente, en cuxa responsabilidade están as vidas de 187 millóns de pasaxeiros (número de pasaxeiros que utilizaron as instalacións de AENA durante o 2009), a isto hai que sumarlle as vidas de todos aqueles voos internacionais que non aterran en España pero se utilizan o noso espazo aéreo para chegar ao seu destino, levántase da súa cadeira e deixa a todos os usuarios do espazo aéreo español tirados? Non é consciente do número de vidas que están nas súas mans? No caso do voo de Ryanair que tiña como destino Santiago de Compostela tiveron sorte de que o aeroporto de Porto continuaba aberto ao non pertencer ao espazo aéreo español, pero, que tería pasado se o avión fose en dirección Madrid? Cal tería sido a solución? Os aeroportos non españois máis próximos son os situados en Pau, Francia ou o de Porto, a uns 600 quilómetros cada un, Pode un avión que xa fixo 600 quilómetros dar a volta e dirixirse cara a un aeroporto no cal non contan coa súa chegada e posiblemente teña que esperar a que teña unha pista libre? Os controladores aéreos teñen dereito á folga ao igual que todos, pero son un servizo fundamental e cando xeran unha situación como a actual limitan o dereito á libre mobilidade polo territorio español. Non existe unha solución para este conflito, porque para empezar non debería de existir este conflito, o colectivo de controladores aéreos está consentido polo simple feito de que son fundamentais para a normalidade do espazo aéreo pero debemos recordar que existen controladores militares ademais da obriga de manter certos servizos mínimos que permitan manter uns mínimos de normalidade nos aeroportos sen que se cheguen a xerar as aglomeracións producidas estes últimos días. Sen máis, agradecervos a todos os que dedicades parte do voso tempo a ler este blog, desexarlles sorte a todos aqueles que teñan que voar nos próximos días, e como, non saúde e república.


Si alguno de los que estáis empezando a leer esta entrada no sabéis ya de que voy a hablar, podéis pasaros por la facultad de Ciencias Políticas de la USC cualquier lunes sobre la 1:30, acercaros a mi y decirme, “Hola, soy uno de los pocos españoles (o españolas) que no se entera de lo que pasa a su alrededor”.
Todos somos conscientes, bien sea porque íbamos a hacer un viaje que se quedo en nada, o bien porque hemos realizado ese viaje de otra manera bastante más lenta e incomoda que el avión, o simplemente porque hemos leído un periódico o visto un telediario, o tal vez porque, tal y como es mi caso, porque estabais esperando a uno de vuestros mejores amigos y de repente, con su vuelo en medio del espacio aéreo español, los señores controladores (los cuales esta última semana se han quedado sin amigos y aquellos que tengan familia seguramente cenarán en una mesa aparte esta Nochevieja) deciden levantarse y dejar las torres de control vacías. Después de esto; todos aquellos que pensaron que la huelga general fue brutal por la cantidad de comercios y entidades bancarias que fueron bloqueadas, o los que pensamos que la huelga general que sufrió el presidente de la república francesa, donde tuvieron lugar importantes disturbios en distintos lugares del país llegando a bloquear un importante número de refinerías; creo que hemos cambiado de opinión y hemos visto en estas huelgas chiquilladas, ¿alguien es capaz de explicarme porque una persona con un sueldo anual de 200.000€ aproximadamente, en cuya responsabilidad están las vidas de 187 millones de pasajeros (número de pasajeros que utilizaron las instalaciones de AENA durante el 2009), a esto hay que sumarle las vidas de todos aquellos vuelos internacionales que no aterrizan en España pero si utilizan nuestro espacio aéreo para llegar a su destino, se levanta de su silla y deja a todos los usuarios del espacio aéreo español tirados? ¿No es consciente del número de vidas que están en sus manos? En el caso del vuelo de Ryanair que tenía como destino Santiago de Compostela tuvieron suerte de que el aeropuerto de Oporto continuaba abierto al no pertenecer al espacio aéreo español, pero, ¿que habría pasado si el avión fuera en dirección Madrid? ¿Cuál habría sido la solución? Los aeropuertos no españoles más cercanos son los situados en Pau, Francia o el de Oporto, a unos 600 kilómetros cada uno, ¿Puede un avión que ya ha hecho 600 kilómetros dar la vuelta y dirigirse hacia un aeropuerto en el cual no cuentan con su llegada y posiblemente tenga que esperar a que tenga una pista libre? Los controladores aéreos tienen derecho a la huelga al igual que todos, pero son un servicio fundamental y cuando generan una situación como la actual limitan el derecho a la libre movilidad por el territorio español. No existe una solución para este conflicto, porque para empezar no debería de existir este conflicto, el colectivo de controladores aéreos está consentido por el simple hecho de que son fundamentales para la normalidad del espacio aéreo pero debemos recordar que existen controladores militares además de la obligación de mantener ciertos servicios mínimos que permitan mantener unos mínimos de normalidad en los aeropuertos sin que se lleguen a generar las aglomeraciones producidas estos últimos días. Sin más, agradeceros a todos los que dedicáis parte de vuestro tiempo a leer este blog, desearles suerte a todos aquellos que tengan que volar en los próximos días, y como no, salud y república.

martes, 30 de noviembre de 2010

Só son 32 céntimos ó día


Hoxe non vou a falar da situación de Corea do Norte, que continua a vivir nun ambiente de crispación e a ocupar as portadas dos nosos xornais e as cabeceiras dos telexornais, tampouco da lacra da violencia de xénero, tan presente na nosa sociedade e que continúa a engordar a súa lista de vítimas, tampouco vou falar do resultado das eleccións autonómicas catalás, tema candente no noso país e que xera unha situación política incomoda (polo menos na miña opinión) nunha comunidade autónoma de grandísima importancia como é Catalunya. Hoxe vou a falar dun tema que nos afecta a todos e a todas, un problema que só é noticia cando sucede unha catástrofe de grandísimas magnitudes, un problema dunhas magnitudes horribles, un problema que xera uns 9.000.000 de mortos, un problema que ten solución, un problema que non podemos permitir que se tape coma se non existira, é o problema da situación de millóns de nenas e nenos no mundo. Hoxe quero falar de UNICEF. UNICEF é a axencia das Nacións Unidas para garantir o cumprimento dos dereitos da infancia, uns dereitos que millóns de nenos e nenas non teñen debido á súa situación non poden disfrutar da súa infancia e gozar dos seus dereitos como o acceso libre á educación. Pero UNICEF non só traballa defendendo estes dereitos dos nenos e nenas, traballa tamén xerando infraestruturas que melloren a calidade de vida dos rapaces, leva a cabo programas de vacinación, axuda na creación de escolas, intenta previr o VIH, ten programas de protección do neno contra a violencia, a explotación e os malos tratos e promocionando políticas a favor dos dereitos do neno. Actualmente existen nas zonas máis pobres do mundo un enorme dispositivo de UNICEF que traballa diariamente para axudar ós máis débiles, ós nenos e ás nenas, nas situacións máis desfavorecidas. Atópanse en Haití, xa que eles non se esquecen de que alí continúan a estar nunha situación paupérrima e desesperada na que precisan toda a axuda posíbel, atópanse en moitísimos países de África loitando contra grandes problemas como a desnutrición ou enfermidades relacionadas coa inxesta de auga en mal estado. Atópanse tamén en distintos países de Asia como actualmente en Pakistan debido ás inundacións que están sufrindo.
Un grandísimo número de famosos colabora con UNICEF, Pau Gasol, Pele, Shakira, Tom Cruise… son colaboradores de UNICEF.
Obviamente dende aquí quero facer un chamamento á afiliación ou á donación a UNICEF. A afilición estándar son 10€ mensuais, 32 céntimos ó día, por eses 32 céntimos diarios, estarás axudando a millóns de nenas e nenos proporcionándolles alimentos, auga, vacinas, educación e posibilidades de desenvolverse dunha maneira segura e sen que ninguén abuse deles. Quero que quede claro que eu considero o Estado nos seus presupostos xerais debería de destinar como mínimo o 1,5% do PIB á financiación deste tipo de organizacións, pero aínda así todos nos podemos aportar o noso granito de area coa nosa aportación, porque como xa dixen antes, 32 céntimos ó día non é nada se sabes que estas a salvar a vida de nenos e nenas que o precisan. Unha vez máis despídome de vos, saúde e república!

jueves, 25 de noviembre de 2010

25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Josefa, Ivana, Juana María, Viktorya, Mayorie, Malina, Isabel, Isabel, Alla, Julia, Cristina, Teresa, Carmen, Silvia, Montserrat, Mª Victoria, Emma, Fátima, Vanessa, Mª Alejandra, Mª Isabel, Irene, Alicia, Antonia, Fatna, Ana, Guadalupe, Farida, María Dolores, Mercedes, Mónica, Inés, Rafaela, Felisa, Milagros, Andrea,  Emese, Zhour, Carmen, María del Carmen, Amelia, Mª Monserrat, Niscauris, Irmgard, Mª Belén, Damiana, Johana, Mª Rosa, Rocío, Sarah Marie, Rosario, Catalina, Fatiha, Rosa, Piedad, Saida, Sabrina, Mª Dolores, Carmen, Anne, Silvia, María, Lidia.
Nomes das 64 vítimas MORTAIS da violencia de xénero en España no ano 2010.
“Dejemos de ser espectadores de la violencia de género” (ANTENA 3 TELEVISIÓN, 2010)
“Al primer sintoma, corta de raíz”
(JUVENTUDES SOCIALISTAS DE ANDALUCIA, 2008)
“No se te ocurra ponerme la mano encima JAMÁS” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“Entre un hombre y una mujer, maltrato cero” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2009)
“Cuando maltratas a una mujer dejas de ser un hombre” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“Mamá, hazlo por nosotros, actúa”
(GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“De todas las mujeres que haya en mi vida, ninguna será menos que yo”
 (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2009)
“Saca tarjeta roja al maltratador”
(GOBIERNO DE ESPAÑA, 2010)

Hoxe, o día Internacional Contra a Violencia de Xénero, en España e a un mes de rematar este ano 2010, contamos con 64 vítimas de esta lacra social que sacude a nosa sociedade. 64 mulleres que perderon a súa vida en mans duns seres que non merecen ser chamados seres humanos. Un maltratador é un ser sen sentimentos que non entende que as mulleres son plenamente libres de facer o que elas queren, un maltratador é un despoxo social. Maila que nos últimos 8 anos o goberno socialista loitou duramente para intentar mellorar a situación deste colectivo, coa creación de leis, o Ministerio de Igualdade, a xeración de campañas de concienciación, a creación do número de asistencia gratuíta 016 que non deixa rastro na factura de telefono continuamos a ver continuamente nos medios de comunicación que continúan a suceder estes sucesos que manchan a nosa sociedade, sucesos contra os que a totalidade da sociedade se manifesta, sucesos que é de recibo deter xa. Hoxe todos os organismos públicos saen ás rúas a manifestarse en contra de esta lacra, a ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajin, nun acto hoxe pola mañá en Madrid, falou de que proporá a creación dunha lei que non permita ós maltratadores obter a custodia dos seus fillos, xa que, aínda que moitas veces nos esquecemos deles, tamén sofren moitísimo cando viven unha situación así na súa casa, e como é normal, unha persoa que é capaz de maltratar, ás veces ata a morte, á nai dos seus fillos, non está capacitada para coidar dos mesmos. Pero estráñame, e maila que tratei de atopar no principal periódico do país “La Voz de Galicia” e no telexornal da TVG, non atopei nin unha soa noticia, nin unha soa imaxe, do presidente da Xunta de Galicia,  Alberto Núñez Feijoo, nin da súa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nin da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella. Ninguén deu hoxe a cara por todas e cada unha daquelas mulleres que son ou foron maltratadas no noso país. O goberno que foi elixido pola maioría das galegas e dos galegos que acudiron ás urnas nas últimas eleccións no día Internacional contra a violencia de xénero, decidiu, polo menos ata ás 17:00 horas do día de hoxe, non pronunciarse ó respecto desta lacra que nos afecta a todas e a todos, é ou non é vergoñenta esta actitude? Esta é unha loita que temos que afrontar todos xuntos, unha loita que non é so contra os maltratadores, tamén e unha loita pola concienciación da sociedade, temos que ter claro que temos que actuar á primeira, sen excepcións, sen permitir que ninguén lle poña a man enriba a ninguén, temos que loitar para conseguir que toda muller maltratada colla o teléfono e marque o 016 sen medo, que érgase, colla ós seus fillos e se dirixa a unha comisaría de policía e que poña unha denuncia, unha denuncia e que non a retire despois, e que teña valor para falar no xuízo e declarar en contra do seu agresor, que teña a seguridade de que a sociedade non vai permitir que lle volva a pasar nada, que vai a estar protexida, que o seu agresor non vai quedar impune e que vai a poder recuperar a súa vida con normalidade o antes posíbel. É unha loita longa e dura, pero non nos podemos permitir deixala de lado. Hoxe dende aquí, pídovos a cada unha e cada un de vos que loitedes por acadar esta situación, loitemos por unha sociedade igualitaria, unha sociedade sen abusos, unha sociedade na que castigar ós culpables desta lacra que tanto marca á nosa sociedade. Unha vez máis, saúde e república!

martes, 23 de noviembre de 2010

Benvidos a Corea do Norte


“Esto es Corea del Norte, un país de 24 millones de habitantes resignados a rendir un culto delirante al Querido Líder Kim Jong-il. Si no lo hacen, les espera la tortura, los trabajos forzados o el fusilamiento. Público entró en el país más hermético del planeta con la Asociación de Amistad con Corea, una organización de occidentales que apoyan la dictadura. Los periodistas están prohibidos, así que este reportero entró como veterinario.
Los anfitriones muestran un país donde reina la felicidad. "El Querido Líder garantiza una vivienda y alimentos básicos para todos, aquí no hay robos, ni McDonald's, ni prostitución, ni drogas, ni disidentes. Todo el mundo daría la vida por el líder", explica Jo Chol-ryong, del Comité de Relaciones Culturales con Países Extranjeros. ¿Y las informaciones que hablan de campos de prisioneros y ejecuciones? "Mentiras fabricadas por los medios occidentales".
Desde 1945, sólo 60.000 personas consiguieron escapar de la dictadura, la mayoría hacia China o Corea del Sur. Sus testimonios son diferentes a los de la propaganda, como explica el ruso Andrei Lankov, profesor en la Universidad Kookmin de Seúl y uno de los mayores expertos en las cloacas del régimen norcoreano. "Como regla, desde la década de 1960, los discapacitados no tienen derecho a residir en Pyongyang. Sólo los que sufren un accidente durante la mili reciben permiso para seguir viviendo en la capital. La mayor parte de los discapacitados son realojados en el campo", señala. Los ciegos, las personas con síndrome de Down o en silla de ruedas son expulsados a pueblos vetados a cualquier observador. Nada puede manchar el escaparate de la sociedad perfecta: Pyongyang.”
MANUEL ANSEDE Enviado especial a Pyongyang, Diario PÚBLICO 23/11/2010 (http://www.publico.es/internacional/348113/una-jaula-estalinista-para-24-millones-de-personas )
Onte saía no diario Público esta noticia, Corea do Norte segue, a ano 2010, a ser unha ditadura na que existe unha presión impresionante cara os seus habitantes, segue a ser un Estado sen liberdades. Cada vez que se fala de Corea do Norte e aparecen imaxes de arquivo onde se ven eses impresionantes desfiles militares lémbrome dun dos meus libros favoritos, 1984 de George Orwell, un libro onde se relata a situación dunha sociedade na que O Partido, controla a vida de todos os habitantes do Estado dunha maneira tan brutal que ata consegue dominar o pensamento da inmensa maioría deles mediante a manipulación da historia e da prensa entre outros factores. Isto é o que esta a suceder (obviamente en menor medida aínda que non moito menor) en Corea do Norte. O goberno, ademais de non permitir unhas eleccións libres onde o pobo escolla o que quere, non permite unha liberdade de expresión, unha liberdade de prensa, en definitiva, non permite ningunha liberdade. Para mais inri esta envolto nunha loita contra Corea do Sur, unha loita sen sentido, unha loita sen motivo. Unha loita que deixa vítimas mortais, unha loita que non pode ser directamente respondida por un país como Corea do Sur que cumpre a legalidade e que esta de acordo cos acordos e tratados internacionais. A desinformación é moi grande, como se di no artigo publicado no diario Público, a entrada de periodistas no país so está permitida en certos períodos de tempo como foron por exemplo os últimos acontecementos de celebración onde levouse a cabo a cerimonia de cesión do poder , o expresidente Kim Jong-Il cedeulle o poder ó seu fillo Kim Jong-un. O peor de todo é que esta actitude do goberno de Corea do Norte aínda conta con apoios como o de China.
Xa tocando este tema non podo esquecerme do que esta a suceder a día de hoxe no Sáhara. Hoxe tiven o pracer de asistir a unha charla na que falou Ajmund Mojtar, representante do Fronte Polisario en Galicia. Na súa explicación falou da opresión levada a cabo por Marrocos, unha opresión apoiada por unha gran potencia como Francia, potencia mundial aliada de este país e que mediante a súa influencia en organismos internacionais como a ONU consegue que se lle de un trato de favor a Marrocos como por exemplo conseguindo que dentro da misión de paz levada a cabo no Sáhara polos cascos azuis non exista unha partida presupostaria para a defensa dos dereitos humanos, tal e como existe noutras misión como é a levada a cabo en Afganistán. Non nos podemos esquecer do Sáhara. Debemos de loitar coa nosa voz para que o pobo saharauí deixe de estar oprimido polo estado Marroquí. Sáhara libre! Un saúdo, saúde e república!