jueves, 25 de noviembre de 2010

25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Josefa, Ivana, Juana María, Viktorya, Mayorie, Malina, Isabel, Isabel, Alla, Julia, Cristina, Teresa, Carmen, Silvia, Montserrat, Mª Victoria, Emma, Fátima, Vanessa, Mª Alejandra, Mª Isabel, Irene, Alicia, Antonia, Fatna, Ana, Guadalupe, Farida, María Dolores, Mercedes, Mónica, Inés, Rafaela, Felisa, Milagros, Andrea,  Emese, Zhour, Carmen, María del Carmen, Amelia, Mª Monserrat, Niscauris, Irmgard, Mª Belén, Damiana, Johana, Mª Rosa, Rocío, Sarah Marie, Rosario, Catalina, Fatiha, Rosa, Piedad, Saida, Sabrina, Mª Dolores, Carmen, Anne, Silvia, María, Lidia.
Nomes das 64 vítimas MORTAIS da violencia de xénero en España no ano 2010.
“Dejemos de ser espectadores de la violencia de género” (ANTENA 3 TELEVISIÓN, 2010)
“Al primer sintoma, corta de raíz”
(JUVENTUDES SOCIALISTAS DE ANDALUCIA, 2008)
“No se te ocurra ponerme la mano encima JAMÁS” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“Entre un hombre y una mujer, maltrato cero” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2009)
“Cuando maltratas a una mujer dejas de ser un hombre” (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“Mamá, hazlo por nosotros, actúa”
(GOBIERNO DE ESPAÑA, 2008)
“De todas las mujeres que haya en mi vida, ninguna será menos que yo”
 (GOBIERNO DE ESPAÑA, 2009)
“Saca tarjeta roja al maltratador”
(GOBIERNO DE ESPAÑA, 2010)

Hoxe, o día Internacional Contra a Violencia de Xénero, en España e a un mes de rematar este ano 2010, contamos con 64 vítimas de esta lacra social que sacude a nosa sociedade. 64 mulleres que perderon a súa vida en mans duns seres que non merecen ser chamados seres humanos. Un maltratador é un ser sen sentimentos que non entende que as mulleres son plenamente libres de facer o que elas queren, un maltratador é un despoxo social. Maila que nos últimos 8 anos o goberno socialista loitou duramente para intentar mellorar a situación deste colectivo, coa creación de leis, o Ministerio de Igualdade, a xeración de campañas de concienciación, a creación do número de asistencia gratuíta 016 que non deixa rastro na factura de telefono continuamos a ver continuamente nos medios de comunicación que continúan a suceder estes sucesos que manchan a nosa sociedade, sucesos contra os que a totalidade da sociedade se manifesta, sucesos que é de recibo deter xa. Hoxe todos os organismos públicos saen ás rúas a manifestarse en contra de esta lacra, a ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajin, nun acto hoxe pola mañá en Madrid, falou de que proporá a creación dunha lei que non permita ós maltratadores obter a custodia dos seus fillos, xa que, aínda que moitas veces nos esquecemos deles, tamén sofren moitísimo cando viven unha situación así na súa casa, e como é normal, unha persoa que é capaz de maltratar, ás veces ata a morte, á nai dos seus fillos, non está capacitada para coidar dos mesmos. Pero estráñame, e maila que tratei de atopar no principal periódico do país “La Voz de Galicia” e no telexornal da TVG, non atopei nin unha soa noticia, nin unha soa imaxe, do presidente da Xunta de Galicia,  Alberto Núñez Feijoo, nin da súa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nin da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella. Ninguén deu hoxe a cara por todas e cada unha daquelas mulleres que son ou foron maltratadas no noso país. O goberno que foi elixido pola maioría das galegas e dos galegos que acudiron ás urnas nas últimas eleccións no día Internacional contra a violencia de xénero, decidiu, polo menos ata ás 17:00 horas do día de hoxe, non pronunciarse ó respecto desta lacra que nos afecta a todas e a todos, é ou non é vergoñenta esta actitude? Esta é unha loita que temos que afrontar todos xuntos, unha loita que non é so contra os maltratadores, tamén e unha loita pola concienciación da sociedade, temos que ter claro que temos que actuar á primeira, sen excepcións, sen permitir que ninguén lle poña a man enriba a ninguén, temos que loitar para conseguir que toda muller maltratada colla o teléfono e marque o 016 sen medo, que érgase, colla ós seus fillos e se dirixa a unha comisaría de policía e que poña unha denuncia, unha denuncia e que non a retire despois, e que teña valor para falar no xuízo e declarar en contra do seu agresor, que teña a seguridade de que a sociedade non vai permitir que lle volva a pasar nada, que vai a estar protexida, que o seu agresor non vai quedar impune e que vai a poder recuperar a súa vida con normalidade o antes posíbel. É unha loita longa e dura, pero non nos podemos permitir deixala de lado. Hoxe dende aquí, pídovos a cada unha e cada un de vos que loitedes por acadar esta situación, loitemos por unha sociedade igualitaria, unha sociedade sen abusos, unha sociedade na que castigar ós culpables desta lacra que tanto marca á nosa sociedade. Unha vez máis, saúde e república!

No hay comentarios: