domingo, 21 de noviembre de 2010

Dez razóns para salvar a sanidade pública.

·  A manifestación non vai contra ningún partido. Unicamente reclámase unha sistema onde pague máis quen máis diñeiro teña, e non quen máis doenzas sufra.
·  Malia ser a partidaria, a Plataforma critica a actual política de contratacións do Sergas. Dende o cambio do Goberno, a Xunta ofrece de novo contratos precarios, que empurran aos profesionais a buscar estabilidade fóra de Galicia.
·  O cadro de persoal do SERGAS non aumentou dende a chegada do novo Executivo.
·  Introducir o capital privado nos hospitais (como fará a Xunta nos novos centros de Vigo, Pontevedra e dez lugares máis) é unha temeridade. Os xerentes dos complexos terán como prioridade o beneficio económico máis que a calidade da atención.
·  O modelo "público privado" xa se probou antes, tanto en Galicia como fóra, e sempre provocou unha peor calidade do servizo. Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.
·  No exterior tamén hai exemplos de sistemas 100% públicos que funcionan ben. Tal é o caso de Austria, onde non hai listas de agarda malia ter tamén unha poboación moi avellentada.
·  A xestión pública do sistema sanitario pode ser máis eficaz, pero por natureza é máis rendíbel que a privada. Abonda comparar a calidade do SERGAS, que absorbe o 9% da riqueza galega anualmente, coa do sistema dos EE.UU, que absorbe o 20%.
·  Algúns cargos do SERGAS, nomeados pola Xunta, están a dificultar o traballo crítico da plataforma. A xerencia do hospital da Coruña, o antigo Juan Canalejo, prohibiu esta semana un acto reivindicativo da plataforma.
·  No sistema público os custes son secundarios pois o prioritario é recuperar a saúde do cidadán. No privado, os custes son máis importantes, porque reducilos significa incrementar os beneficios.
·  A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, segue sen organizar as quendas de tarde na pública, mentres drena as listas de espera desviando pacientes a sanatorios privados. A consecuencia é un maior gasto e o aumento das listas en certas especialidades. Por exemplo, a ciruxía pediátrica da área de Compostela opera aos nenos despois dunha espera media de máis de tres meses.

Artigo "Dez razóns para salvar a sanidade pública" (http://www.sos-sanidadepublica.org/)

Hoxe, en Santiago de Compostela celebrouse unha manifestación onde un considerable número de mulleres e homes, representantes de partidos políticos, sindicatos e simplemente, cidadáns concienciados do desastre que conlevaría a privatización dun servizo público fundamental como é a sanidade no noso país. Non nos podemos esquecer que temos unha sanidade pública que nos atende a todos, sexan cales sexan os nosos ingresos, sexa cal sexa a nosa enfermidade, paguemos os impostos que paguemos. A sociedade non está plenamente concienciada, pero unha operación quirúxica, por moi sinxela que sexa, ten uns custes tan elevados que a inmensa maioría de nos non nolo poderiamos permitir. E non so as operacións, calquera tratamento por sinxelo que sexa conleva un custe enorme. É posíbel que a opinión xeral da poboación sexa que o noso sistema ten fallos, debido ás listas de espera existentes ou a unha posíbel falta de atención na asistencia primaria, pero, non somos conscientes de que cunha pequena parte dos nosos impostos, unha parte ínfima respecto ó que pagaríamos polo mesmo servizo sen que estivese subvencionado, obtemos unha cobertura practicamente total? A solución para mellorar o noso sistema sanitario é aumentar a cobertura cun pequeno impulso por parte de todos, non por privatizar o sistema eliminando postos de traballo e cobrando por algo que é fundamental, a nosa saúde. Non podemos permitir que vendan a nosa saúde, nin que vendan os postos de traballo, a sanidade é un dereito fundamental de todas e todos e ninguén pode xogar coa nosa saúde. Non á privatización da sanidade! Non permitamos que se pague polo que é fundamental! Loitemos polos nosos dereitos! Outra vez máis, ata a próxima. Saúde e república!

No hay comentarios: