sábado, 20 de noviembre de 2010

Viaxar polo país.

Amigas e amigos, non sei se algunha vez viaxastes, xa non vou falar polo estranxeiro, senón por outras Comunidades Autónomas como Madrid, Catalunya ou Euskadi. Para aqueles que non estiverades nunca, crédeme, é unha gozada. O feito de que as principais autoestradas sexan gratuítas, contar cun sistema de transporte urbán ben organizado entre os diferentes transportes que o compoñen, o prezo adecuado de este transporte, a existencia de Abonos tanto para residentes como para turistas, os amplos horarios e a gran variedade, son factores que aos foráneos xéranos un sentimento de vergoña polo propio. Porque eu que vivo en Ferrol se quero ir á Coruña teño un bus cada hora pagando 7€ e só 5 trens en todo o dia por un prezo de 4,90€ mentres que alguén que vive en San Lorenzo do Escorial (cidade máis pequena que Ferrol e situada á mesma distancia de Madrid que Ferrol da Coruña) ten unha frecuencia de 27 trens e 64 buses ó día por un prezo de 3,25€? Isto sen ter ningún tipo de abono obviamente. Outra pregunta é porque eu se decido ir no meu vehículo terei que pagar 3,60€ de peaxe e el non? Porque non existe xa unha liña adaptada que permita que Ferrol este comunicada directamente con Santiago de Compostela e Vigo? Porque non se están a aproveitar as obras levadas a cabo nestas cidades preparando a chegada do AVE? Porque cando falamos de Ferrol non estamos a falar só do noso municipio, estamos a falar dunha área urbana á que denominamos Ferrolterra que formada por 11 municipios que reúnen entre eles unha poboación de 164.000 habitantes aproximadamente. 164.000 habitantes que se atopan a pouco máis de 30 minutos dos 384.000 habitantes da area urbana da Coruña xunto cos seus respectivos servizos. Esta falta de comunicacións non é so a nivel interior, senón que as nosas comunicacións cos puntos máis importantes de España é ínfima, e aínda por riba, a principal empresa vertebradora das comunicacións aeronáuticas na nosa comunidade, Ryanair (empresa que oferta voos diarios a Madrid, Barcelona, Sevilla e Málaga dende o aeroporto de Santiago de Compostela a prezos razoables) esta sometida á presión exercida pola Xunta de Galicia de retirarlle a axuda que recibe desta entidade e que lle permite operar non so a estes destinos nacionais senón tamén a diversos destinos internacionais sendo o medio de entrada a Galicia de máis do 70% dos turistas que nos visitan cada ano. Nada máis por aquí, grazas por todo. Saúde e república

No hay comentarios: