domingo, 27 de marzo de 2011

Lembranzas que volven á túa cabeza./ Recuerdos que vuelven a tu cabeza.

Onte foi un día bastante intenso, despois de pasar a mañá no aulario estudando (que conste que para min foi unha maña moi produtiva aínda que outros digan que só tomei café e fumei cigarros con quen me atopaba) basicamente Administración Pública e algo de Dereito Administrativo, tocou traballar facendo reparto cos compañeiros e compañeiras de XSG-Ferrol, e decidimos ir a repartir ó pavillón da Malata onde se estaba a celebrar unha competición de ximnasia rítmica. Á volta do reparto volvendo ó aulario, Julián lembroume a un grupo que hai dous anos que non escoitaba, teño que dicir que non é un grupo que me apaixone, pero si que ten algunhas cancións que me erguen a moral.
Só me queda dicir que despois de esta fin de semana intensa, retransmitida obviamente tanto no meu Twitter coma no meu Facebook , tócame tirarme un rato no sofá a descansar e repoñer forzas para comezar esta semana con aínda máis ganas que a anterior pero menos que a seguinte. Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!

P.d: o grupo é Vetusta Morla, aquí volo deixo 

Ayer fue un día bastante intenso, después de pasar la mañana en el aulario estudiando (que conste que para mi fue una mañana muy productiva aunque otros digan que solo tome café y fume cigarros con quien me encontraba) basicamente Administración Pública y Derecho Admnistrativo, toco trabajar haciendo reparto con los compañeros y compañeras de XSG-Ferrol, y decidimos repartir en el pabellón de la Malata donde se estaba celebrando una competición de gimnasia rítmica. A la vuelta del reparto volviendo al aulario, Julián me recordo a un grupo que hacía dos años que no escuchaba, tengo que decir que no es un grupo que me apasione, pero si que tienen algunas canciones que me levantan la moral. 
Solo me queda decir que después de este intenso fin de semana,retransmitido obviamente tanto en mi Twitter como en mi Facebook , me toca tirarme un rato en el sofá a descansar y reponer fuerzas para empezar esta semana con más ganas que la anterior pero menos que la siguiente. Una vez más, gracias por vuestro tiempo, salud y república


P.d: el grupo es Vetusta Morla, aquí os los dejo

No hay comentarios: