miércoles, 1 de junio de 2011

A miña amiga // Mi amiga


Teño a sorte de ter moi bos amigos e amigas, e hoxe vou falar sobre unha cousa que me fai moita gracia cada vez que falo cunha moi boa amiga sobre política. Ela fai menos dun ano non tiña unha clara idea política, é máis, aseguraba que ela non ía votar, porque total, para que?
Tiven a sorte de traela para o meu bando, pero tiven máis sorte aínda porque en realidade viu ela soa, non tiven que darlle un mitin nin nada semellante, ela informouse e decidiu que era a mellor opción que había no panorama, e aínda que non é unha fervinte socialista, dóenlle certas cousas.

O que ía dicindo, hai unha cousa que ela non entende, e a verdade é que eu tampouco a chego a entender moi ben, pero creo que xa a entendo por resignación. Ela sempre me pregunta como hai xente da nosa idade con pensamentos tan rancios e retrógrados. A verdade e que eu tampouco o entendo, pero supoño que inflúe en gran medida a educación e o entorno, aínda que non é escusa., todos vivimos no século XXI e temos acceso a información e liberdade para xerar o noso propio sentido crítico.

Aínda que moitos se emperren en intentar convencernos de que somos a xeración perdida, a xeración que vai vivir peor que os seus pais… eu estou convencido de que en realidade, somos a xeración europea e mundial, somos os que, se temos que emigrar, imos emigrar pero non como man de obra, se non coma intelectuais, coma enxeñeiros, coma intelectuais, coma elite. E se decidimos quedar, non podemos quedar co cu tranquilo como fixeron os nosos pais, se non que temos que quedar coa mente aberta e atenta, pensando en que o que temos a un tiro de pedra quedase pequeno, somos a xeración que ten que pensar en grande.

Pero o que sen dúbida máis nos cabrea a min e á miña amiga é aquela xente que vota sen pensar, que vota obrigada polos seus pais, ou que vota sen informarse, que basea o seu voto en parvadas sen sentido que escoitaron sabe Deus onde. Ela máis dunha vez falou de que tiña que existir un exame ou algo semellante co que xustifiques que podes votar porque tes criterio, pero eu sempre lle digo que unha das bases da democracia é que o voto vale o mesmo veña de quen veña e que todos temos dereito a votar. Ela sabeo, pero é máis práctica e ve máis beneficios que perdas.

Antes de irme, quero deixar aquí unha entrevista que lin o outro día no diario “EL PAÍS”. É unha entrevista con Stepahne Hessel, escritor do libro “¡Indignaos!”, causante en parte das revolucións pro-democráticas de España e do resto de Europa. O titulo o di todo, “la indignación debe de ir seguida de compromiso”. Hai que tomar conciencia, o da rúa esta xenial, pero a mensaxe xa está no ambiente, non se pode deixar que se desvaneza, polo que na miña opinión as acampadas deben continuar, pero tamén hai que pensar en comprometerse, erguerse da acampada e non volver ó sofá. E os que non estivemos sentados na acampada, tomar ou continuar coa iniciativa, levar a cabo as ideas e cambiar o noso país. 

Pero isto xa comeza a ser moito para min e despois acúsanme de falar de cousas que quédanme moi grandes.

Unha vez máis, grazas polo voso tempo, unha aperta, saúde e república!



Tengo la suerte de tener muy buenos amigos y amigas, y hoy voy a hablar sobre una cosa que me hace mucha gracia cada vez que hablo con una muy buena amiga sobre política. Ella hace menos de un año no tenía una clara idea política, es más, aseguraba que ella no iba a votar, porque total, ¿para qué?

Tuve la suerte de traerla para mi bando, pero tuve más suerte aun porque en realidad vino ella sola, no tuve que darle un mitin ni nada parecido, ella se informo y decidió que era la mejor opción que había en el panorama, y aunque no es una ferviente socialista, le duelen ciertas cosas.

Lo que iba diciendo, hay una cosa que ella no entiende, y la verdad es que yo tampoco la llego a entender muy bien, pero creo que ya la entiendo por resignación. Ella siempre me pregunta cómo hay gente de nuestra edad con pensamientos tan rancios y retrógrados. La verdad es que yo tampoco lo entiendo, pero supongo que influye en gran medida la educación y el entorno, aunque no es excusa, todos vivimos en el siglo XXI y tenemos acceso a información y libertad para generar nuestro propio sentido crítico.

Aunque muchos se empeñen en intentar convencernos de que somos la generación perdida, la generación que va a vivir peor que sus padres… yo estoy convencido de que en realidad, somos la generación europea y mundial, somos los que, si tenemos que emigrar, vamos a emigrar pero no como mano de obra, sino como intelectuales, como ingenieros, como intelectuales, como élite. Y si decidimos quedarnos, no podemos quedarnos con el culo tranquilo como hicieron nuestros padres, sino que tenemos que quedarnos con la mente abierta y atenta, pensando en que lo que tenemos a tiro de piedra se queda pequeño, somos la generación que tiene que pensar en grande.

Pero lo que sin duda nos cabrea más a mí y a mi amiga es aquella gente que vota sin pensar, que vota obligada por sus padres, o que vota sin informarse, que basa su voto en tonterías sin sentido que escucharon sabe Dios donde. Ella más de una vez hablo de que tenía que existir un examen o algo parecido con el que justifiques que puedes votar porque tienes criterio, pero yo siempre le digo que una de las bases de la democracia es que el voto vale lo mismo venga de quien venga y que todos tenemos derecho a votar. Ella lo sabe, pero es más práctica y ve más beneficios que perdidas.

Antes de irme, quiero dejar aquí una entrevista que leí el otro día en el diario “EL PAÍS”. Es una entrevista con Stepahne Hessel, escritor del libro “¡Indignaos!”, causante en parte de las revoluciones pro-democráticas de España y del resto de Europa. El título lo dice todo, “la indignación debe de ir seguida de compromiso”. Hay que tomar conciencia, lo de la calle esta genial, pero el mensaje ya está en el ambiente, no se puede dejar que se desvanezca, por lo que en mi opinión las acampadas deben continuar, pero también hay que pensar en comprometerse, levantarse de la acampada y no volver al sofá. Y los que no estuvimos sentados en la acampada, tomar o continuar con la iniciativa, llevar a cabo las ideas y cambiar nuestro país. 

Pero esto ya empieza a ser mucho para mí y después me acusan de hablar de cosas que me quedan muy grandes.

Una vez más, gracias por vuestro tiempo, un abrazo, ¡salud y república!

No hay comentarios: