jueves, 12 de mayo de 2011

Debate eleccións municipais, Ferrol 2011 na TVG. // Debate elecciones municpales, Ferrol 2011 en la TVG


Quero deixar claro antes de comezar a escribir esta entrada no meu blog, que vou a tratar este tema coma futuro politólogo, coma sempre, dende a miña humilde opinión, cos meus erros ortográficos e de estilo, pero esta vez, dende unha visión a cal intentarei que sexa imparcial.
Onte vin o debate, vía Youtube xa que non puiden velo en directo, no que os 4 candidatos e a única candidata á alcaldía de Ferrol falaron sobre os seus proxectos para a cidade, aínda que, coma bos políticos que son non é que falaran gran cousa destes proxectos, máis ben o que fixeron foi expoñer a situación de Ferrol e botarse as culpas os uns ós outros. Pero para o meu agrado, dous dos participantes neste debate, a señora Yolanda Díaz, candidata por Esquerda Unida, e o señor Vicente Irisarri (aínda que este en menor medida), candidato polo PSdG-PSOE, foron os dous únicos candidatos que levaron a cabo unha boa táctica de debate, dende un punto político obviamente, xa que dende o punto de telespectador de Sálvame os mellores participantes foron os señores Juan Fernández e o señor Xoán Xosé Pita, candidatos por Independentes por Ferrol e Bloque Nacionalista Galego respectivamente. Un debate ten que ser un acto con vida, pero á vez cun ton moderado, no cal contestarse de maneira educada expoñendo á vez as diferenzas entre os distintos intervintes. Non se pode dicir que un político desenrolou un bo debate se baseou o seu discurso en sacar merda (perdón pola expresión) dos seus contrincantes. Pode ser que así gañe votos, ou que ó saír todo isto á luz a xente decida directamente non votar, pero non haberá desenvolto un bo debate. Podemos poñer como exemplo a Yolanda Díaz neste debate, adaptándose ós tempos, sen interromper con malas maneiras, e nas súas intervencións, sempre cun ton de voz calmado, primeiro desenrolaba a crítica ó contrincante de turno, para despois, e a modo de conclusión da súa intervención, expoñía parte do seu programa electoral, ou parte das súas ideas para o futuro de Ferrol. Un mal exemplo de cómo levar o debate o desenrolaron os candidatos Juan Fernández e Xoán Xosé Pita (IF e BNG). Interrupcións, berros, continuas referencias ó pasado, e ningunha ó futuro nin os proxectos, máis ben, con leves citas ás liñas xerais ás súas propostas. Non é bo para a imaxe do candidato que este continuamente a falar dos erros dos demais e a falar do pasado, por algo moi sinxelo, a imaxe que está a dar ó telespectador é negativa. O telespectador xa está canso da política destrutiva, e cando se lle está a falar do futuro da súa cidade non quere ver como dous tipos falan de que Astano nos 80 facía barcos coma churros. O que quere e escoitar que vai pasar co polígono de Leixa, se vaise a converter en peonil ou non o centro da cidade, se teñen pensado levar a cabo un proxecto de axuda a emprendedores, ou se o concello loitará por traballar conxuntamente coa Xunta de Galicia e o Estado para traer á súa cidade máis cursos de formación para parados, ou para os seus fillos que non queren estudar unha carreira. Que a Praza de España non se rematase como querían os primeiros ou os segundos impórtalle, pero impórtalle máis saber se o concello vai impulsar un centro ó cal poder levar ó seu fillo de ano e medio para que el ou ela poida irse a traballar, ou un centro de día no cal poder deixar atendido ó seu pobre pai ou nai que xa vai maior e non poder quedar só na casa. Impórtalle á súa casa no rural vai chegar a auga corrente, e unha liña de ADSL de calidade, ou se vai poder conectar á rede pública de saneamento a súa fosa común. Agardo que os electores empreguen o sentido común, (sí, semella que esta parte xa é electoralista, que queredes! Aínda non son politólogo enteiro!) que por desgraza e como non se cansa de repetir o meu ben querido pai, é o menor dos sentidos. Aínda así, confío en que ninguén se quede na casa, e se alguén se quere quedar na cama todo o día aínda pode ir hoxe a Correos a solicitar o voto por correo. Porque o que se decide o 22 de Maio é o futuro da nosa cidade, do lugar onde vivimos, onde traballamos e onde disfrutamos. O 22 de Maio temos que escoller se queremos seguir contando cuns orzamentos participativos, escolleremos se queremos seguir escollendo os principais grupos que veñen ás nosas festas, se queremos que o concello continúe a pensar nas persoas e por exemplo, volva a pechar as rúas para que os cidadáns poidan disfrutar dun Ferrol peonil polo que pasear e tomar algo durante as festas, e xa centrándonos en cousas moito máis serias, o 22 de Maio é cando imos decidir se queremos máis parques biosaludables, se queremos máis carrís bici e máis bicis de aluguer, se queremos que a casa da Xuventude, a casa da Muller e a casa Solidaria continúen crecendo, dando servizo a eses grupos sempre esquecidos polos que só pensan en lucrarse. O 22 de Maio todos escollemos o futuro da nosa cidade, podemos decidir, ó igual que nos últimos case 30 anos, volver a cambiar de goberno, cambiando os proxectos xa iniciados, detendo o progreso, lento nesta época de crise, que esta a levar Ferrol, ou votar pola continuidade, votar porque Ferrol siga gañando, que Ferrol siga mellorando, que vivir en Ferrol sexa agradable. Dende aquí e xa para finalizar, quero obviamente pedir o voto para a esquerda, ben sexa para Esquerda Unida, ou para o Bloque Nacionalista Galego ou, por suposto, o meu favorito, o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE). E negádevos a votar ós mentireiros, os ladróns, ós que non respetan o diferente, os que queren acabar coa liberdade dos que menos teñen. Non votes ó PP, porque primeiro dí que os bipartitos non funcionan para a Xunta pero despois na nosa cidade quererán facer coalición con Independentes por Ferrol. Non votes o PP porque se non es coma eles, non te vai a escoitar, non te vai respetar. Non votes o PP porque os seus proxectos só serven para eles mesmos, para acabar cun modelo de cidade de todos que levamos 4 anos a construír. E para finalizar, non votes ó PP porque non quere que o 22 de Maio a xente vaia informada a votar, o PP quere que a xente vaia a votar pensando só que Vicente é malo e que non fai nada, pero despois eles néganse a contestar ás preguntas, eles néganse a dar información, porque o que queren e chegar ata o concello agochadiños detrás das súas mentiras, pero é que se gañan as eleccións non se van ter que agochar en 4 anos, e van ter carta branca para facer o que lles de a gana, ben sexa privatizar todo o que poidan, ou plantarnos un edificio de 25 metros de altura no medio dunha praza. Unha vez máis, grazas polo voso tempo, e por favor, o 22 de Maio, votedes a que votedes, ben sexa en branco ou a calquera partido político, por favor, exercede o voso dereito, facede que a vosa voz se escoite, votade, ide ás urnas e enchédeas de votos, porque é o noso dereito, pero tamén é o noso deber. Unha aperta, saúde e república!


Quiero dejar claro antes de empezar a escribir esta entrada en mi blog, que voy a tratar este tema como futuro politólogo, como siempre, desde mi humilde opinión, con mis errores ortográficos y de estilo, pero esta vez, desde una visión la cual intentare que sea imparcial.
Ayer vi el debate, vía Youtube ya que no pude verlo en directo, en el que los 4 candidatos y la única candidata a la alcaldía de Ferrol hablaron sobre sus proyectos para la ciudad, aun que, como buenos políticos que son no es que hablaran gran cosa de estos proyectos, más bien lo que hicieron fue exponer la situación de Ferrol y echarse las culpas los unos a los otros. Pero para mi agrado, dos de los participantes en este debate, la señora Yolanda Díaz, candidata por Esquerda Unida, y el señor Vicente Irisarri (aunque este en menor medida), candidato por el PSdG-PSOE, fueron los dos únicos candidatos que llevaron a cabo una buena táctica de debate, desde un punto político obviamente, ya que desde el punto de telespectador de Sálvame los mejores participantes fueron los señores Juan Fernández y el señor Xoan Xose Pita, candidatos por Independentes por Ferrol y Bloque Nacionalista Galego respectivamente. Un debate tiene que ser un acto con vida, pero a la vez con un tono moderado, en el cual contestarse de manera educada exponiendo a la vez las diferencias entre los distintos intervinientes. No se pode decir que un político desenvolvió un buen debate si baso su discurso en sacar mierda (perdón por la expresión) de sus contrincantes. Puede ser que así gane votos, o que al salir todo esto a la luz la gente decida directamente no votar, pero no habrá desenvuelto un buen debate. Podemos poner como ejemplo a Yolanda Díaz en este debate, adaptándose a los tiempos, sin interrumpir con malas maneras, y en sus intervenciones, siempre con un tono de voz calmado, primero desarrollaba la crítica al contrincante de turno, para después, y a modo de conclusión de su intervención, exponía parte de su programa electoral, o parte de sus ideas para el futuro de Ferrol. Un mal ejemplo de cómo llevar el debate lo desarrollaron los candidatos Juan Fernández y Xoan Xose Pita (IF e BNG). Interrupciones, gritos, continuas referencias al pasado, y ninguna al futuro ni a los proyectos, más ben, con leves citas a las líneas generales a sus propuestas. No es bueno para la imagen del candidato que esté continuamente hablar de los errores de los demás y hablando del pasado, por algo muy sencillo, la imagen que está dando al telespectador es negativa. El telespectador ya está cansado de la política destructiva, y cuando se está hablando del futuro de su ciudad no quiere ver como dos tipos hablan de que Astano en los 80 hacía barcos como churros. Lo que quiere es escuchar que va a pasar con el polígono de Leixa, si se va a convertir en peatonal o no el centro de la ciudad, si tienen pensado llevar a cabo un proyecto de ayuda a emprendedores, o si el Ayuntamiento luchará por trabajar conjuntamente con la Xunta de Galicia y el Estado para traer a su ciudad más cursos de formación para parados, o para sus hijos que no quieren estudiar una carrera. Que la Plaza de España no se terminase como querían los primeros o los segundos le importa, pero le importa más saber si el Ayuntamiento va a impulsar un centro en el cual poder dejar a su hijo de año y medio para que él o ella pueda irse a trabajar, o un centro de día en el cual poder dejar atendido a su pobre padre o madre que está mayor y no puede quedarse solo en casa. Le importa si a su casa en el rural va a llegar el agua corriente, y una línea de ADSL de calidad, o si va a poder conectar a la red pública de saneamiento su fosa común. Espero que los electores empleen el sentido común, (sí, parece que esta parte ya es electoralista, ¡qué queréis! ¡Aun no soy politólogo entero!) que por desgracia y como no se cansa de repetir mi bien querido padre, es el menor de los sentidos. Aun así, confío en que nadie se quede en casa, y si alguien se quiere quedar en la cama todo el día aun puede ir hoy a Correos a solicitar el voto por correo. Porque lo que se decide el 22 de Mayo es el futuro de nuestra ciudad, del lugar donde vivimos, donde trabajamos y donde disfrutamos. El 22 de Mayo tenemos que escoger si queremos seguir contando con presupuesto participativos, escogeremos si queremos seguir escogiendo los principales grupos que vienen a nuestras fiestas, si queremos que el Ayuntamiento continúe pensando en las personas y por ejemplo, vuelva a cerrar las calles para que los ciudadanos puedan disfrutar de un Ferrol peatonal por el que pasear y tomar algo durante las fiestas, y ya centrándonos en cosas mucho más serias, el 22 de Mayo es cuando vamos a decidir si queremos más parques biosaludables, si queremos más carriles bici y más bicis de alquiler, si queremos que la casa da Xuventude, la casa da Muller y la casa Solidaria continúen creciendo, dando servicio a esos grupos siempre olvidados por los que solo piensan en lucrarse. El 22 de Mayo todos escogemos el futuro de nuestra ciudad, podemos decidir, al igual que nos últimos case 30 anos, volver a cambiar de gobierno, cambiando los proyectos ya iniciados, deteniendo el progreso, lento en esta época de crisis, que está a llevar Ferrol, o votar por la continuidad, votar porque Ferrol siga ganando, que Ferrol siga mejorando, que vivir en Ferrol sea agradable. Desde aquí y ya para finalizar, quiero obviamente pedir el voto para la izquierda, bien sea para Esquerda Unida, o para el Bloque Nacionalista Galego o, por supuesto, mi favorito, el Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE). Y negaros a votar los mentirosos, los ladrones, los que no respetan lo diferente, los que quieren acabar con la libertad de los que menos tienen. No votes al PP, porque primero dice que los bipartitos no funcionan para la Xunta pero después en nuestra ciudad querrán hacer coalición con Independentes por Ferrol. No votes al PP porque si no eres como ellos, no te van a escuchar, no te van a respetar. No votes al PP porque sus proyectos solo sirven para ellos mismos, para acabar con un modelo de ciudad de todos que llevamos 4 años construyendo. Y para finalizar, no votes al PP porque no quiere que el 22 de Mayo la gente vaya informada a votar, el PP quiere que la gente vaya a votar pensando solo en que Vicente es malo y que no hace nada, pero después ellos se niegan a contestar las preguntas, ellos se niegan a dar información, porque lo que quieren es llegar hasta el Ayuntamiento escondidos detrás de sus mentiras, pero es que si ganan las elecciones no se van a tener que esconder en 4 anos, y van a tener carta blanca para hacer lo que a ellos les dé la gana, bien sea privatizar todo lo que puedan, o plantarnos un edificio de 25 metros de altura en el medio de una plaza. Una vez más, gracias por vuestro tiempo, y por favor, el 22 de Mayo, votéis a quien votéis, bien sea en blanco o a cualquiera partido político, por favor, ejercer vuestro derecho, hacer que vuestra voz se escuche, votad, id a las urnas y llenadlas de votos, porque es nuestro derecho, pero también es nuestro deber. ¡Un abrazo, salud y república!

No hay comentarios: