sábado, 7 de mayo de 2011

Impliádevos! Implicaos!

Xa é 6 de maio e xa podo dicilo libremente, VOTA PSdG-PSOE.

Despois deste arrebato sentimental electoralista, poñámonos serios. Boas a todas e todos, agardo que todo vos vaia xenial. Como dicía na última entrada, a semana pasada fixéronme unha entrevista para o xornal “El Correo Gallego”, supostamente ía ser publicada o domingo pasado, o final saíu hoxe, aquí vos deixo o enlace
A verdade e que ó ler todo o artigo, no cal se entrevista a un número de mozos e mozas de distintas cidades e pobos galegos, decepcionoume considerablemente ver que a maioría dos entrevistados e entrevistadas falan en termos negativos da política. Como pode ser que o futuro esté xa canso? A xente xa non ten ilusións nin cando é moza? Como vai ser a miña xeración cando teña 40 anos? Se cando temos 18 ou 20 anos xa parecemos un vellos pesimistas sen ganas nin de votar, sen ganas de cambiar o mundo, ou aínda peor, criticando de gratis sen despois moverse para facer algo. Parece ser que é certo, que a mocidade esta tirada no sofá, vendo o lixo que temos por televisión, e que non se preocupa por nada. Pero, é por todos ben coñecido, o hobby por excelencia do noso país, o falar por falar, o criticar sen despois facer por cambiar as cousas. Dende aquí, dende a miña ínfima posición (aínda que ultimamente, grazas  acerto anónimo, as visitas deste blog están a subir como a espuma, grazas de novo “Ende Xamais”, xa teño máis de mil visitantes no último mes, e estou seguro de que non o conseguiría sen ti.) O que ía dicindo, dende aquí, gustaríame mandar unha mensaxe a todas e todos os mozos e mozas de Galiza, implicádevos, erguédevos, dade a cara, loitar polo voso, polo noso. Implicarse non quere dicir afiliarse a un partido político nin a un sindicato, implicarse quere dicir informarse e participar, tanto en eleccións como en programas da túa cidade, ou do Estado, ou da Unión Europea, implicarte tamén é participar nunha asociación que defenda unhas ideas como as túas, ben sexa axudar ós nosos maiores ou loitar pola igualdade entre homes e mulleres ou os dereitos dos homosexuais, ou os dereitos dos animais, ou que defenda o medio ambiente; e se non existe ningunha asociación na túa vila, no teu pobo, na túa cidade, creala! Ou máis sinxelo, ponte en contacto con outra asociación que coñezas e fala con eles para crear a súa delegación no teu pobo, vila ou cidade. Implicándote perderás parte do teu tempo, pensarás que o estas a regalar a outra xente, pero en realidade, o que estas a facer, é regalarcho a ti mesmo, porque cando non participas, estas a deixar que actúen por ti, que defendan o que eles queren, non o que ti queres, e iso, ten consecuencias. Polo tanto, érguete e implícate, da a cara, e loita polo que queres, e se non o fas, non critiques ós demais, porque eles están a empregar o seu tempo e o seu esforzo en levar a cabo iso, e ti non tes ningún impedimento para facelo.
Despois desta pequena reflexión, seguramente mal escrita, con faltas de ortografía e de expresión, pero saída da miña cabeza e do meu corazón, froito das miñas ideas, déixovos o anaco de artigo no que saio eu, facendo unha pequena aclaración, a última frase non é miña, é o froito de dúas das miñas respostas despois de que a xornalista que fixo a entrevista copiase e pegase como quixo. En realidade as miñas respostas foron, ante a pregunta de “Como rematarías o problema do paro en Ferrol?” eu contestei que considero que Ferrol é unha cidade cunha historia industrial, e que polo tanto, é mester seguir esta liña coa creación dun gran polígono industrial; e ante a pregunta “Se foses alcalde da túa cidade, que grandes proxectos levarías a cabo?” a miña resposta foi que eu non levaría a cabo grandes proxectos, considero que para mellorar Ferrol o que precisamos é mellorar a calidade de vida das persoas, con vivenda para mozos e mozas, unha boa rede de servizos públicos como as xa existentes Casa da Muller e Casa da Xuventude, continuar co aumento de carrís-bicis, os parques biosaludables, as areas verdes, as prazas... 



Unha vez máis, grazas polo voso tempo, saúde e república!


Ya es 6 de mayo y ahora puedo decir libremente, VOTA PSdG-PSOE!
 
Después de este arrebato sentimental electoral, pongámonos graves. Buenas a todos, espero que todo irá bien. Como dije en la última entrada, la semana pasada, me hizo una entrevista con el diario "El Correo Gallego", se suponía que debía ser publicado el domingo pasado, al final salió hoy, aquí os dejo el enlace
La verdad es que después de leer el artículo, en el que entrevistan a un número de jóvenes de diferentes ciudades y pueblos gallegos, me decepcionó considerablemente ver que la mayoría de los entrevistados hablan, en términos negativos, de la política. ¿Cómo puede ser que el futuro esté ya cansado? ¿La gente no tiene ilusiones ni cuando es joven? ¿Cómo va mi generación cuando tengan 40? Si cuando tenemos 18 o 20 años ya parecemos unos viejos pesimistas sin ganas votar, sin ganas de cambiar el mundo, o peor aún, criticando de forma gratuita sin después moverse para hacer algo. Parece que es cierto que la juventud está tirada en el sofá, viendo la basura que emite la televisión, y sin preocuparse de nada. Pero todos conocemos el hobby por excelencia de nuestro país, habla por hablar, para criticar sin hacer nada para cambiar las cosas. Desde aquí, desde mi pequeña posición (aunque últimamente, gracias a cierto anónimo, las visitas de este blog están subiendo como la espuma, gracias de nuevo "Ende Xamaís", ya tengo más de mil visitantes el mes pasado, y estoy seguro de que no lo habría hecho sin ti.) Lo que decía, desde aquí, me gustaría enviar un mensaje a todos los jóvenes de Galicia, implicaos,  levantaos, dad la cara, luchar por lo vuestro, por lo nuestro. Implicarse no significa afiliarse a un partido político o un sindicato, implicarse significa informarte y participar, tanto en las elecciones como en los programas de tu ciudad, del Estado o de la Unión Europea, implicarte también es participar en una asociación que defiende ideas como la tuyas, como por ejemplo, ayudar a nuestros mayores, luchar por la igualdad entre hombres y mujeres, defender los derechos de los homosexuales, o los derechos de los animales, o quizás, para defender el medio ambiente. Y si no hay una asociación en tu pueblo o en tu ciudad, ¡créala! O más sencillo, ponte en contacto con otra asociación que conozcas, habla con ellos y crear su delegación en su pueblo o ciudad. Implicándote perderás parte de tu tempo, pensarás que se lo estas regalando a otra gente, pero en realidad, lo que estas a haciendo, es regalártelo a ti mismo, porque cuando no participas, estas a dejando que actúen por ti, que defiendan lo que ellos quieren, no lo que tu quieres, y eso, tiene consecuencias. Por lo tanto, levántate e implícate, da la cara, y lucha por lo que quieres, y si no lo haces, no critiques a los demás, porque ellos están a empleando o su tiempo y su esfuerzo en llevar a cabo eso, y tu no tienes ningún impedimento para hacerlo. Después de esta pequeña reflexión, seguramente mal escrita, con faltas de ortografía y de expresión, pero salida de mi cabeza y de mi corazón, fruto de mis ideas, os dejo el cacho de artículo en el que salgo yo, haciendo una pequeña aclaración, la última frase no la dije yo, es fruto de dos de mis respuestas después de que la periodista que hizo la entrevista copiase y pegase como quiso. En realidad mis respuestas fueron; ante la pregunta de “¿Como acabarías el problema del paro en Ferrol?” yo conteste que considero que Ferrol es una ciudad con una historia industrial, y que por lo tanto, es necesario seguir esta línea con la creación de un gran polígono industrial; y ante la pregunta “Si fueras alcalde de tu ciudad, ¿que grandes proyectos llevarías a cabo?” mi respuesta fue que yo no llevaría a cabo grandes proyectos, considero que para mejorar Ferrol lo que necesitamos es mejorar la calidad de vida de las personas, con vivienda para jóvenes, una buena red de servicios públicos como los ya existentes: Casa de la Mujer y Casa de la Juventud, continuar con aumento de carriles-bici, los parques biosaludables, las áreas verdes, las plazas... 



Una vez más, gracias por vuestro tiempo, salud y república!

1 comentario:

Ende Xamais dijo...

De nada hombre, pero que no me entere yo de que le metes publicidad al blog y te forras a mi costa, se donde encontrarte jejeje.

Suerte con lo de las elecciones, aunque me tiene pinta de que el PP ganará, por desgracia...